"Ada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. O fracaso nacional, a súa crise matrimonial e as correntes filosóficas pesimistas da segunda metade do s XIX foron os temas principais da súa obra máis destacado Az ember tragédiája (A traxedia do home, 1861). Escribiu tamén o drama Mózes (Moisés, 1861). Foi membro da Academia de Hungría (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (123.000 h [1997]). É unha cidade portuaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (461.400 km2; 246.100 h [estim 1999]). A súa capital é Madagan.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de África, no Océano Índico, situado fronte á costa suroriental africana, da que o separa o canal de Moçambique (587.041 km2; 16.437.000 h [estim 2001]). A capital é Tananarive.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo está formado por un altiplano de rochas erosionadas que ocupa a rexión interior. Cara ao L descende bruscamente formando unha pequena chaira costeira, mentres que o descenso é máis suave cara ao O. O clima é tropical, con temperaturas elevadas nas zonas baixas e variables no interior, a causa da altitude. As precipitacións son abundantes. Os ríos son numerosos e con gran caudal, e destacan o Betsiboka e o Mangoky. Un 85% das especies da flora e fauna son endémicas. A rexión oriental caracterízase pola selva pluvial sempre verde e rica en epífitos. Na rexión occidental predominan as sabanas con árbores que perden a forraxe durante a época seca e con vexetais paquicaules e espinosos. Na parte meridional, a vexetación... -
RIOS
Río que nace na parroquia de Bretoña (A Pastoriza), baña parte da parroquia de Aldurfe (Riotorto) e da Aguarda (A Pastoriza) e desemboca pola dereita do Miño na parroquia de Crecente (A Pastoriza). Ata a parroquia da Aguarda recibe o nome de Miñotelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino derivado do grego do Novo Testamento Magdalene, que pasou ao latín eclesiástico como Magdalena, sobrenome étnico ou xentilicio feminino (‘natural de Magdala’, cidade palestina). Presenta a variante Madanela e os hipocorísticos Mada, Lena e Malena. A difusión deste nome débese fundamentalmente a María Madalena, discípula de Xesús, que é venerada como santa pola Igrexa Católica. Santa María Madalena é titular de 39 parroquias e a súa festividade celébrase o 22 de xullo. Santa Madalena de Pazzi celébrase o 25 de maio. Na tradición oral recóllense ditos como “Chorar coma unha Madalena. Pola Madalena recata ben pola figueira. Entre santa Ana e a Madalena baleira a túa eira. Pola Madalena ceifadores polas leiras. Pola Madalena enche o carolo a nogueira. Pola Madalena a abelá vai chea”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada en Mourence (Vilalba), sobre o río Ladra. Era utilizada como conexión entre Vilalba e As Pontes de García Rodríguez. Realizada en cantería, está composta por dous vans de arcos oxivais e tallamares triangulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada en Ribadelouro (Tui), sobre o río Louro. Datada no s XVIII, está realizada en cantería e ten un só van.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Madaleniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Último período do Paleolítico Superior. O nome deriva do xacemento francés de La Madeleine. Desenvolveuse durante un período climático frío, correspondente á derradeira glaciación (Plistoceno), entre 17000 e 9500 a C. Unha das características técnicas do período é a abundancia de ósos e cornos para fabricar instrumental, entre os que destacan os arpóns. A arte foi moi importante e sobresaen as pinturas rupestres nas covas (Altamira), que representan o período de plenitude da pintura paleolítica. En Galicia existen relacións coa área cántabra e os xacementos máis ricos atopáronse nas chairas de Abadín, Vilalba ou Xermade. Neste último lugar, no xacemento do Abrigo da Pena Grande de Férvedes, encontrouse un colgante lítico da época con decoración lineal.
-
-
Muller elegante.
-
Muller que rexenta un prostíbulo.
-
Artefacto pirotécnico con forma de muller que adoita queimarse nas festas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en tres actos de G. Pucini, con texto de G. Giacosa sobre un drama de David Belasco, estreada en Milán en 1904. Narra a fidelidade dunha xaponesa ao seu marido, estadounidense, que a esquece e volve casar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Gustave Flaubert, escrita entre 1851 e 1856, e publicada en La Revue de Paris (1857). Describe a historia de Emma Bovary, amante do luxo que se considera unha heroína romántica pero que non sabe aceptar a súa realidade. Fatigada pola vida aburrida e polo ambiente provinciano que a rodea, convértese nunha esposa infiel ata que finalmente se suicida. Esta obra, cualificada de inmoral pola crítica da época, está considerada como unha das creacións máis importantes da novela moderna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminino do Entroido, propio da zona da Ulla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Madalena.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Cambás (Aranga). O seu cumio acada os 640 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (29.000 km2; 365.106 h [2000]). A capital é Madang (27.394 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Tunisia (8.588 km2; 421.800 h [estim 2000]). A súa capital é Madanīn (26.602 h [1984]).