"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Calquera veleno de orixe animal ou vexetal.

    2. Substancia tóxica e antixenética que está producida por bacterias. Segundo a constitución química, pódese dividir en holoproteínas, heteroproteínas e enzimas. En patoloxía clasifícanse en intracelulares ou endotoxinas e extracelulares ou exotoxinas, que exercen a acción tóxica independentemente do microorganismo produtor. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Monte situado na parroquia de Figueiras (Mondoñedo). O seu cumio acada os 838 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto espiñento, moi ramificado, de ata 2,5 m de altura. As follas novas son trifoliadas e despois son substituídas por espiñas verdes. As flores son amarelas, dispostas na axila das espiñas nas pólas secundarias, papilionáceas e caracterízanse por ter o cáliz amarelo, dividido en dous beizos dentados (o superior con dous e o inferior con tres dentes). O froito é un legume negro e peludo, que pode ter de unha a seis sementes non comestibles. As raíces presentan uns avultamentos ou nódulos cheos de bacterias (Rhizobium), que son capaces de fixar o nitróxeno gaseoso que haxa no solo, polo que son plantas que poden medrar sen necesidade de abono. Florece entre finais do outono e a primavera en zonas de matogueiras e queirogais. Pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 1.300 m. É orixinario da Europa atlántica e pode atoparse asilvestrado en zonas do Mediterráneo e algúns países americanos. En Galicia son moi frecuentes as variedades U. europaeus var latebracteatus...

    2. Arbusto espiñoso, de ata 1 m de altura, con talos ergueitos, ás veces algo deitados. As ramas vellas teñen unha cortiza parda ou parda-agrisada, sen follas e con moitas espiñas e as ramas novas son herbáceas e sen espiñas. As follas son simples, alternas, enteiras, elípticas ou lanceoladas e con pecíolo curto. Teñen flores amarelas dispostas en acios con brácteas e froito en legume. Florece entre febreiro e xullo en matogueiras húmidas, fundamentalmente na metade S de Galicia.

    3. xesta das brañas.

    4. Arbusto espiñoso, de 1 a 2 m de altura, moi ramificado, verde escuro coas ramas principais longas, curvadas e cubertas con moitas espiñas. As follas están transformadas en acículas espiñosas. As flores son amarelas, solitarias ou reunidas por pares e corola con 5 pétalos. O froito é un legume de forma oval e cuberto de pelos. Florece durante gran parte do ano en lugares húmidos e sombríos. Pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 900 m. Emprégase ás veces como planta ornamental.

    5. Arbusto moi semellante ao Ulex minor do que se diferencia por presentar espiñas máis robustas e flores máis grandes. En Galicia está presente só na zona norte.

    6. Arbusto, de ata 1 m de altura, con ramas curvas con espiñas grosas e flores con cáliz pubescente. Florece na primavera. Pódese atopar en matogueiras en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 1.000 m. É endémica do N de Portugal e o S de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina que perdeu as propiedades tóxicas, pero non as antixénicas, o que permite empregala para a vacinación antitóxica (antidiftérica, antitetánica ou contra a tose ferina). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘ladrillo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, ao que pertence o T. gondii, parasito intracelular obrigado, que é o produtor da toxoplasmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade parasitaria que está producida polo protozoo Toxoplasma gondii, que no home se pode manifestar como unha enfermidade conxénita ou adquirida. A forma adquirida é moi variable e moi a miúdo asintomática. A forma conxénita, máis maligna, dá lugar á coriorretinite, calcificacións cerebrais, retardo psicomotor, hidrocefalia e microcefalia, e convulsións. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de gaitas creada en Barcelona en 1977. Constituíuse por iniciativa dunha serie de emigrantes galegos, entre eles, Xosé Lois Foxo, co obxectivo de fomentar a cultura galega nas súas diversas manifestacións. Desenvolven distintas actividades académicas, das que destacan as clases de gaita, baile tradicional, lingua galega, canto tradicional e percusión. Tamén organiza desde 1981 o Festival de Música Galega. Participou, coas súas diferentes seccións, en distintos programas de televisión e colaborou con artistas e grupos como Hevia, Carlos Núñez ou The Chieftains. A súa banda de gaitas gravou dous discos e concursou no 1° grao da Liga Nacional de Bandas de Gaitas, onde acadou o Primeiro Premio (1992) e o Terceiro Premio (1998). Recibiu o Segundo Premio no Festival Folk de Vigo (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lousame baixo a advocación de san Xusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Toxos Outos (Lousame). Fundado en 1131 polos cabaleiros Froilán Alonso e Pedro Muñoz baixo a regra beneditina, instalouse nunha ermida que pertence ao mosteiro de San Paio de Antealtares. En 1504 anexionouse a Sobrado dos Monxes e converteuse nun dos mosteiros cistercienses máis destacados de Galicia ata que se abandonou no s XIX, despois da desamortización de Mendizábal. Consérvase a igrexa, que foi restaurada en 1949, e varias dependencias. Ten nave única de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A sancristía está situada entre a capela maior e a lateral. A fachada, de cantaría, remata cunha torre de dous corpos, que alberga o campanario e que remata en cúpula. O claustro románico trasladouse ao pazo Pena de Ouro en 1920. O conxunto rodeouse cun muro de cantaría granítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1988 en Noia. Dirixida por Xosé Agrelo Hermo, conta con máis de oitenta títulos publicados. Céntrase fundamentalmente en obras de poesía, narrativa, historia e etnografía, tanto en castelán como en galego. Divide a súa produción editorial nas coleccións: “Keltia”, “Trivium”, “Ensino”, “Divulgación”, “Fasquía”, “Cruceiro do Rego”, “Nume” e “Delfín”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, situada na illa de Honshū, Xapón (325.790 h [1997]). Ten industria metalúrxica, siderúrxica, química e de construción de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (4.252 km2; 1.120.851 [2000]). A súa capital é Toyama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Čerminova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor da London University (1919-1955) e director do Royal Institute of International Affairs (1925-1955), a súa obra máis importante foi A Study of History (1934-1961), en doce volumes, en que tentou presentar as etapas evolutivas que, segundo a súa concepción cíclica da historia, se repiten en cada civilización: época de perturbacións, estado universal e interregno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, situada na illa de Honshū, Xapón (360.066 h [1997]). Posúe un porto e é centro comercial da baía de Ise, ao S da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do río Toyo (114.405 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fu de Ōsaka, situada na illa de Honshū, Xapón (396.689 h [1997]). É un importante núcleo residencial e industrial ao NO de Ōsaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada ao L de Nagoya (346.090 h [1997]). A súa economía baséase na construción de automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO