"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Transformación dun líquido en sólido como consecuencia da diminución da temperatura.
-
Proceso de conservación de alimentos co que se consegue a inhibición do desenvolvemento microbiano e das reaccións enzimáticas e químicas con temperaturas de -18°C ou inferiores. Os produtos alimentarios conteñen unha gran cantidade de auga e cantidades variables de substancias inorgánicas e orgánicas en solución, e de moléculas máis complexas en suspensión coloidal, de xeito que a temperatura de conxelación varía en función da súa composición. A velocidade do proceso debe ser moi rápida para evitar a formación de cristais grandes que lesionen as paredes celulares, modifiquen a textura do produto e a desnaturalización das proteínas. A conxelación por aire arrefriado é o método máis antigo e comezou a empregarse en 1861. Unha mellora destacable foi a conxelación por aire en movemento. Posteriormente, utilizouse a conxelación por contacto indirecto cun fluído refrixerante. O avance máis moderno en conxelación consiste na inmersión directa do produto, envasado ou non, no líquido refrixerante....
-
Proceso e técnicas de conservación de células e tecidos orgánicos, propios da criobioloxía.
-
Lesión producida pola acción do frío sobre o organismo. Está favorecida por causas de tipo ambiental, como a neve, o vento ou a humidade, ou orgánicas, como o etilismo agudo, a desnutrición ou o choque. A acción do frío intenso pode orixinar lesións locais ou ben un cadro de hipotermia, denominado síndrome xeral de conxelación. As lesións locais pódense clasificar en conxelacións de primeiro grao, caracterizadas por unha vasoconstrición sen dor seguida dunha vasodilatación con proído; de segundo grao, caracterizadas pola formación de vexigas e edemas; e de terceiro grao, caracterizadas pola aparición de gangrena como consecuencia dunha parálise vascular persistente e dun estancamento do sangue. A síndrome xeral de conxelación presenta síntomas como a adinamia, a somnolencia, a bradicardia ou o estupor, e pode chegar a provocar a morte do enfermo.
-
Medida conxuntural de política económica decretada oficialmente para combater tendencias fortemente inflacionistas. Consiste en equilibrar de novo a relación aforro-investimento para promover unha política de austeridade e conseguir un incremento na produtividade. A conxelación salarial concrétase en porcentaxes máximas de aumento, decretadas oficialmente para un período determinado. Consiste en manter inalterable o custo de determinados produtos e prohibir a súa suba, como, por exemplo, manter os prezos dos alugueres. Esta medida debe acompañarse dun intervencionismo do Estado e vai á par dunha moderación no Índice de Prezos ao Consumo (IPC). A conxelación de créditos, realizada a través do Banco Central ou cunha actuación directa sobre os bancos particulares, fixa o tipo de interese e os volumes máximos de crédito.
-
Procedemento fotográfico que consiste en seleccionar unha velocidade de obturación alta para que os suxeitos que se movan rapidamente aparezan na imaxe en posición estática.
-
-
-
Acción e efecto de conxugar ou conxugarse.
-
Ordenación dun sistema de paradigmas na que se expresan todos os morfemas gramaticais do verbo: a voz, o tempo, o aspecto, o modo, o número e a persoa. Cada verbo, ao ser flexionado, ordénase nun paradigma determinado, que adoita corresponderse co doutros verbos que presentan unha coincidencia na súa flexión; como resultado diso establécese un criterio que diferencia as distintas conxugacións. En galego, igual ca noutras linguas románicas (o portugués, o catalán e o castelán), os verbos ordénanse en tres paradigmas de conxugación: a primeira (IC) inclúe os verbos que presentan a terminación -ar no infinitivo ( andar); a segunda (IIC), a terminación -er ( varrer); e a terceira (IIIC), a terminación -ir ( partir). Estes paradigmas, denominados regulares, tamén poden presentar algunha variación ortográfica ( brincar, abranguer, traducir) ou alternancia vocálica ( ...
-
-
Unión dos gametos, especialmente na isogamia.
-
Proceso particular de reprodución sexual dos cilióforos, onde intercambian material cromatínico con modificacións nucleares que conducen a unha división binaria.
-
Tipo de reprodución sexual que se produce nalgunhas algas e que consiste na unión de dous acinetos.
-
Mecanismo de intercambio xénico, propio das bacterias, que consiste no establecemento de pontes citoplasmáticas a través do pelo sexual pola que se transmiten plásmidos dunha célula a outra; nalgúns casos, estes plásmidos levan unidos fragmentos do cromosoma da célula doadora.
-
-
Operación que fai corresponder a toda partícula fundamental a súa antipartícula (é dicir, que cambia os signos de todas as cargas) e, por extensión, o operador que realiza esta acción.
-
Utilización de fenómenos de óptica non lineal para inverter unha onda luminosa de xeito que a onda de retorno percorra exactamente a traxectoria da onda incidente. Os dispositivos capaces de producila denomínanse espellos conxugadores de fase. O fenómeno coñécese tamén como reflexión de inversión temporal ou inversión das frontes de onda e, no contexto da óptica da reflexión, como inversión temporal. Esta conxunción descubriuna en 1972 Boris Ya. Zel’dovic, do Instituto Lebedev de Moscova.
-
-
-
Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.
-
Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas cláusulas (
-
Posición relativa de dous astros cando teñen a mesma ascensión recta. Os planetas interiores poden estar, respecto ao Sol, en conxunción inferior (Sol, planeta, Terra), e entón están situados no punto máis próximo á Terra; ou en conxunción superior (planeta, Sol, Terra), e neste caso localízanse no punto máis afastado da Terra.
-
Unión de bens mobles, pertencentes a propietarios distintos, que forman unha soa cousa de modo inseparable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á conxunción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
conxura.
-
-
Acción e efecto de cooperar.
-
Colaboración ordenada e orientada á consecución dun fin que xorde da concertación entre os membros dunha colectividade social. Confórmase como a relación existencial básica e necesaria para a vida en sociedade. Os requisitos para a emerxencia dunha relación de cooperación son un sistema de comunicacións, a fixación de obxectivos, a delimitación de normas sociais claramente observadas, a existencia de institucións de control e a seguridade recíproca nas expectativas por parte dos membros da sociedade.
-
Relación temporal entre dous organismos da mesma especie (cooperación intraespecífica) ou de distinta especie (cooperación interespecífica), de xeito que os dous saian beneficiados.
-
Proceso educativo que supón a participación dos elementos implicados tanto na planificación e programación de actividades como na realización e control das mesmas. Dentro da aula, os alumnos participan activamente na definición dos obxectivos e nos procedementos para logralos coa orientación do profesor. A cooperación supón que se divida o traballo e as funcións dentro do grupo. Entre os sistemas educativos baseados na cooperación cómpre destacar o de Roger Cousinet, promotor do traballo en equipo; a Célestin Freinet, que centra a cooperación ao redor dos traballos de imprenta; a escola de Abbotsholme, fundada en Gran Bretaña por Cecil B. Reddie; e a escola Barbiana, establecida en Italia por Lorenzo Milani. No tocante á cooperación internacional, destacan, entre outros, os seguintes organismos internacionais: Organización das Nacións Unidas para a Educación (UNESCO), o Consello de Europa, a Organización de Cooperación e Desenvolvemento Europeo (OCDE) e a Organización Mundial de Educación...
-
Conxunto de accións tendentes a regular as relacións económicas internacionais entre os estados. Fálase de cooperación económica internacional cando as relacións entre os estados se institucionalizan en forma de organizacións económicas internacionais. Entre os organismos internacionais gobernamentais de carácter económico cómpre destacar: BIRD, FMI, GATT, OCDE, OIT e UNCTAD, mentres que a ONU ofrece un marco de cooperación máis xeral. O estadio máis avanzado de cooperación económica internacional corresponde aos fenómenos de integración económica rexional entre diversos países.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de carácter internacional fundada en 1989 por iniciativa de Australia e ao abeiro da Conferencia de Camberra. Ademais de Australia, pertencen a ela Brunei, Chile, Malaisia, Filipinas, Indonesia, Singapur, Tailandia, Nova Zelanda, Xapón, EE UU, Canadá, México, Papua Nova Guinea, Corea do Sur, China, Perú, Rusia e Vietnam. A sede da súa secretaría está en Singapur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional creada por iniciativa de Turquía en 1992. No ano 2001 estaba integrada por Albania, Armenia, Acerbaixán, Bulgaria, Xeorxia, Grecia, Moldavia, Romanía, Rusia e Ucraína.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación da Sociedade San Xoán de Piñeiro, que apareceu en Covelo (Pontevedra) entre os anos 1917 e 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cooperativa escolar que funcionou en San Salvador de Budiño (O Porriño) entre os anos 1932 e 1936 da man do mestre Luís Carragal Peón. Segundo el mesmo recoñece -na memoria redactada en 1940 a propósito da experiencia- a iniciativa inspirouse en tres autores: Joaquín Costa, de quen aprendeu a necesidade de fomentar o amor ás árbores; M. Profit, de quen coñecía o seu libro sobre as cooperativas escolares, La cooperation scholaire Française (A cooperación escolar francesa, 1932); e José López Otero, quen dende a Escola Normal de Mestres de Pontevedra defendeu a necesidade dun ensino agrícola elemental e, sobre todo, a conveniencia de que cada escola dispuxese dun xardín escolar -ideas que chegou a materializar no seu libro Jardines Escolares-. A posta en práctica do pensamento de J. López Otero fixo que, no ano 1935, funcionasen xardíns escolares, polo menos en catro escolas: Fornelos (Salvaterra de Miño), San Salvador de Budiño, Portas e Guillarei. De todas elas, a de San...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cooptar.
-
-
Acción e efecto de coordinar.
-
Construción que se obtén ao unir, de forma concatenada, dous ou máis elementos dun mesmo nivel gramatical, de forma que a construción resultante sexa do mesmo nivel ca os elementos iniciais e ningún destes elementos predomine sobre os outros. Os elementos así relacionados denomínanse coordinados e a conxunción que serve de enlace, coordinante. Gramaticalmente, os elementos coordinados poden ir xustapostos ou unidos por conxuncións coordinadas. O primeiro caso, a xustaposición, caracterízase pola ausencia de coordinante (
-
-
Formación dun enlace químico entre un elemento, un ión ou un composto de natureza electrófila (receptor de parellas de electróns, a causa, por exemplo, de conter orbitais de valencia vacantes) e un ión ou molécula nucleófila (doador de parellas electrónicas). Segundo a teoría electrónica da valencia, o enlace coordinado diferénciase do covalente normal só no feito de que os dous electróns que o constitúen proceden unicamente dun dos dous átomos que se enlazan. Malia iso, a interpretación teórica desta unión, ou coordinación, non chegou a ser satisfactoria ata o desenvolvemento da teoría xeral dos orbitais moleculares.
-
número de coordinación/índice de coordinación
Nun composto de coordinación, número de átomos ou de grupos de átomos que se enlazan directamente co átomo central do composto. Os números de coordinación e as diversas distribucións xeométricas dos grupos coordinados ao redor do átomo central poden estudiarse co uso da difracción de raios X.
-
-
Proceso de integración da información sensorial recibida para producir unha resposta axeitada, controlado polo cerebelo.
-
Ordenación dos diversos elementos materiais, persoais, formais e organizativos que conforman as actividades a nivel de centro, coa finalidade de acadar os obxectivos marcados coa máxima economía. Cómpre realizar a coordinación entre os diversos niveis de ensino co fin de que exista unha continuidade nas ensinanzas como, por exemplo, en Galicia os pasos dos distintos niveis van de Educación Infantil, a Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) (ensino obrigatorio), e desta a Bacharelato ou Ciclos Formativos (ensino postobrigatorio).
-
Principio xeral de relación entre os órganos da administración pública que non están relacionados xerarquicamente entre si, para conseguir unha actuación conxunta harmónica.
-
Función reservada para o Estado, en relación con algunhas materias sobre as que a Constitución e os estatutos establecen o reparto de competencias entre este e as comunidades autónomas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político nado en marzo de 1976 tralo acordo de fusión das dúas forzas principais de esquerdas, a Plataforma Nacional de Convergencia Democrática e a Junta Democrática de España. O seu obxectivo foi constituírse en oposición á continuación do franquismo. A presentación pública do novo partido, que se coñeceu co nome de Platajunta, tiña previsto realizarse en Madrid o 29 de marzo de 1976, pero a conferencia de prensa foi prohibida pola autoridade gobernativa e os principais dirixentes da organización foron detidos. O partido rexeitaba a fórmula reformista que propuñan o presidente Adolfo Suárez e a oposición moderada ao franquismo, e defendía a chamada ruptura democrática, é dicir, o procedemento constituínte que, a través dun goberno provisional e dunhas eleccións xerais, puxese as bases dun novo sistema político. Como paso previo, reclamaba a liberación dos presos políticos e o retorno a España das persoas exiliadas, así como o restablecemento das liberdades políticas e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo de fútbol que se disputou en 1902 dentro do programa de festexos organizados para celebrar a coroación do Rei Afonso XIII. Constituíu o primeiro campionato de España da modalidade. Na final, celebrada no hipódromo de Madrid, impúxose o Bizcaya (equipo creado para a ocasión con xogadores dos clubes bilbaínos do Athletic Club e do Bilbao), que venceu por 2-1 ao FC Barcelona. O éxito da iniciativa animou a celebrar novas edicións anuais e instituír un campionato de España de clubs, que adoptou diversas denominacións ao longo da historia, de acordo coas vicisitudes políticas polas que atravesou o país; deste xeito, ata a tempada 1930-1931 denominouse Copa da Súa Maxestade o Rei, entre 1931 e 1936 Copa do Presidente da República, entre 1939 e 1976 Copa do Xeneralísimo, para volver á denominación de Copa da Súa Maxestade o Rei en 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Competición internacional por nacións de tenis feminino. Creouse en 1963 para conmemorar as vodas de ouro da International Tennis Federation. Ao longo das sucesivas edicións foi variando a fórmula da competición: ata 1994, as eliminatorias xogábanse a tres partidos (2 individuais e 1 dobre). O palmarés do torneo encabézao EE UU, que posúe 17 títulos. En segundo lugar figura Australia, vencedora en 7 ocasións. España ocupa o terceiro lugar con 5 triunfos, igual que Checoslovaquia, aínda que as españolas xogaron tres finais máis (un total de 9). A República Federal de Alemaña, con dúas vitorias, e Francia e Sudáfrica con cadanseu título, completan o cadro de honor da competición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de participar nunha cousa con outra ou outras persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación dunha olefina e dunha hidroxilamina por pirólise dun óxido de amina. É unha reacción de eliminación cis que transcorre a temperatura máis baixa ca a análoga da pirólise dos hidróxidos de tetralquilamonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación dos metais nobres que contén unha aliaxe, por oxidación cunha corrente de aire que pasa pola masa metálica fundida e precipita os metais non nobres en forma de óxido. Este proceso efectúase en fornos de reverberación e emprégase principalmente no tratamento do chumbo arxentífero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polimerización de adición de dous ou máis monómeros diferentes.