"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea que se caracteriza por presentar flores brancas ou amarelas en forma de funil e froitos en cápsula. É irritante, ten un cheiro nauseabundo e empregouse como emética.
-
-
Que resulta agradable ou atractivo.
-
Que ten graza e humor.
-
Que concede ou outorga unha gracia.
-
Aplícase ao tratamento inherente e honorífico que se lles dá aos reis de Inglaterra.
-
-
Personaxe prototípico de carácter cómico do teatro castelán do Siglo de Oro.
-
Actor que facía este papel.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Ourense a partir de 1888. O seu único redactor foi Xoán de la Coba Gómez, quen asinaba os seus artigos co pseudónimo de Perito Agrimensor. Todas as colaboracións escribiunas en “trampitán”, unha lingua inventada por el mesmo.
-
PERSOEIRO
Político. Loitou en Numancia (133 a C) e foi un dos triunviros elixidos para aplicar a lei agraria do seu irmán. Cuestor en Sardeña (126 a C-124 a C), foi elixido tribuno da plebe (123 a C) e formulou diversas reformas que apoiaban a soberanía popular, aprobou unha lei que prohibía a represión violenta dos cidadáns sen xuízo previo e promulgou unha lei frumentaria. Reelixido en 122 a C, presentou as leis das colonias e unha norma pola que pretendía outorgarlles o dereito romano aos itálicos, pero sufriu os ataques da oligarquía. Fracasou na súa reelección en 121 a C e retirouse da política. Suicidouse despois dos enfrontamentos entre a plebe e as tropas do cónsul Lucio Opimio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Participou no sitio de Cartago xunto a Escipión Emiliano (147 a C) e, posteriormente, foi cuestor no exército romano que sitiaba Numancia. Elixido tribuno da plebe (133 a C), presentou un proxecto de lei agraria para resolver o problema do latifundismo e mellorar as condicións de vida dos cidadáns romanos, para o que contou co apoio da plebe. Aprobada polos comicios, malia a oposición do Senado e da oligarquía, as dificultades económicas impediron a súa aplicación. Para solventalas, presentouse á reelección como tribuno, pero acusado de tentar converterse en ditador, foi asasinado no foro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Louis Poirier.
-
-
Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.
-
Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.
-
Travesa dunha grade.
-
Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.
-
Cada un dos diferentes niveis nos que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación deportiva editada na Coruña a partir do 5 de febreiro de 1992. Subtitulouse “Semanario deportivo gratuito”. Impreso por Editorial La Capital, a súa redacción e administración correron a cargo do periódico El Ideal Gallego. Incluíu información relacionada co mundo do fútbol, o ciclismo, o baloncesto e o motor, entre outros deportes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Lebozán (Lalín) e San Cosmede de Cusanca (O Irixo). O seu cumio acada 749 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Execución ou sucesión de algo en graos pasando por todas as etapas, fases ou estados intermedios.
-
-
Serie de cousas ordenada por graos.
-
Grao de contraste nunha imaxe, no que as imaxes que posúen un baixo contraste defínense como suaves, e as que teñen un alto contraste denomínanse duras.
-
-
Posibilidade que ten o adxectivo de recibir a atribución de diversos graos de significación (comparativo e superlativo).
-
Figura retórica que consiste nunha sucesión de expresións ou palabras, en grao crecente ou decrecente, de xeito que van acentuando o seu significado.
-
Clasificación dos grans polo grosor progresivo nos sedimentos detríticos. Pode ser lateral (diminución do gran dunha capa no sentido da corrente de auga) ou vertical (diminución do grosor da base que sostén unha capa).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de gradar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Cruz do Valadouro (O Valadouro). Consta de dous corpos principais, con capela pegada, e outros dous auxiliares anexos, nos que destaca a cheminea. Está rodeado dun muro agás na fachada NO. No lintel da porta destaca un escudo cuartelado con varios brasóns que alude, entre outros, aos Bolaño e aos Saavedra. Conserva outros escudos no muro e nas fachadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esterroar e achanzar a terra que se ara coa grade.
-
-
Apeiro de labranza formado por unha especie de grella grande de madeira ou ferro, cuns dentes na parte inferior, que serve para achanzar a terra e desfacer os terróns despois de labrada. Existen varios modelos segundo os lugares, pero o máis corrente é o formado por travesas, onde se encontran os dentes, postos de tal xeito que ningún pasa polo risco doutro ao poñer en movemento o sistema. A travesa dianteira ten un torno ou unha argola onde vai enganchado un pau ou unha cadea, que vai ao xugo do gando que vai tirando. Para que os dentes se adentren ben na terra, lástrase cunhas pedras grandes ou ben vai de pé sobre ela a persoa que vai gradando.
-
Conxunto formado polos pés, tornarratos e o tremiñado que serve de sustento ao hórreo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de pesca consistente nunha especie de angazo propio para a pesca de pintos e maragotas. Está formado por unha armazón de madeira na que se envolve o fío e que leva no extremo un pandullo do que saen dúas tanzas con cadanseu anzol.
-
-
Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.
-
Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.
-
Travesa dunha grade.
-
Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.
-
Cada un dos diferentes niveis nos que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.
-
-
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Palmeira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Palmeira (Ribeira), situado fronte á punta de Grades.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Palmeira (Ribeira), situado fronte á punta de Grades e ao NO das Grades Grandes.
VER O DETALLE DO TERMO