"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Político e militar hondureño. Ministro da Guerra e vicepresidente da República en 1891, foi Presidente do país entre os períodos 1903-1907, 1912 e 1913, nos que impuxo un goberno ditatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político hondureño. Xefe do partido liberal, foi Presidente da República entre 1894 e 1898. No seu mandato, Honduras, El Salvador e Nicaragua constituíron a República Mayor de Centroamérica (1895), que se disolveu en pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do río Córcoles, no Campo de Montiel (3.333 h [1996]). A súa economía é de base agropecuaria, destacando a produción cerealística e a gandería bovina de orientación leiteira. Na igrexa parroquial renacentista consérvase un cadro do Greco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas volcánicas do Océano Pacífico, pertencentes a Xapón, ao SL de Kyushu (132 km2). Están divididas nos grupos Muko, Chichi e Haha. Ao L do arquipélago está a fosa das illas Bonin, que ten unha profundidade de 10.347 m. As illas foron descubertas en 1543 polos españois, sendo despois anexionadas por Xapón en 1880. Foron ocupadas por tropas norteamericanas en 1945 e restituídas a Xapón en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, astrólogo e historiador. É autor de poemas, de diversos escritos astrolóxicos como De rebus coelestibus (Sobre as cousas celestiais), dun Chronicon (do 903 ao 1458) e dunha historia dos reis de Nápoles e de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. En 1819 marchou a París onde estudiou na École de Beux Arts, posteriormente foi discípulo do barón Gros e amigo de Eugène Delacroix. O seu prestixio como paisaxista conseguiuno no Salón de 1822 e no chamado Salón Inglés de 1824. Pintou paisaxes (Praza de San Marcos) e escenas históricas (Francisco I e a Raíña de Navarra) e orientais. Tivo unha grande influencia sobre a pintura inglesa e francesa. Foi un grande acuarelista (Rouen); os seus óleos preludiaron o Impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política italiana. Deputada do Parlamento europeo. Empezou na política nos anos setenta coa fundación do Centro de Información, Esterilización e Aborto (CISA) en 1975. Entre 1976 e 1994 foi deputada do Parlamento italiano, ocupando a presidencia do grupo parlamentario radical. En 1979, ademais, foi elixida membro do Parlamento europeo. Participou en diferentes campañas de promoción dos dereitos humanos, civís e políticos e, en 1981, foi membro fundador e secretaria da asociación Food and Disarment International. Está adscrita ao grupo técnico de deputados independentes -grupo mixto do Parlamento Europeo- e á comisión de Asuntos Exteriores, Dereitos Humanos, Seguridade Común e Política de Defensa. Pertence á asemblea paritaria do convenio concertado entre os estados de África, do Caribe, do Pacífico e da Unión Europea (ACP-UE). Foi secretaria do Partito Radicale (1993-1994). En 1999 recibiu o Premio ONU polo seu traballo na defensa dos dereitos humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Topónimo antigo de difícil identificación que fai referencia a unha localidade prerromana situada entre Tude e Turaqua. Aparece mencionada no Anónimo de Ravenna e na Táboa de Peutinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación dedicada á pesca do bonito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe de corpo fusiforme de ata 85 cm de lonxitude, co dorso de cor azul escura con bandas oblicuas, que diminúe en intensidade nos lados, e coa parte ventral branca. Presenta a liña lateral claramente ondulada, o pedúnculo caudal estreito e de 7 a 10 entre a segunda aleta dorsal e a caudal, e tamén entre esta e a aleta anal. Viven preferentemente nas costas tropicais e temperadas do Atlántico e no Mediterráneo, en fondos de 200-250 m, onde se alimenta de grandes crustáceos, larvas e crías de clupeidos. A súa carne é moi saborosa e máis branca ca a do atún. Prepárase do mesmo xeito ca este: á grella, con tomate, en escabeche, encebolado e ao forno. No País Vasco é ingrediente principal dalgúns dos pratos máis representativos da súa cociña: o marmitako (guiso de bonito con patacas, allos, cebola, pementón e chile) e a ventresca (bonito cocido aderezado con aceite de oliva).

