"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Empresa tabaqueira que Philip Morris fundou en Londres en 1847. En 1902 trasladouse a Nova York e, en 1919, pasou a denominarse Philip Morris & Co. En 1954 diversificou as súas actividades e creou Philip Morris International e, en 1985, constituíu o holding Altria Group Inc, formado en 2003 polas empresas Philip Morris International, Philip Morris USA, Philip Morris Capital Corporation, Kraft Foods e Nabisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico musical francés. Coñecido tamén como Philippus De Vitriaco, estudou na Sorbonne. Posteriormente exerceu como secretario do Rei Carlos IV e encargouse de diversas misións diplomáticas e políticas. É autor de teorías sobre música medida e de leis do contrapunto que deron coherencia ao movemento denominado ars nova. Deixou unha ducia de motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante e escritor. Formouse na Escola Náutica da Coruña. Especializado na investigación sobre a identidade e a orixe de Cristovo Colón, sobre este tema publicou diversos artigos en Faro de Vigo e na revista Cristóbal Colón, así como o libro La identidad de Colón (1991), en que expuxo a súa tese da orixe galega do navegante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe de Vitry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo electrónico holandés creado a partir da fábrica de lámpadas incandescentes fundada por Gerard Philips, construída en Eindhoven en 1891. En España actúa a través de Philips Ibérica SA, creada en 1926 en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petroleira estadounidense, con sede en Bartlesville (Oklahoma), fundada en 1917. Desenvolve unha importante actividade no campo da petroquímica e das fibras sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de moda infantil fundada en Vigo en 1963. Comezou coa fabricación de pezas de punto para bebé, ata que coa súa expansión, elaborou coleccións para nenos (0-14 anos), embarazadas, complementos e artigos de cosmética, puericultura e decoración. A distribución dos seus produtos realízase a través de tendas propias (a primeira inaugurouse en 1991), franquicias e boutiques multimarcas. O seu volume de exportación internacional abarca máis de vinte países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Polonia, afluente pola esquerda do Vístula (324 km). Nace no Jura de Cracovia, ao SO do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Larva ciliada dos nemertinos. Ten aspecto de casco cónico revestido de cilios e provisto na base de dous lóbulos simétricos en forma de orella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten pelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína especial e antixénica, que é o elemento constituínte das fibras ou pelos sexuais dalgunhas bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado en historia da arte na Universidade de Budapest, a súa obra caracterizouse polo seu catolicismo profundo e antifascista. Relacionado coa obra de G. Marcel, E. Mounier e S. Weil, da súa produción destaca Trapéz és Korlát (Trapecio e Barras, 1946), Rekviem (Réquiem, 1964) e Bevszelgetések Sheryl Suttonnal (Conversas con Sheryl Sutton, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catión aromático heterocíclico derivado formalmente do pirano por oxidación. Forma sales estables cos ácidos minerais, algúns dos cales, especialmente os cloruros, se atopan na natureza como constituíntes das antocianinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato hidratado de aluminio, de fórmula Al2Si4O10(OH)2, que cristaliza no sistema monoclínico. Desde un punto de vista estrutural, pertence ao grupo dos filosilicatos. É de cor branca ou amarela clara, a miúdo tinguida de vermello ou marrón por óxidos de ferro. Nas superficies de exfoliación presenta un brillo perlado, aínda que no resto é mate. Atópase en cantidades importantes en Piedmont (EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anión de fórmula Si2O76-, que forma parte dos silicatos discretos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explosivo de nitrocelulosa que contén entre un 10,8 e un 12% de nitróxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concilio celebrado en Pisa (1409), convocado polos cardeais como reacción ao Concilio de Perpignan, celebrado en 1408. Nel foron depostos Benedito XIII e Gregorio XII, ao tempo que se elixía como papa a Alexandre V. A embaixada de Benedito XIII, enviada para negociar o seu recoñecemento, non obtivo resultado. Adheríronse ao concilio Francia, Navarra, Milán e parte de Alemaña, entre outros, que aceptaron o novo papa. A partir deste momento, a cristiandade quedou dividida en tres obediencias: Roma, Aviñón e Pisa.

    VER O DETALLE DO TERMO