"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en Priegue (Nigrán). Ten planta en forma de T e tres alturas. Conserva unha capela exenta de planta rectangular con porta e arco de medio punto. A espadana remata nunha cruz de pedra. Segundo dúas inscricións conservadas na capela, foi fundado polos clérigos don Manuel, don Gregorio e don Xoán de Puga en 1693.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pazo de Fermoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, de entre 20 e 60 cm de altura, que presenta follas lanceoladas, inflorescencia en panícula e froito en aquenio. Florece no verán en zonas húmidas. En Galicia están presentes as subespecies R. pulcher pulcher e R. pulcher woodsii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Vilaicente (As Nogais) e Morcelle (Becerreá). O seu cumio acada os 1.005 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rairiz de Veiga baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Azouta moi forte que se dá cunha correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pazo de Mariñán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Graíces (A Peroxa). Ten planta rectangular cunha torre, sobresaínte en altura, nun dos laterais. Na fachada destaca a solaina e o escudo que alude aos Fernández de Temes. A inscrición que conserva o brasón reflicte que foi edificado por Pedro Suárez Varela de Quiroga en 1602.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Láncara. Ten planta cadrada con patio central, e estrutúrase en tres corpos, o central de menor altura. A torre atopábase no corpo da dereita e na parte central apóianse tres arcos sobre os que se sitúan tres balcóns con balaústres e no medio dous escudos que aluden aos Suárez de Deza, Castro, Osorio, Pimentel, Losada e outros. Está reconstruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra ornamental constituída por lazurita, o seu compoñente principal, e por cantidades variables de calcita, pirita e outros feldespatoides. É opaca e de cor azul semitranslúcida ou azul violeta. Emprégase en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado co látego.

    2. Ruído que fai o látego cando golpea contra algo ou alguén.

    3. Dano moral que produce nunha persoa algún feito ou dito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cerceda. Ten planta rectangular e na fachada destaca un escudo timbrado con catro carteis cun castelo, un león, paos e faixas cruzadas e a banda engolada de dragantes dos Andrade. Conserva a capela e construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Boborás que pertence ao conxunto de Pazos de Arenteiro. Moi reformado, a primitiva planta en escuadra (s XVIII) converteuse nun rectángulo e modificáronse as chemineas. Conserva un patio exterior que o separa das dependencias auxiliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Esporiz (Monterroso). Construído cara a 1520, reformouse en 1700 e no s XIX. O morgado fundárono Alonso Gundín e Beatriz Salgado. A súa planta aproxímase á forma rectangular. A torre, situada na parte dereita, ten planta cadrada con bufardas nas plantas inferiores. Conserva unha capela exenta, de planta rectangular, na que destaca o pórtico de entrada con frontón triangular e tres escudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Laza, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín, situado no centro-leste da provincia de Ourense e no extremo SL da Comunidade Autónoma de Galicia (latitude 42° 03’ 30” N - lonxitude 7° 27’ 30” O). Limita ao N cos concellos de Montederramo (Terra de Caldelas) e Chandrexa de Queixa (Terra de Trives), ao S cos concellos de Monterrei e Castrelo do Val (Verín), ao L con Vilariño de Conso (Viana) e Castrelo do Val e ao O con Vilar de Barrio e Sarreaus (A Limia) e co de Cualedro (Verín). Abrangue unha superficie de 215,9 km 2, cunha poboación de 1.683 h (2007), distribuída nas parroquias da Alberguería, Camba, Carraxo, O Castro de Laza, Cerdedelo, Laza, Matamá, Retorta, Toro e Trez. A capital é Laza, situada a 63 km de Ourense e a 175 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Verín.
    Xeografía física
    O concello de Laza aséntase nunha área montañosa, especialmente no seu sector N e NL, onde se erguen as serras de San Mamede, Fial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atadura que se fai cunha corda ou lazo de forma que tirando por un dos extremos se poida desfacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo moi frío e xeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Autor prolífico, dirixiu os filmes de tema bélico La patrulla (1951) e La fiel infantería (1959), as comedias turísticas La ciudad no es para mí (1966) e El turismo es un gran invento (1969), e a erótica Yo soy fulana de tal (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO