"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de contravir.

    2. Infracción leve a disposicións e regulamentos. É unha infracción que non se constitúe como delito, polo que no dereito penal se asimila a unha falta e se sanciona de modo preventivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contribuír.

    2. Cousa que cadaquén ofrece para contribuír a algo.

      1. Deber que se lle impón a unha persoa de aboar unha cantidade de diñeiro para axudar ao sostemento dos gastos dos poderes públicos.

      2. Imposto que recae sobre o beneficio obtido polo rendemento dos bens, particularmente dos bens inmobles.

      3. contribución de cientos

        Imposto indirecto castelán decretado nas Cortes do 1626 polas necesidades financeiras da monarquía dos Austrias. Consistiu inicialmente nunha recarga do 1,1% sobre a alcabala, pero chegou a ser do 4%. Formou parte do conxunto de ingresos contabilizados polas contadorías reais de cientos e de millones. Mantivéronse ata a reforma tributaria de Mon de 1845.

      4. contribución especial

        Tributo que ten como feito impoñible a obtención polo suxeito pasivo dun beneficio ou dun aumento do valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servicios públicos.

      5. contribución única

        Sistema tributario da Coroa de Castela. Proposto polos economistas casteláns do s XVII, quería contribuír a acadar un réxime fiscal centralizado e coherente que puidese superar as deficiencias do sistema das rendas provinciais, e poder satisfacer deste xeito as necesidades da facenda real. Os primeiros pasos prácticos cara a unha contribución única establecéronse no reino de Aragón; mentres, os intentos de crear unha única contribución en Castela fracasaron e a monarquía española non afrontou novamente a necesidade ineludible de unificar as rendas provinciais ata a reforma tributaria de Mon (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrepentimento de ter pecado que procede da consciencia de que a ofensa a Deus é deplorable en si mesma e non en virtude do castigo que poida merecer. Fálase da dor de contrición, opoñéndoa á de atrición, como sinal de arrepentimento perfecto.

    2. Oración ou fórmula que expresa o arrepentimento de contrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de conturbar ou conturbarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Continuo urbano resultante do crecemento simultáneo, reciprocamente influído, de dúas ou máis cidades próximas, que chega a facer desaparecer o espazo rural intersticial. O termo foi cuñado por Patrick Geddes. Son características das rexións urbanas e das metrópoles. Ademais das xurdidas ao redor de capitais como París, Londres, Toquio e Los Angeles, é particularmente intensa a da costa atlántica dos EE UU. En Galicia, este fenómeno estase a desenvolver no contorno das grandes cidades, sobre todo en Vigo e A Coruña, que tenden a fusionar as súas áreas metropolitanas sen solución de continuidade coas dos concellos veciños, nunha expansión dirixida cara ás áreas urbanas de Pontevedra e Ferrol, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de validar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transporte de materia, enerxía ou cantidade de movemento que se produce nun fluído polo movemento do conxunto das súas moléculas. Aplícase esta denominación, especialmente, á convección da calor, que é o transporte de calor duns puntos a outros dentro dun fluído. Basicamente, distínguense dous tipos de convección: a convección natural ou libre, na que o movemento do fluído está causado exclusivamente pola acción da gravidade sobre os gradientes de densidade orixinados polos gradientes de temperatura existentes, que rompen o equilibrio hidrostático, e a convección forzada, na que o movemento do fluído mantense por accións externas (ventilación, axitación, bombeo, etc). As leis de transmisión da calor por convección son complexas, debido ao gran número de variables que interveñen, como a temperatura, a viscosidade, a densidade, a condutividade térmica, a calor específica e a natureza do recipiente; sen embargo, nunha primeira aproximación, pódese expresar...

    2. Proceso consistente na produción dunha corrente eléctrica por medio do transporte de cargas por algún procedemento especial, diferente da aplicación dun campo eléctrico, como pode ser o arrastre mecánico das partículas electrizadas mediante unha correa (sistema empregado no xerador de Van der Graaf).

    3. Movemento vertical das masas de aire na atmosfera debido ao diferente grao de quecemento das capas de aire próximas ao solo. Cómpre non confundilos coas correntes de subsidencia, pois estas presentan un movemento exclusivamente descendente.

    4. Teoría que explica a xénese do campo magnético terrestre baseándose na existencia de lentos movementos de convección no interior da Terra, orixinados polas diferencias de temperatura das rochas radioactivas. Estas correntes son, en realidade, responsables dunha pequena parte do magnetismo terrestre. As correntes de convección producen unha certa expansión dos fondos oceánicos ao ascender baixo as dorsais centrooceánicas e ao descender baixo os arcos insulares e as montañas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acordo que se establece entre varias persoas sobre un asunto relevante e común.

      2. Axuste e concerto entre dúas ou máis persoas ou entidades que se constitúe como un negocio xurídico bilateral de natureza patrimonial (contrato) ou doutra clase (como o matrimonio). Deste xeito, todo contrato é unha convención, pero non toda convención pode considerarse un contrato.

      3. Acto xurídico internacional entre dous ou máis estados que establecen acordos sobre normas xurídicas ou que regulan importantes intereses colectivos. Entre outras, destaca a Convención de Xenebra de 1863 pola que se creou a Cruz Vermella.

      1. Aquilo que se establece por acordo expreso ou tácito entre os homes e que se constitúe como costume, opinión ou regra.

      2. Conxunto de regras, técnicas e recursos fixados polo costume ou pola tradición e admitidos como modelos para a creación artística. Son convencións literarias os xéneros (épica, lírica e dramática), as formas métricas, as figuras retóricas, a rima, etc. A aceptación dalgunhas delas foi un feito permanente e xeneralizado, mentres que outras teñen unha vixencia limitada a un período determinado ou a unha cultura concreta, como a lírica trobadoresca ou as novelas de cabalería.

      1. Reunión de persoas dun mesmo oficio para tratar asuntos profesionais.

      2. Asemblea de representantes do pobo reunida para dar vida a un novo estado, para elaborar unha constitución ou modificala, ou para substituír ou cambiar as formas de goberno existentes. Entre outras destacan a Convención de Philadelphia de 1787, que elaborou a constitución federal dos EE UU, e a Convención francesa de 1792 que redactou a primeira constitución da República Francesa.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista informativa en castelán que apareceu na Toxa (Pontevedra) entre os días 11 e 13 de novembro de 1988, subtitulada “Diario de la Convención de Oficinas Comerciales”. Editada por Unión Eléctrica FENOSA, dirixiu a publicación Rafael López Manzano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento teatral promovido por Vsevolod Meyerhold a partir dos seus traballos no Teatro Estudio, obradoiro experimental creado ao abeiro do Teatro de Arte de Moscova, que dirixía Konstantin Stanislavski. Naquel marco de investigación, Meyerhold desenvolveu diversas propostas de traballo para eliminar a ilusión escénica, co que tentaba superar a estética naturalista e establecer unha nova relación entre o actor e o seu personaxe, entre o elenco e os espectadores. En anos sucesivos, Meyerhold foi formulando novas teorías no terreo da posta en escena, da interpretación e da recepción; destaca o papel do espectador como un creador máis, pois entendía que como receptor tiña que utilizar a súa imaxinación para dar pleno sentido ás suxestións e propostas do espectáculo teatral. O director de escena ruso partía igualmente do principio de que a creación teatral non ten como obxectivo mostrar unha ilusión, senón construír un mundo dramático que actores e espectadores saben fiticio, feito que permite...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea constituínte que gobernou Francia dende o 21 de setembro de 1792 ata o 25 de outubro de 1795. Sucesora da Asemblea Lexislativa, estaba composta por 749 deputados electos. Na súa primeira sesión, celebrada o 21 de setembro, aboliuse a monarquía e proclamouse a Primeira República Francesa, que se declarou unha e indivisible. A asemblea encargouse de elaborar unha nova constitución e asumiu, ao mesmo tempo, as funcións do poder executivo. En decembro de 1792 abriu un proceso contra Luís XVI, recluído dende o 10 de agosto na fortaleza do Temple, que rematou coa súa execución o 21 de xaneiro de 1793. Este feito enfrontou os dous grupos dominantes da asemblea: os montagnards ou montañeses, situados á esquerda e defensores das clases populares e da pequena burguesía, liderados por Danton, Marat e Robespierre; e os deputados da Gironde ou xirondinos, situados á dereita e representantes da alta burguesía, dirixidos por Brissot, Roland e Verginiaud. Entre eles situábanse os da chaira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é resultado dunha convención.

    2. Establecido por costume.

    3. Que se establece por convención social e resulta falto de sentimentos auténticos, naturais e espontáneos.

    4. Que é clásico e non ten innovacións con respecto aos modelos tradicionais.

      1. Relativo ou pertencente á Convención Nacional francesa.

      2. Membro da Convención Nacional francesa (1792 -1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de convencional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de convencional.

    2. Aquilo que está aceptado socialmente e que se leva a cabo segundo a tradición ou o costume.

    3. Doutrina filosófica que ve nos principios lóxicos, e mesmo nas leis da natureza, puras convencións. Antigamente defendíana os sofistas; máis modernamente, aplicouse aos principios xeométricos, á física, á matemática e á construción de linguaxes. Un dos autores de referencia é Henri Poincaré.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao convencionalismo.

    2. Partidario do convencionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conversar.

    2. Arte de conversar.

    3. Reunión de persoas que falan, dialogan ou debaten sobre temas especializados para chegar a acordos concretos. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    4. Retrato de grupo orixinario de Flandres, pero que tivo o seu gran desenvolvemento no Reino Unido. Representa a personaxes identificables nun ambiente doméstico ou campestre en actitude de conversar. A diferencia dos retratos de grupo, os personaxes manteñen entre si relacións de carácter íntimo. Un antecedente destas obras é o Retrato do matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck (1434). Considérase como o primeiro cadro de conversación Federico, príncipe de Gales e as súas irmás, de Paul Mercier (1733). Entre os cultivadores desta temática destacaron William Hogarth e Thomas Gainsboroug. No s XIX abandonouse a súa produción.

    5. Escena pictórica que representa a Virxe co Neno mantendo unha conversa cos santos que os acompañan. Entre outros artistas cultivaron esta temática frei Angelico, Botticelli e Piero della Francesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á conversación.

    2. Modalidade de comunicación home-máquina caracterizada polo uso de linguaxes (chamadas conversacionais) que, empregadas interactivamente, danlle ao proceso a aparencia dunha conversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Seguridade que se sente ao estar convencido dalgunha cousa.

    2. Ideas firmes das que está convencida unha persoa, especialmente no que se refire a cuestións relixiosas, políticas, éticas ou sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de convocar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enrodelamento lonxitudinal.

    2. Dadas dúas funcións reais de variable real, f(x) e g(x), función definida pola integral: (f*g)(x)= f(x)*g(x)=cf(t)g(x-t)dt. A convolución, ou produto de convolución, ten as propiedades conmutativa, asociativa e distributiva. Hai dous teoremas destacados sobre a convolución: o teorema de Parseval, que afirma que a transformada de Laplace ou de Fourier da convolución de dúas funcións é o produto das transformadas de Laplace ou Fourier, respectivamente, das dúas funcións; e o que di que a transformada de Fourier do produto de dúas funcións é igual á convolución das súas transformadas dividido por 2π.

    VER O DETALLE DO TERMO