"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da orde das agaricais, que presentan o sombreiro plano, coas láminas desiguais, libres e de cor rosa. Viven na madeira. En Galicia dáse a especie P. cervinus, de carne moi feble.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da riqueza, na mitoloxía grega. Represéntase como un mozo ou un neno que leva o corno da abundancia no cortexo de Deméter, a súa nai, e Perséfone. Está relacionado co mundo agrario, a fertilidade dos campos e os metais. Na comedia de Aristófanes, Zeus cegouno para que visitase indistintamente a bos e malos.
-
-
Forma de goberno en que o poder reside nun grupo social minoritario ou reducido, privilexiado polo seu poder económico, ou no que o criterio de elección dos gobernantes ou dos que participan nela se mide segundo a riqueza que posúen.
-
Conxunto dos ricos que teñen poder ou influencia debido á súa riqueza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten poder ou influencia debido á súa riqueza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á plutocracia ou aos plutócratas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa de orixe magmática que ascende desde o interior da Terra e cristaliza en profundidade, antes de chegar á superficie, dando lugar a rochas eruptivas intrusivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno dos planetas do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol, do que está a 5.913.520.000 km, cuxa órbita dura 249 anos, cunha inclinación de 17°. A existencia de Plutón foi probada por P. Lowell, a partir de consideracións teóricas, aínda que foi descuberto polo seu discípulo C. W. Tombaugh, en febreiro de 1930. É un planeta moi pouco brillante, de magnitude aparente 14,7 e só visible coa axuda de grandes telescopios. En 1978 descubriuse o seu satélite Caronte. Posto que o diámetro de Plutón é duns 3.000 km, o sistema Plutón-Caronte está considerado un planeta dobre. A temperatura media superficial, duns -230°C, non permite o mantemento dunha atmosfera estable. De orixe indeterminada, parece ter una fina atmosfera composta por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que se conxela conforme se afasta do Sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sobrenome ritual de Hades, deus dos mortos e dos Infernos na mitoloxía grega, fillo de Cronos e Rea. Tense confundido con Pluto, deus da riqueza, e asimilouse ao deus latino Dis Pater, ambos os dous de orixe agraria. Na mitoloxía romana era fillo de Saturno e Ops.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao planeta Plutón.
-
-
Relativo ou pertencente ao plutón ou ao plutonismo.
-
Rocha que se orixinou a partir dun magma, que se consolidou e se transformou no interior da Terra. Unha característica común á maioría destas rochas é o feito de estar formadas por agregados de minerais cristalizados, polo que con frecuencia se denominan rochas cristalinas.
-
-
ENTRADA LARGA
Elemento sintético, de número atómico 94, pertencente á serie dos actínidos. Foi o segundo dos elementos transuránidos coñecidos, descuberto por G. Seaborg e o seu equipo, quen obtiveron en Berkeley en 1940 o isótopo 238Pu por bombardeo do uranio natural con deuteróns nun ciclotrón. Coñécense numerosos isótopos, dos que o máis importante é o 239Pu, cunha vida media de 24.360 anos, que se forma nos reactores nucleares por bombardeo do uranio natural con neutróns lentos, de acordo co esquema
FORMULA
O plutonio 239 goza de grande importancia, dado que é fisible por bombardeo con neutróns e ten aplicacións como explosivo para armas nucleares e como combustible para reactores nucleares. Recupérase dos combustibles nucleares de uranio consumidos, por extracción con fostato de tri-n-butil diluído en queroseno. Existe na natureza, en moi pequena proporción, nos minerais de uranio, proveniente, como o neptunio, do bombardeo do uranio cos neutróns...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría, en desuso, segundo a que as rochas da codia terrestre estaban formadas por fusión ígnea.
-
-
Relativo ou pertencente ao plutonismo.
-
Partidario do plutonismo.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á chuvia.
-
Que provén da chuvia.
-
-
-
Aplícase ao período moi chuvioso que corresponde ao tempo de expansión glacial, en paleoclimatoloxía. Nas zonas secas da área tropical refírese a un paleoclima máis húmido.
-
Aplícase ao réxime dos ríos orixinado pola chuvia.
-
-
capa pluvial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves limícolas, da familia dos carádridos, que presenta o corpo de pequeno tamaño, o peteiro curto e as patas longas. Pertence a este xénero a píllara dourada grande (P. apricaria).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘chuvia’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pluviómetro que rexistra graficamente nun pluviograma, dunha maneira continua, as cantidades de chuvia caída.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico onde se representa a cantidade de chuvia caída en relación ao tempo. Realízase sobre unha folla de papel aplicada a un cilindro, movido por un aparello de reloxaría que xira ao redor do seu eixe nun día ou nunha semana.
-
-
Rama da climatoloxía que estuda a distribución das chuvias no espazo e no tempo.
-
Medición, por medio do pluviómetro, da chuvia caída.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pluviometría ou ao pluviómetro.