"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • MACIZO

    Macizo do Atlas situado ao S de Marrocos. É o máis alto do Atlas e de toda África do Norte. O seu cumio acada os 4.165 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de tea que cobre a cabeza. É de forma rectangular feita de liño fino, tule ou encaixe e que se suxeita á cabeza mediante un fío de liño ou unha fita de seda. Tiña un uso máis estendido durante a Idade Media e o Renacemento, aínda que tamén forma parte do traxe feminino de gala de certas zonas. É moi semellante á cofia e a principal diferenza está na forma de saco que ten esta última.

    2. Peza de tea coa que as monxas e as freiras cobren a cabeza e os ombreiros.

    3. Peza, polo xeral de punto de la, que empregan as mulleres para abrigar as costas.

    4. Especie de rede de graxa que suxeita o intestino á parede do abdome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peiteado que se fai no cabelo.

    2. Adorno que se coloca no cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble con espello que ás veces pode levar lavabo e que se usa para o aseo persoal.

    2. Cuarto que se destina ao aseo persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adornar(se) cun toucado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo sen cultivar que está cheo de mato.

    2. Cepa que queda dunha árbore logo de ser cortada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Garfo onde se colga a carne ou o touciño para que seque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. touciñento.

    2. Que ten moita graxa.

    3. Que ou a quen lle gusta a carne de porco.

    4. Persoa que vende carne de porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moito touciño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Graxa do porco, en especial a da barriga e a do lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (6.200 km2; 113.272 h [1983]). A súa capital é Tougué (4.500 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Meurthe-et-Mosella, Lorena, Francia, situada á beira do río Moselle e o canal Rin-Marne (22.259 h [1999]). Foi capital dos galos leucos. Pertenceu despois sucesivamente ao reino franco, en Lorena e ao Imperio Xermánico. Destaca a catedral de Saint-Étienne (ss XIII - XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pobre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Seguidor de Wittgenstein, estudou as teorías científicas, más alá dos límites que comportaba o positivismo lóxico, e presentou unha teoría xeral da razón. Destacan as súas obras The philosophy of science (1953), Human understandin’ (1972) e Cosmopolis: the hidden agenda of modernity.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Provenza-Alpes-Costa Azul, Occitania, capital do departamento de Var, Francia (160.639 h [1999]; 519.640 h [1999] na aglomeración urbana). É unha importante cidade portuaria, con estaleiros e industrias químicas. De pequeno poboamento converteuse en cidade estratéxica coa anexión a Francia, grazas a Luís XV que a converteu nun centro militar, papel que se incrementou nos ss XIX e XX, coa instalación da escuadra francesa do Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Occitania, capital do departamento de Alto Garona e da rexión administrativa de Midi-Pyrénées, Francia (390.350 h [1999] e 761.090 h [1999] a aglomeración urbana). É un núcleo industrial dunha grande importancia, con industria química, aeroespacial, mecánica, electrónica, téxtil, de calzado, de papel e alimentaria. Fundada no s IV ou III a C, foi capital dos volscos tectosagos. Durante a época imperial, foi unha das cidades máis ricas e florecentes da Galia Narbonesa. O cristianismo chegou no s III, e o primeiro bispo coñecido é san Sadurniño. Conquistada por Ataúlfo (413), foi capital do Reino de Tolosa e, apresada polos francos (507), centro do ducado de Aquitania (630) e capital do Reino de Aquitania, creado por Carlomagno (781), ao tempo que centro do condado de Tolosa. Na cruzada albixense foi o centro da resistencia occitana. Foi conquistada por Simon de Montfort (1216). En 1229 someteuse ao Rei Luís IX de Francia e pasou á coroa francesa en 1271. A construción do canal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo francés. Eivado e anano debido a dous accidentes, as súas primeiras obras foron de tema militar e hípico. Foi a París e entrou no taller de Bonnat, e en 1885 instalouse en Montmatre. Recibiu a influencia de E. Degas na temática e no enfoque fotográfico das escenas. Retratou personaxes dentro do ambiente dos cafés, music-halls, teatros e prostíbulos que frecuentaba, como Jeanne Avril che dance (1892), Salon de la rue des Moulins (1894) ou La clownesse Cha U Kao (1895). Pintaba sobre tea ou cartón, con cores disoltas en esencia, e conseguía así unha grande espontaneidade no trazado, mediante o que quería expresar o movemento. Fixo numerosos carteis (La Goluda, 1891), para os cabarés parisienses, baixo a influencia da estampa xaponesa, que lle permitía desenvolver o seu estilo sintético e o arabesco lineal. Cultivou tamén o pastel e a ilustración en revistas humorísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero insectívoro pertencente ao xénero Talpa.

    2. Mamífero de entre 9 e 14 cm de lonxitude, moi similar á toupa común mesmo nos costumes, pero ao contrario que esta, os machos son máis grandes ca as femias. Aparece principalmente nas zonas onde non se atopa a toupa común, en España na rexión meridional.

    3. Mamífero de entre 11 e 16 cm de lonxitude, cunha cola de ata 3,8 cm, sendo as femias máis grandes ca os machos. O corpo é cilíndrico, co pescozo apenas apreciable, e carecen de pabellóns auditivos. A pelaxe é negra e as extremidades anteriores están modificadas para a escavación, en forma de pa coas unllas longas e fortes. Teñen os ollos pequenos, practicamente non poden ver nada, e o fuciño agudo e de cor máis clara ca o resto do corpo. Depende principalmente do sentido do tacto e do olfacto para moverse e no fuciño posúe unhas proxeccións, coñecidas como órganos de Eimer, que potencian a súa sensibilidade. Están activos durante as 24 horas do día, alternando períodos de actividade con outros de descanso. Escava galerías (toupeiras) de ata 150 cm de lonxitude, pero non son permanentes, dado que se afunden ao continuar coa escavación. Cando sae á superficie, despois das chuvias, deixa unha pegada tripla no chan. É moi voraz, pero no inverno reduce a súa actividade xa que entra a maior profundidade...

    VER O DETALLE DO TERMO