"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
CABOS
Cabo da Costa da Morte, situado no litoral da parroquia de Touriñán (concello de Muxía), que constitúe o extremo máis occidental da España peninsular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é parvo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desfiladeiro dos Pireneos Centrais de 2.122 m de altitude, situado entre os vales superiores de Gave de Pau e de l’Adour, en Bigorre, Occitania.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo, escritor e debuxante. Coñecido como Nadar, comezou na fotografía en 1849 e abriu un estudo en París (1853), que se converteu en punto de reunión da elite cultural francesa, á que retratou en poses naturais fronte á rixidez da fotografía da época, e o lugar onde se realizou a primeira mostra dos impresionistas (1874). Fixo as primeiras fotografías aéreas desde un globo aerostático (1858) e fotografou as catacumbas de París usando iluminación de magnesio (1861). Publicou caricaturas ata 1865 (La Sihouette, Le Charivari e Revue comique), fundou a revista Paris Photograph (1891) e foi autor de diversos ensaios e da novela La Robe de Déjanira (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Hainaut, Bélxica (67.227 h [2001]). É un importante centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira serie do Mississippiano situada enriba do Famenniano e por baixo doViseano.
-
-
-
Boi non castrado.
-
Espectáculo que consiste na loita dun home, o toureiro, cun touro, esquivando as acometidas e, finalmente, dándolle morte, de acordo coas regras da tauromaquia.
-
-
Home robusto e con moita forza.
-
tauro.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Touro, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Arzúa situado no S da provincia da Coruña e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia ( 42° 51’ 30’’ N e 8° 18’ 30’’ O). Limita ao N co concello do Pino (comarca de Arzúa), ao S co de Vila de Cruces (Deza) e Boqueixón (Santiago), ao L co de Arzúa e ao O co de Boqueixón. Abrangue unha extensión de 115,3 km 2 , cunha poboación de 4.353 h (2007), distribuída nas parroquias de Andeade, Bama, Bendaña, Beseño, Calvos de Socamiño, Circes, Cornado, Enquerentes, Fao, Fontes Rosas, Foxás, Loxo, Novefontes, Prevediños, San Fiz de Quión, San Miguel de Vilar, San Pedro de Ribeira, Touro e Turces. A súa capital atópase no lugar de Fonte Díaz, na parroquia de Touro, situada a 80 km da Coruña e a 31 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Arzúa e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A presenza do río Ulla caracteriza o relevo de Touro. Este curso fluvial serve de límite sur, por onde circula con notable... -
VER O DETALLE DO TERMO
Tauro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tatanka Iyotake.
-
-
Mamífero carnívoro de entre 29 e 46 cm de lonxitude e unha cola de ata 14 cm, e os machos de maior tamaño e peso ca as femias. Teñen o corpo alongado e flexible, coa pelaxe dorsal parda ennegrecida, flancos máis claros e o ventre totalmente negro; a cabeza é pequena e ancha, de coloración clara cun debuxo escuro amodo de anteface. Ten unha forma característica de camiñar, xa que levanta o lombo formando unha especie de xiba. Existe unha forma domesticada de tourón, que se coñece comunmente co nome de furón. Unha maneira de saber da presenza do tourón é polas pegadas e os excrementos; as primeiras son marcas que reflicten os 4 ou 5 dedos coas unllas, e cando hai neve pode apreciarse ata a pegada da cola; os excrementos son longos, escuros, retorcidos e rematados en punta. É de costumes nocturnas e aliméntase de coellos, ratos, ratas, lagartos, ras, peixes, insectos, aves e ovos das mesmas (aos que lle zuga o seu contido), mel e froitos. Vive en zonas boscosas ou pradaría, sempre preto da...
-
teixugo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á vaca que é estéril.
-
-
Aplícase á vaca que está en celo.
-
Que está forte e robusto.
-
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Indre-et-Loire, Francia (132.820 h [1999]). Situada na confluencia dos vales do Loire e do Cher, a base da súa economía é o sector terciario, xa que é o centro turístico do val do Loire e un punto de redistribución de carbón e produtos petrolíferos. O sector industrial experimentou unha certa intensificación grazas á descentralización da área de París. Ocupada polos visigodos (s V), en 507 foi conquistada polos francos. Foi un centro relixioso de prestixio. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de Saint-Gatien (ss XIII-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder revolucionario haitiano. Fou un escravo negro que en 1791 se uniu aos insurrectos de Buckman. Converteuse nun dos xefes da revolta e combateu os franceses (1793-1794). Comandante en xefe das forzas haitianas e gobernador xeral vitalicio semiindependente (1801), as necesidades sociais da economía azucreira de Haití fixeron fracasar o seu goberno revolucionario. En 1802 foi derrotado polo xeneral Charles Leclerc e deportado a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eutelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena elevación do terreo.