    2. atún branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que agrada aos sentidos ou intelectualmente debido á harmonía ou á perfección estética que presenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador de arte italiano. Licenciado en Dereito e Filosofía. Formou parte do Grupo 63, coñecido como teórico da chamada transvangarda italiana. Publicou numerosas obras, entre as que destacan O territorio máxico (1971), Superarte (1982), The international trans-avantgarde (A transvangarda internacional, 1982), A arte contra o 2000 (1992) e Ben Jakober-Yannink Un (1996). Foi comisario da Bienal de Venecia de 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é bonito. Na tradición rexístranse ditos como: “A bonitura acábase na sepultura. A bonitura cómea a terra na sepultura”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na beira esquerda do Rin (304.841 h [1998]). Esténdese sobre os outeiros que constitúen o extremo do Macizo Xistoso Renano. O crecemento que experimentou debeuse á súa conversión en capital da República Federal de Alemaña (RFA) despois da Segunda Guerra Mundial; para acoller as funcións capitalinas edificouse un barrio de ministerios e oficinas públicas ao redor do palacio federal, sede do Bundestag (parlamento federal), situado ao S da cidade e á beira do Rin. A maior parte das representacións diplomáticas estranxeiras, así como os altos funcionarios dos organismos da administración, tiñan a súa sede na veciña cidade de Bad Godesberg. A súa actividade industrial ten pouca importancia, aínda que Bonn forma parte dunha das dúas áreas alemanas de concentración da industria téxtil: a que abrangue desde Bonn-Düren-Aquisgrán ata Bielefeld-Münster-Osnabrück, con centro en Krefeld. Ten tamén industria metalúrxica, fábricas de máquinas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo sardo anterior á cultura nuráxica con presenza campaniforme, poboados temporais e armas de pedra e metal. Era unha sociedade de guerreiros pastores seminómades. A datación dos seus restos sitúa a actividade deste grupo ao redor do 1700-1550 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Foi ministro de Educación Nacional do goberno de Vichy (1940). É autor dos ensaios L’enfance (A infancia, 1927) e L’amitié (A amizade, 1929), e de dous volumes sobre viaxes a China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo francés. En 1888 instalouse en París onde estudiou na Académie Julian; alí coñeceu a Denis, Sérusier, e outros con quen constituíu o grupo dos nabis (1889). Na École de Beaux Arts coñeceu a Vuillard. Expuxo no Salon des Indépendants dende 1891 e foi un dos organizadores do Salon d’Automne (1903). Inicialmente cultivou o Impresionismo (Moulin Rouge) para despois decantarse por escenas máis íntimas e pola representación de naturezas mortas, de interiores con vistas, paisaxes e nus femininos. Ilustrou obras de Verlaine, Longus, Octave Mirbeau e André Gide. A súa obra é independente das escolas pitóricas do seu tempo. En 1940 foi elixido membro da Royal Academy. Da súa produción salienta Comedor e Retrato de Ambroise Vollard (1920),   La toilette (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor francés. Foi un dos representantes do academicismo oficial, díscipulo de Federico Madrazo e de Cogniet. Auténtico ditador das artes, impediu que o estado francés aceptase o legado da obra de Toulouse-Lautrec. Foi un bo retratista (Victor Hugo e Renan). Doou a súa colección de arte á súa cidade natal, onde se creou o Museo Bonnat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor anónimo da escola gótica aragonesa. O seu estilo derivaba do de Jaume Huguet. Realizou o retablo de san Martín conservado no museo Bonnat (Baiona, Francia) de onde procede o seu nome. Atribúeselle unha predela con escenas da Paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. A súa poesía é un intento de ruptura coa tradición superrealista. Publicou Du mouvement de l’immobilité de Douve (Sobre o movemento da inmobilidade de Douve, 1953), Pierre écrite (Pedra escrita, 1959), Entretiens sur la poésie (Entretementos sobre a poesía, 1990) e Début et fin de la neige (Inicio e fin da nevada, 1991). Cultivou tamén o ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO