"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Político e avogado francés, fillo de Lazare Nicolas Carnot. Seguiu as teorías de Saint-Simon, en 1839 foi elixido deputado e converteuse nun dos líderes do partido republicano. Despois da Revolución de 1848 foi ministro de Instrución Pública, pero dimitiu debido á oposición que provocaba a súa actitude desfavorable respecto á laicización das escolas. No 1864 participou no corpo lexislativo do Segundo Imperio e foi senador vitalicio na Asemblea Nacional desde 1871.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar francés. Coñecido como o Gran Carnot, no 1791 foi elixido deputado da Asemblea Lexislativa e despois da Convención. En 1793 foi nomeado membro do Comité de Salvación Pública e dirixiu as operacións militares encamiñadas a salvar a Revolución das coalicións das potencias europeas. Durante o Directorio, do que foi elixido membro no 1795, opúxose a Barras e tivo que marchar ao exilio no ano 1797. Foi ministro de Guerra no 1800, pero durante o Imperio amosouse contrario ao poder persoal de Napoleón e dedicouse aos estudios matemáticos. En 1814, ante a inminente invasión de Francia, púxose ao servizo de Napoleón e defendeu Anveres. Foi ministro do Interior durante os Cen Días pero, coa chegada da Restauración, tivo que abandonar o país. Morreu no exilio. Escribiu Géométrie de position (Xeometría de posición, 1803) e De la défense des places fortes (Da defensa das prazas fortes, 1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Fillo de Lazare Hippolyte Carnot, cursou estudios de enxeñería. Foi deputado en varias lexislaturas da Terceira República, ministro de Obras Públicas no 1880 e ministro de Finanzas no 1885. Chegou á presidencia da República como sucesor de Jules Grévy en 1887. O seu mandato estivo marcado pola actuación do xeneral Boulanger (1886-1889), o escándalo do Canal de Panamá no 1892 e o agravamento dos problemas sociais. Foi asasinado polo anarquista italiano Sante Caserio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, enxeñeiro e oficial da armada. Fillo de Lazare Nicolas Carnot, interesouse especialmente polas máquinas de vapor. En 1842 publicou Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance (Reflexións sobre a potencia motriz do lume e sobre as máquinas propias para desenvolver esta potencia). Nesta obra trata o problema xeral dunha máquina térmica capaz de producir traballo e formula o principio de Carnot, que serviu, coas achegas de Lord Kelvin e a posterior elaboración de Clausius, para converterse no segundo principio da termodinámica. Consérvanse algunhas das súas notas nas que queda patente que Carnot atopara a equivalencia entre calor e traballo, que calculara un coeficiente de conversión (o equivalente mecánico da calor) e que consideraba que a cantidade de traballo do Universo é constante, co que se avanzou o primeiro principio da termodinámica. Está considerado o fundador desta disciplina científica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor. Deste xeito, un motor térmico ten que traballar con dúas fontes de calor a distintas temperaturas, tomando calor da máis quente e transmitíndoa á máis fría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema da termodinámica que establece que o rendemento R dun motor térmico, que intercambia calor con dúas fontes de calor a diferentes temperaturas, é máximo se o traballo se produce seguindo un proceso reversible (como, por exemplo, un ciclo de Carnot). Neste caso, é independente das substancias que experimentan este proceso e só depende das temperaturas das dúas fontes: R=1-(T2/T1).
-
PRAIAS
Praia do litoral das parroquias de San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota, no concello homónimo, que se estende entre a punta de Caldebarcos, ao N, e a Punta Sarsas, ao S. O areal, o maior de Galicia, cun arco de 7 km de lonxitude, pecha no seu interior un complexo sistema de marismas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Columba.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Muros, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Dumbría (comarca de Fisterra) e Mazaricos (Xallas), ao S co de Muros (Muros) e o Océano Atlántico, ao L con Muros e Mazaricos(Xallas) e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 5.017 h (2007), distribuídos nas parroquias de Lariño, Lira, O Pindo, San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota. A capital municipal, a vila de Carnota, situada na parroquia de Santa Columba, está a 42° 49’ 20’’ de latitude N e 9° 5’ 20’’ de lonxitude O, 130 km ao SO da Coruña e 88 km ao O de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Muros e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal está situado baixo o dominio climático oceánico húmido e pertence ao subtipo galego do litoral atlántico do NO, caracterizado pola notable suavidade térmica e por precipitacións abondosas.... -
PUBLICACIÓNS
Publicación bimensual que apareceu na vila de Carnota en outubro de 1983 e que se deixou de editar en 1986 (nº 16). Levou o subtítulo de “Boletín informativo do Concello”. O primeiro exemplar saíu baixo o título de Cornatum co número 0. O coordinador foi Xosé Manoel Currás Rúa e entre os colaboradores figuran Francisco Carballo, Manoel Villar, Ramón Noceda, Darío Xohán Cabana, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, A. Avilés de Taramancos e Fernán-Vello, entre outros. Das seccións do boletín destacan: “Temas do Concello”, “Cousas”, “Opinión”, “Saúde” e “Nenos”. Incluía tamén un apartado especial dedicado á historia do concello da autoría de Barreiro Barral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construído entre 1768 e 1783 polo canteiro Domingo Quintela, está situado xunto á casa rectoral. Ten 35 m de lonxitude polo que é un dos hórreos, xunto co de Lira, máis longos de Galicia, e está sostido por 22 pares de pés rematados en tornarratos circulares. Está situado xunto á casa rectoral.
-
-
Relativo ou pertencente a Carnota ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Carnota.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moita carne ou moita polpa.
-
LOCALIDADES
Localidade da Panonia, á beira do Danubio e situada a uns 25 kms de Viena. Conquistada polos romanos, serviu como residencia e porto das lexións romanas e da escuadra do Danubio. O Emperador Marco Aurelio empregouna como cuartel de inverno nas campañas contra os marcomanos. Foi arrasada polos húngaros no s IX.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos carnutos.
-
Individuo do pobo galo dos carnutos.
-
Pobo da Galia situado entre o Cher e o Eure. A súa principal cidade foi Autricum, actual Chartres, principal centro relixioso dos druídas. Malia que nun principio colaboraron con César na campaña das Galias, no ano 54 a C mataron a Targecio, rei imposto por aquel. Dous anos despois subleváronse contra Roma e arrasaron a próspera cidade mercantil de Genabum, e a raíz disto foron castigados e sometidos por César. Ao reorganizar Augusto as provincias, deulles a categoría de pobo federado e incluíunos na provincia imperial Lionesa.
-
-
-
-
Que ten un prezo elevado. Na tradición oral recóllense ditos como: “O caro é ás veces barato, e o barato adoita saír caro. Non hai cousa tan cara como a que con rogos se acada. O bo nunca é caro, e éo sempre o malo.” OBS: Cos verbos comprar, vender, custar, cobrar e outros pódese producir a transcategorización deste adxectivo a adverbio baixo a forma masculina singular.
-
Aplícase a un lugar onde a vida resulta cara.
-
-
Que ten un prezo que sobrepasa o xusto e razoable.
-
Que se obtivo con dificultades e desgustos.
-
Que se ten en grande estima.
-
-
PERSOEIRO
Etnólogo, sociólogo e historiador. Entre os anos 1944 e 1954 ocupou a dirección do Museo del Pueblo Español de Madrid. Escribiu numerosos estudios sobre etnoloxía, historia, lingüística e, especialmente, sobre os costumes e folclore vascos. No campo da historia antiga destacan Los pueblos del norte de la Península Ibérica (1943), Los pueblos de España (1946) e Historia de la España antigua (1974). Tamén investigou os problemas da escritura e das linguas ibéricas dentro da Historia de España dirixida por Menéndez Pidal, e mostrouse prudente diante da teoría vasco-iberista. Nos seus estudios de etnoloxía popular peninsular sistematizou moitos aspectos do antigo folclore tradicional, como nas obras Los vascos (1949), Las brujas y su mundo (1961) ou Sobre historia y etnografía vasca (1983), entre outras. No campo da socioloxía histórica ocupouse especialmente das minorías, a miúdo perseguidas: Los judíos en la España moderna...
VER O DETALLE DO TERMO