"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Artista de circo ruso. Comezou a súa carreira como trapecista e destacou como pallaso. Vinculado aos movementos vangardistas, colaborou con V. V. Majakovskij e Meyerhold. Tamén traballou moi activamente co movemento teatral proletario, realizando diversas pantomimas de carácter satírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local situado nos arrabaldos das cidades, nos aeroportos, ou noutros lugares, onde se reclúe á xente en corentena ou se realizan controis sanitarios para evitar epidemias.

    2. Hospital en que se atenden leprosos.

    3. Hospital en que se tratan enfermidades moi contaxiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra atribuída a Carlos Calixto Bustamante, coñecido como Concolorcorvo. Algunhas investigacións modernas sinalan que foi publicada en Lima e que o autor real é un aventureiro castelán. A obra, concibida como un manual para viaxeiros, presenta as características da novela picaresca e describe unha viaxe entre Bos Aires e Lima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela anónima en castelán titulada orixinalmente Vida del Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, escrita entre 1526 e 1535, e editada ao redor de 1554. Atribuíuselle a diversos autores, como Diego Hurtado de Mendoza, Lope de Rueda ou Sebastián de Horozco, aínda que, segundo os últimos estudios, podería corresponder a Alfonso de Valdés. Considerada o arquetipo da novela picaresca, está dividida en sete capítulos e redactada en primeira persoa cunha linguaxe sinxela. O seu protagonista, un neno de baixa clase social, descúbrelle ao lector, a través da súa relación con diversos amos, un mundo cheo de mesquindade e cobiza, onde domina a aparencia, a corrupción do clero e a fame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da Congregación da Misión ou Paúl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe na palabra aramea La’zar ‘Deus veu axudar’ que é unha das palabras que se conservan sen traducir ao hebreo (a forma hebrea sería Eleazar) no orixinal do Novo Testamento. A forma aramea chegou a partir do grego Lázaros, pero a través do latín Lazarus. Nos Evanxeos hai dous Lázaros: o pobre da parábola de Xesús Cristo, que se poñía na porta do rico Epulón para matar a fame coas faragullas que caían da mesa, e Lázaro de Betania, irmán de Marta e María, amigo de Xesús Cristo, a quen este resucitou despois de tres días de morto e enterrado. Hai outro san Lázaro (s V) que foi bispo de Milán e un santuario dedicado a san Lázaro en Santiago de Compostela, no Camiño Francés. Na iconografía aparece na escena da súa resurrección, envolto nun sudario saíndo da tumba e, a partir da época medieval, represéntase como bispo ou vestindo túnica curta, que leva como atributos un pequeno cadaleito e un bordón de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e crítico literario. Foi catedrático de Lingua Castelá na Universidad Autónoma de Madrid. Publicou numerosos estudios lingüísticos e literarios, entre os que cómpre destacar Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII (1949), Lope de Vega. Introdución a su vida y a su obra (1966), Lazarillo de Tormes en la picaresca (1972), Estudios de poética (1976), Estudios de lingüística (1980) e Dicionario de términos filológicos (1963). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1972 e director (1991-1998). Foi o coordinador de La cultura del libro (1983 e 1988) e durante a década de 1990 publicou De poética y poéticas (1990) e El dardo en la palabra (1997, Premio don Juan de Borbón). En 2003 publicou El nuevo dardo en la palabra. Foi distinguido como Comandeur dans l´Ordre des Arts et de Lettres de Francia e recibiu, ademais, a Creu de Sant Jordi e o Premio Aragón de las Letras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe evanxélico, irmán de Marta e María e amigo de Xesús Cristo. Como di o Evanxeo segundo San Xoán foi resucitado por Xesús Cristo despois de tres días morto e enterrado. A súa festividade celébrase o 17 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, publicista, marchante e coleccionista de arte. Estableceuse en Madrid, onde comezou a intervir en negocios de compravenda de obras de arte. Fundou as revistas La España Moderna, Revista Internacional e La Nueva Ciencia Jurídica. Trala proclamación da Segunda República foise a París e despois a Nova York. Volveu a Madrid na posguerra e reuniu as súas obras de arte no seu palacete de Parque Florido, coas que se creou o Museo Lázaro Galdiano, inaugurado en 1951 e dependente da Fundación Lázaro Galdiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador de diversos periódicos en La Habana, como Diario de la Marina e Diario Español, en 1923 estableceuse en Madrid. Na capital escribiu diversos artigos para destacadas revistas, como Blanco y Negro. Das súas obras destacan os libros de poemas Confesión (1927), Antología poética (1940) e Canción de Martí (1953), a Biografía de Jacinto Benavente (1930) e os dramas El circo de la verbena (1933) e La casada sin marido (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa moi pobre e mal vestida.

    2.   Persoa enferma co corpo cuberto de pústulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela. Exerceu na catedral de Mondoñedo, desde 1777 ata 1780, en que se trasladou a Oviedo. Xunto a Roel del Río e Almeida Mota, fixo posible o cambio de estética musical na catedral mindoniense. A súa escasa obra (consérvanse trece pezas) posúe as características do clasicismo. Os estudiosos Joam Trillo Pérez e Carlos Villanueva Abelairas compararon o seu estilo co de Melchor López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Especializouse na metodoloxía das ciencias sociais, na combinación dos métodos cualitativo e estatístico da análise e na definición da estrutura latente da poboación. Escribiu The People’s Choice: How the Voter Makes up his Mind in a Presidential Campaing (1944) e Qualitative Analysis and Critical Essays (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico cinematográfico. Desenvolveu un importante labor no cineclub de Pontevedra. Participou nun proceso impulsado polo Director Xeral de Cinematografía, García Escudero, encamiñado a constituír a Federación Nacional de Cine-Clubs. Promoveu, en 1967, desde o cineclub de Pontevedra, e coa colaboración do Ateneo pontevedrés, a “Semana de estudios del nuevo cine español”, que contou co apoio oficial e coa presenza de representantes dos diversos estamentos da industria cinematográfica: profesionais, alumnos da EOC, críticos e, por suposto, cineclubs. Durante a súa xestión, o cineclub de Pontevedra foi o primeiro en Galicia, durante o período franquista, en crear unha biblioteca especializada e en introducir o programa de man que informaba e comentaba cada sesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no val do río Oria (4.920 h [2001]). É unha zona rica en bosques, cunha certa presenza de actividades gandeiras e agrícolas. Predomina a industria da construción e da siderurxia. Foi un dos municipios fundadores da Alcaldía Mayor de Areria, cara a 1460, xunto con Arriarán, Itsaso e Olaberría. O palacio de Lazkao do s XVII foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atadura feita cun nó corredío que se pode desfacer con facilidade ao tirar dun dos cabos.

    2. Atadura que se fai cunha fita, un cordón ou similar como adorno para suxeitar unha cousa con outra.

    3. Fita que se utiliza para facer lazadas ou adornos.

    4. Cada un dos debuxos que nunha lacería se repiten sen solución de continuidade.

    5. Corda cun nó corredío que se utiliza para cazar animais.

    6. Rede ou aramado para cazar coellos.

    7. Relación ou nexo entre persoas ou cousas.

    8. Cada unha das cordas representativas dunha pasada que se tecen no aparello de ler os debuxos jacquard para pasalos a debuxos de cartón.

    9. Adorno do escudo que se representa cun cordón entrelazado e coas extemidades atravesando o centro do escudo, saíndo pola súa punta, unha polo lado dereito e outra polo esquerdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de xeo que se forma na superficie dun líquido a causa das baixas temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato básico de aluminio, ferro e magnesio, de fórmula (FeMg)Al2(PO4OH)2. Pertence ao grupo dos fosfatos e cristaliza no sistema monoclínico. É de cor azul e ten brillo vítreo. Ten unha dureza de 5,5 a 6 e unha densidade de 3,77-3,78.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de sodio, aluminio e xofre, de fórmula Na4SSi3Al3O12. Pertence á subclase dos tectosilicatos e é un dos constituíntes do lapislázuli. Ten unha cor azul escura intensa non uniforme e láminas finas traslúcidas. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,38-2,45. Emprégase desde a Antigüidade en ornamentación.

    VER O DETALLE DO TERMO