"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Porción de estopa ou doutra materia elástica, como o caucho ou as fibras sintéticas, que se coloca no asentamento dalgunhas válvulas ou na unión de condutos co fin de evitar a fuga do fluído circulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tapar con estopa unha fenda ou un burato.

    2. Rodear con estopa a billa para que encaixe ben nun burato e evitar así que perda líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mecha feita de estopa ou doutras substancias inflamables, que se introducía na orella do canón de artillería para acender a carga impulsora do proxectil.

    2. Cilindro de cobre, latón ou dalgunha materia plástica, cheo dunha substancia detonante, que pola acción da agulla do percutor, por fricción ou polo paso dunha corrente eléctrica, inicia a combustión da carga de proxección dun proxectil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Filamentos finos do liño antes de ser fiado.

    2. Fiado que se fai cos filamentos finos do liño e tecido que se obtén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espada estreita, longa e ríxida, que só podía ferir coa punta. O seu uso xeneralizouse a partir do s XV para atacar os cabaleiros protexidos con armadura.

      2. Espada de toureiro que se usa para matar o touro.

    1. Arma branca semellante a unha espada estreita que vai adoito dentro dun bastón.

    2. Cana ou pao, oco polo interior, en que se introducen obxectos que ao soprar por un dos seus extremos saen despedidos ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferir con estoque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortina dunha soa peza que se recolle cara arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resina extraída da especie Styrax officinalis.

    2. Denominación popular que reciben algunhas árbores do xénero Styrax.

    3. Bálsamo que se extrae da codia das especies Liquidambar orientalis e Liquidambar styraciflua.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que algo non se poida realizar.

      2. Facer que unha acción ou un propósito sexa máis difícil de levar a cabo.

    1. Causar algo ou alguén molestia a unha persoa.

    2. Ser algo ou alguén unha molestia para outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou cousa que estorba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escordar.

    2. Retorcer a roupa mollada para lle quitar a auga.

    3. Prensar as uvas no lagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do fondo da enseada do Sardiñeiro, no litoral da parroquia de Toba (concello de Cee).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escordar.

    2. Retorcer unha cousa flexible para facer un atadallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escordadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Lisboa que pertence ao concello de Cascais, Portugal, ao N da desembocadura do río Tejo (12.550 h [1992]). A situación costeira e as boas comunicacións con Lisboa convertérona nun importante centro turístico. Foi residencia da familia real española durante a ditadura do xeneral Francisco Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 20 de decembro de 1957 en Estoril entre a rama carlista dos Borbóns, representada polo conde de Rodezno, e Xoán de Borbón, conde de Barcelona, en que se recoñecía a este como pretendente ao trono español.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo tradicional que consiste en bater cun pao grande, chamado palán, a outro máis pequeno para lograr que este salte o máis lonxe posible. Desenvólvese por equipos e cómpre decidir quén sae primeiro. Resolto isto, o equipo que saca tira o pau pequeno ou billarda ao chan e, co outro, bateralle nun lado para que se eleve, golpeándoo tamén cando está no aire tratando de metelo nun círculo debuxado no chan, chamado reinado, sen que o equipo que defende a meta consiga recollelo antes. Se os que están defendendo acadan a billarda pasan a sacar e os que sacaron sen conseguir a meta perden un xogador que queda eliminado. Se conseguen meter a billarda no reinado, o xogador eliminado pasa a ser do outro equipo.

    2. Pao pequeno de madeira, aproximadamente de dez centímetros e uns tres de diámetro, que se fai saltar no xogo da estornela. Ao pousalo no chan quédanlle as puntas sempre ao aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave, da familia dos estúrnidos, de tamaño medio, co corpo groso, o peteiro longo e aguzado, os ollos moi adiantados, a cola curta e a plumaxe, nas máis das especies, de cor brillante. As ás son curtas e o voo é rápido e directo, cun bater constante das ás. Os dous sexos teñen unha aparencia semellante. Son animais activos e ruidosos, de reclamos sonoros e con tendencia a pousarse en puntos prominentes. Aliméntanse principalmente en medios abertos, onde andan e corren con facilidade. Durante a primavera e o verán son aves principalmente insectívoras que frecuentan o gando, mentres que no inverno forman grandes bandadas e son fundamentalmente fruxívoras. Aniñan en buracos, en moitos casos, de edificios de ambientes rurais. Existen 92 especies: 22 do xénero Aplonis, 4 do xénero Basilornis, 3 do xénero Cinnyricinclus, 2 do xénero Cosmopsarus, 1 do xénero Creatophora, 1 do xénero Enodes, 1 do xénero Grafisia, 17 do xénero Lamprotornis, 1 do xénero Neocichla, 10 do xénero Onychognathus, 3 do...

    2. Ave, de 21 cm de lonxitude, de plumaxe negra e patas rosas. É unha especie zoófaga durante a primavera e o verán, estacións nas que se alimenta de escaravellos, eirugas e saltóns; e fitófaga no outono e inverno, cunha alimentación baseada en sementes de poáceas e fabáceas, uvas e landras. Distribúese polo N de África, nalgunhas illas mediterráneas occidentais e na Península Ibérica, onde ten as súas máximas densidades nas devesas e onde experimentou, a finais do s XX, unha expansión cara ao N a partir da metade sudoccidental peninsular. Aparece ligada ás áreas agrícolas e cría en gretas de edificios e nos niños desocupados doutras aves, como petos, andoriñas dos ribeiros e cegoñas.

    3. Ave, de 21 cm de lonxitude, coas patas de cor castaña arrubiada e plumaxe negra bronceada con pintas brancas, especialmente no inverno. Presenta unha distribución paleártica occidental e colonizou a finais do s XX a Península Ibérica, penetrou polo País Vasco e Catalunya, e acadou Asturias e o delta do Ebro. A poboación cantábrica habita campiñas arboradas con pasteiros e cultivos, e fai o niño en buracos de carballos, mentres que a poboación catalá prefire paisaxes agrícolas e fai o niño en buracos de edificios. As poboacións ibéricas son sedentarias e a estas aves súmaselles gran número de invernantes do resto de Europa, sobre todo en zonas de oliveiras onde se alimentan principalmente do seu froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar espirros.

    VER O DETALLE DO TERMO