"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amor sensual dun adulto por impúberes de ambos os dous sexos, xeralmente sen relación xenital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pedofilia ou aos pedófilos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro III de Aragón.
-
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (1337-1342), fillo de Federico II de Sicilia. Foi vicario do seu pai (1317), que o fixo coroar como sucesor e asociouno ao goberno (1321). Reinou desde 1337 e ante a oposición de Roberto I de Nápoles, pediu axuda a Pedro IV de Aragón (1338). Os anxevinos atacaron Termini e foron derrotados. Fixo demandar o Papa Benedicto XII a investidura do reino, pero o pontífice deu a razón aos Anjou, que recibirían o trono despois da morte de Federico II, e o asunto acabou cun interdito para Sicilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é penetrable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico que se emprega para designar diversos compostos de orixe natural ou sintética, que teñen a fórmula molecular C6H11 = O4N2SR e que se diferencian entre eles unicamente pola natureza do substituínte R. A penicilina foi illada por primeira vez en 1929 por Alexander Flemming, que a obtivo do filtrado do cultivo do fungo Penicillium notatum. A súa química foi amplamente estudada durante a Segunda Guerra Mundial en Reino Unido e EE UU, e puxo de manifesto que as penicilinas illadas nos dous países diferían na natureza dunha cadea lateral unida a un núcleo característico, e foron chamadas F e G. As penicilinas son compostos sensibles aos ácidos, e delas a penicilina V é a máis estable nestas condicións, polo que pode ser subministrada por vía oral. Desde o punto de vista biosintético, a penicilina provén do ácido 6-aminopenicilínico. Este feito aproveitouse para a obtención de penicilinas semisintéticas, procedendo á acilación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima segregada por determinadas cepas bacterianas que hidroliza o anel (â)-lactámico da penicilina, inactivándoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo do xénero Penicillium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pentanol.
-
-
Calidade de perceptible.
-
Grao de audibilidade dun son nunhas condicións acústicas dadas. Segundo este parámetro, os sons dunha lingua poden clasificarse nunha escala que vai desde o máis ao menos perceptible. As vogais son máis perceptibles ca as consoantes. Dentro das vogais, os sons abertos son máis perceptibles ca os pechados. Entre as consoantes, son máis perceptibles as sonoras ca as xordas, e as consoantes vibrantes, laterais e nasais máis ca as propiamente fricativas, e estas, á súa vez, máis perceptibles ca as oclusivas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de perdurable.
-
GALICIA
Empresario e economista. Presidente de Pérez Rumbao SA, de Unvi SA e de Autopark Ibérica SA, foi presidente fundador da Confederación de Empresarios de Ourense e presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Recibiu a Medalla de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 8.8.1948) Político. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións (1985-1990), e secretario xeral de Infraestruturas no Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente (1990-1994). Deputado no Parlamento galego desde 1997 e secretario xeral do PSdeG-PSOE, desde 1998 é membro da executiva federal do PSOE. Participou no Pacto do Hostal e no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia. Escribiu Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña produción campesina (1983), Economía campesiña e capital: A evolución da agricultura galega: 1960-1980 (1983), A Galicia emprendedora (2000) e En clave de país (2001), ademais de numerosos estudos sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da UE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de perfectible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido contido no espazo situado entre o labirinto membranoso e o óseo.
-
-
Calidade de permeable.
-
-
permeabilidade magnética/absoluta
[ì] Propiedade dos medios materiais que modifica a acción dos polos ou masas magnéticas, así como a indución magnética B, que resulta cando o medio está sometido a unha intensidade de campo magnético H. Intervén nas reaccións do magnetismo e de electromagnetismo. A súa unidade de medida é H/m.
-
permeabilidade magnética relativa [ì r ]
Relación entre a permeabilidade absoluta e a do baleiro ì 0 , que vale 1,256×10 -6 H/m.
-
permeabilidade magnética/absoluta
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea conciliar convocada polo Papa Benedito XIII no castelo real de Perpignan en 1408, grazas á axuda de Martiño I de Aragón, ante a ameaza do rei francés de manterse neutral se non se decidía rapidamente que papa, o de Aviñón ou o de Roma, era o auténtico. Asistiron representantes de Castela, Aragón, Lorena e Provenza, e un mes despois proclamouse a lexitimidade de Benedito XIII. O desconcerto que provocou esta decisión fixo que en 1409 se reunise un sínodo en Pisa que elixiu como novo papa a Alexandre V.
-
PERSOEIRO
Escritor bielorruso. Das súas obras destacan o volume de poemas Navarce (De garda, 1940), de carácter patriótico, e as novelas Sustrenemsja na barykadakh (Atopáronnos nas barricadas, 1954) e Seradzibor (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e estadista francés. Durante a Primeira Guerra Mundial participou na ofensiva de Champagne (1915) e dirixiu a defensa de Verdun (1916), coa que se gañou a consideración de heroe nacional. Comandante en xefe do exército francés (1917) e mariscal (1918), tras a derrota francesa de 1940 solicitou o armisticio aos alemáns e colaborou con eles. Fundou un estado totalitario con capital en Vichy e asumiu as funcións de xefe de estado. Afastado da política de estreita colaboración con Hitler desde 1942, os alemáns restáronlle poder real e forzaron o nomeamento de P. Laval como viceprimeiro ministro. Intentou, sen éxito, aproximarse de maneira secreta aos aliados e ao rematar a guerra foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada por cadea perpetua (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Proveniente dunha coñecida e prestixiosa familia dedicada á música, compuxo, ademais de música relixiosa, óperas cómicas como Blaise le savetier (1759) e Sancho Pança dans son ile (1762).
VER O DETALLE DO TERMO