"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Revista de carácter vangardista editada en Santiago de Compostela a partir de 1986. Coordinada por José A. Alonso, Suso Iglesias, Pepe Barro e Lois Rodríguez, recibiu o apoio da Xunta de Galicia e da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Prestaba unha especial atención á fotografía e á pintura, e incluíu artigos relacionados co vídeo e a música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illote da ría de Arousa situado ao S da Illa de Arousa, na parroquia e concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide o tronco ou o talo dunha planta.

    2. Punta ou dente en que rematan as forcanzas ou calquera outra ferramenta.

    3. Rama en forma de forqueta que ten diversos usos agrícolas.

    4. ara longa que remata en dous ganchos que se emprega para suxeitar, coller ou colgar e descolgar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo galla.

    2. Individuo pertencente ao pobo galla.

    3. Pobo etíope que habita no macizo central de Etiopia. Na Antigüidade eran pastores nómades pero adoptaron unha forma de vida sedentaria e a súa economía baseouse na agricultura. A súa relixión, que deriva do cristianismo, mestura elementos musulmáns e ritos pagáns.

    4. Lingua do grupo oriental das linguas cuxitas que fala o pobo galla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra da Pena Forcada que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Traba (Laxe) e Calo (Vimianzo). O seu cumio acada os 273 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. galladura.

    2. Lugar onde se bifurca un camiño.

    3. galletada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un ou máis gallos ou gallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do tronco dunha árbore onde se dividen as ramas.

    2. Bifurcación dunha rama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada por Ediciós do Castro en Santiago de Compostela a partir de 1975. Subtitulouse “Publicación del departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela”. Posteriormente, levou por subtítulo “Departamento de Historia I da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela”. Dirixiuna inicialmente Carlos Alonso del Real. Na edición de 2001, o seu consello de redacción estaba formado por Fernando Acuña, Raquel Casal, José M. Vázquez, Antón A. Rodríguez, Felipe Criado, José C. Bermejo, Marco V. García e Miguel Romaní. Incluíu artigos e traballos de investigación relacionados coa arqueoloxía, a prehistoria, a arquitectura, a historia, a artesanía e a antropoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade xeográfica definida dende o Alto Imperio Romano e integrada polos conventos xurídicos Astur e Bracarense. A orixe do termo está vinculada segundo algúns autores aos galaici, un pobo que habitaría ao N do Douro, e que, a partir das campañas de Décimo Xunio Bruto (137 a C), Craso (96 a C- 94 a C), Perpena (74 a C) e Xulio César (61 a C - 60 a C), se estendería e pasaría a designar a rexión que comprendía todo o NO da Península Ibérica, habitada por un conxunto de pobos dotados de trazos comúns. Ata as campañas de Augusto, no contexto das Guerras Cántabras (29 a C-19 a C), a conquista da Gallaecia non foi definitiva. O gran despregamento militar romano permite supoñer unha dura resistencia dos pobos indíxenas en conxunto, ou dalgúns dos populi en particular. Trala conquista emprendeuse a organización do territorio, que se articulou ao redor de tres novas cidades: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo). No s I produciuse a constitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro moi forte e agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partir a rama dunha árbore.

    2. Saírlle gallas a unha árbore.

    3. Separarse unha cousa en dúas ou máis partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de letra que corresponde ao corpo 8.

    2. Danza ternaria de movemento vivo que probablemente apareceu en Lombardia a finais do s XV co nome de gagliarda. Sobreviviu durante o s XVII, pero no seu estilo serodio apareceu cun ritmo máis lento e comezou a utilizarse en obras musicais de diferentes xéneros vocais e instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda estreita de xénero, terminada en punta, que se iza como bandeira, tendo variada significación segundo as súas cores ou debuxos. Normalmente, colócase nos paos dos barcos e serve como identificación dunha institución ou autoridade ou como simple ornamento noutros lugares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de gallardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é elegante e esvelto.

    2. Que actúa con valor e sen medo.

    3. Aplícase ao boi ou á vaca que ten os cornos grandes e abertos.

    4. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘dereito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e guionista. Desde o final da Guerra Civil traballou na radio (Radio Nacional e Radio Madrid, fundamentalmente); máis adiante colaborou con TVE na preparación de guións para programas moi diferentes. Tamén cultivou diversos campos literarios, como a novela, os contos e o teatro. O seu labor de guionista desenvolveuse principalmente nos anos cincuenta e sesenta, e traballou con Luis Lucas. O seu traballo centrouse en películas de xénero e grande éxito popular no momento como o folclore, o musical, as aventuras, as películas con neno, a comedia, o melodrama ou as obras de ambientación histórica. Igualmente, traballou con moitos dos considerados directores artesáns do cine español (Elorrieta, Setó, Iguino, Lorente, Cahen). O seu traballo, xunto co de Lucas, respondeu a unha estrutura industrial de tipo menor, como era a española da época, pero na que era fundamental a versatilidade e resposta aos códigos consagrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito. Estivo en prisión e viviu no exilio debido á súa actividade política como liberal. Das súas obras, que critican os preceptos neoclásicos e basean a literatura en fundamentos historicistas, destacan Dicionario criticoburlesco (1811), Letras de cambio a los mercachifles literarios (1834) e Ensayo de una biblioteca española de libros raros y curiosos (1863-1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. As súas historietas e ilustracións foron publicadas en diferentes revistas, entre outras, La Víbora, da que foi un dos seus fundadores en 1979. Creou, entre outros, o personaxe Makoki con J. Mediavilla e en 1982 unha revista co mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa de dirección SO-NL que serve de límite ás parroquias de Barcela e San Pedro de Ernes (Negueira de Muñiz) cos municipios de Ibias e Allande (Principado de Asturias). Culmina nos 1.286 m do Busbeirón, entre Barcela e Ibias.

    VER O DETALLE DO TERMO