"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Que está dividido en tres partes.
-
Que está formado ou feito pola asociación de tres elementos ou partes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado militar asinado en Berlín o 27 de setembro de 1940 por Alemaña, Italia e Xapón, polo cal se comprometían a axudarse mutuamente para conseguir os espazos vitais mínimos necesarios e crear unha orde nova, repartindo as respectivas zonas de influencia. En novembro daquel mesmo ano adheríronse Hungría, Romanía e Eslovaquia, e en marzo de 1941 Bulgaria e Iugoslavia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido esencial, derivado do indol, que é precursor do ácido nicotínico cuxa deficiencia provoca a pelagra. Emprégase en medicina e como complemento da nutrición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe e rei de Eleusis, fillo de Céleo e Metanira, e irmán de Demofonte. Deméter deulle un carro tirado por dragóns alados co que lle aprendeu a labrar a terra e sementar o trigo. Logo da morte converteuse en xuíz dos mortos nos infernos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial creada en 1994 en Lugo. Fundada e dirixida por Carlos Coira Nieto, Jorge Coira Nieto, José A. Coira Nieto, Rosa Suárez López, Lucía González Alar, Marta Cuba Alonso e Santiago Martínez, conta coas seguintes coleccións: “Tris Tram Relatos”, “Tris Tram Teatro”, “Imaxe Escrita”, “Tris Tram Poesía”, “Tris Tram Infantil” e “Grammaton”.
-
-
Que divide en tres partes iguais.
-
Instrumento que se emprega para facer a trisección dun ángulo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión posterior en que se divide o cerebro dos artrópodos que consta dun par de ganglios unidos. Innerva certas antenas e quelíceros e orixina un sistema nervioso visceral.
-
-
-
Nome dado na mitoloxía grega a diversos seres míticos, con busto de home e o resto do corpo de peixe, que constitúen o séquito de Poseidón.
-
Figura imaxinaria metade home, metade peixe. Na heráldica represéntase con morrión, espada ou sabre na destra e escudo na sinistra.
-
-
limpafontes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Núcleo dun átomo de tritio, que contén dous neutróns e un protón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro satélite de Neptuno, descuberto por W. Lassell o 10 de outubro de 1846. A súa distancia media ao centro de Neptuno é de 354.000 km e a órbita é practicamente circular. O período de rotación sideral é de 5 días, 21 h, 2’ e 38’’, e o seu movemento é retrógrado. Ten un diámetro de case 3.000 km, unha masa 1,8 veces a masa da Lúa, unha densidade moi elevada e unha temperatura superficial moi baixa (28 K). Cando Neptuno está en oposición, obsérvase Tritón como un astro de magnitude 13,6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade mariña, fillo de Poseidón e de Anfitrite. Crese que participou na expedición dos argonautas e que deu nome a unha serie de seres mariños, os tritóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de fonemas vocálicos que se forma cando dúas vogais átonas pechadas (i, u), nas súas realizacións de semivogais ou semiconsoantes [j], [w], se unen a unha vogal media (e, o) ou aberta (a), que van no centro do tritongo e sobre as que pode ou non recaer o acento de intensidade. O esquema xeral do tritongo é semiconsoante + vogal + semivogal e en galego, aínda que son pouco frecuentes, atópanse as secuencias uei (mingüei), iei (cambiei), uai (Uruguai), iai (sociais) e iou (ensaiou).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo de tres tons enteiros que forman unha cuarta aumentada. O seu uso, coñecido co nome de diabolus in música aplícase indistintamente ao intervalo e á súa inversión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles, especialmente deportivos. Fundada en 1923, foi absorbida pola Standard Motor Limited en 1945. Despois da absorción da Standard pola Leyland Motor Corporation e da desaparición daquela como marca, Triumph continuou a fabricación.
-
-
Alianza que na antiga Roma estaba formada por tres triúnviros. Durante a República formáronse dous triunviratos. O primeiro triunvirato foi unha coalición política privada, establecida o 60 a C entre Cneo Pompeo, César e Craso, que se comprometeron a mancomunar esforzos e influencias para satisfacer as súas ambicións. Desaparecido Craso estalou entre César e Pompeo a guerra civil, gañada por César. O segundo triunvirato formárono Octavio, Antonio e Lépido no 43 a C. Esta vez tratábase dunha nova maxistratura colexiada con poderes ilimitados. Os seus membros entraron axiña en conflito: excluído Lépido da alianza, Octavio resolveuno desfacéndose de Antonio en Accium (31 a C).
-
Conxunto de tres persoas que gobernan unha institución ou que exercen unha función calquera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice que puido estar situado na Pobra de Trives, que se menciona nun documento de doazón do ano 963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Vedra. En 1107 a infanta Urraca doouno á Igrexa compostelá con todas as posesións aínda que se reservou o usufruto das súas propiedades mentres vivise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
trofoblasto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa externa do embrión dos mamíferos a partir da que se forma a placenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esporozoo no seu primeiro período de vida dentro dunha célula e que está nutrido pola mesma célula.