"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • escordadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divertirse saltando e xogando.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Romper ou rebentar algo violentamente e con moito ruído.

      2. Producir algo un ruído forte e seco.

      3. Romper as ondas do mar contra as rochas facendo escuma.

    1. Romper ou abrirse algo violentamente por presión interior, con ou sen ruído.

    2. Estar cheo ou moi cheo o interior de algo.

    3. Sentir unha presión molesta, normalmente acompañada de dor, nalgunha parte do corpo.

    4. Comezar de repente algo violento ou ruidoso.

    5. Manifestar alguén, de maneira repentina, e ás veces violenta, un sentimento que se trataba de reprimir.

    6. Facer que unha cousa rompa violenta e ruidosamente debido a unha presión interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estoupar.

    2. estoupo.

    3. Incremento brusco e forte das emisións de radio dun obxecto astronómico.

    4. Nacemento repentino de moitas estrelas moi xuntas entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído forte e seco que se produce cando algo estoupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor francés, barón de Estournelles de Constant de Rebecque. Foi conselleiro da embaixada de Francia en Londres (1892-1894), deputado (1895) e senador (1904-1924) en Francia. Como representante do seu país acudiu ás dúas primeiras conferencias da Haia (1899, 1907). Escribiu, entre outras obras, La Politique française en Tunisie: Le Protectorat et ses origines, 1854-1891 (1891), Woman and the cause of the peace (1911) e Pour la Société des Nations (1921). En 1891 gañou o premio Thérouanne da Academia Francesa e en 1909 recibiu, xunto a Auguste Beernaert, o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma amalgamada que resulta da combinación do demostrativo este co cuantificador outro. Estas formas concorren coas correspondentes formas analíticas este outro, esta outra, estes outros e estas outras (Escolle entre a caixa de cor anil ou estoutra/esta outra laranxa). No neutro non se produce a fusión, polo que as formas son sempre analíticas isto outro. O significado deste demostrativo resulta da combinación do significado de ‘localización’, do demostrativo este, co significado de ‘diferencia’, propio de outro. Así emprégase sobre todo nas localizacións que se contrastan ou contrapoñen á posición de algo ou alguén mencionado ou implícito (Levo esta vasoira, estoutra non me cómpre. Estes non me gustan, prefiro estoutros do escaparate). OBS: Contrae coas preposicións de e en dando lugar a destoutro, destoutra, destoutros, destoutras, nestoutro, nestoutra, nestoutros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sente repugnancia ou noxo facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar a alguén noxo un alimento.

    2. Sentir alguén noxo por un alimento.

    3. Sentir alguén aversión por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa ou funda que se usa para gardar ou protexer algo.

    2. Receptáculo corredizo que se axusta ao oco dalgúns mobles.

    3. Cada un dos compartimentos en que se divide a hucha, tulla, arca ou outro receptáculo semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estrabismo.

    2. Que ou quen padece estrabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección da vista en que os eixes visuais non son paralelos na posición primaria da mirada ou en que un ollo non pode seguir ao outro nos seus movementos. Pode ser paralítica, a causa da parálise dun ou máis músculos oculares, e concomitante ou funcional, pola falta de coordinación dos movementos dos dous ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio cuberto con matogueira a través do que se pasaba ás cortes dos animais, á cociña ou a outras dependencias da antiga casa labrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para apreciar e medir o ángulo de estrabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e historiador grego. Estudiou en Asia Menor, Grecia, Roma e Alexandría. Viaxou por Europa, o N de África e polo Nilo nunha expedición dirixida por Aelio Gallo, prefecto romano de Exipto. Escribiu en grego unha Historia, concibida como continuación da obra de Polibio, da que apenas hai algúns fragmentos, e unha Xeografía en 17 tomos que se conserva case completa. Para a súa obra baseouse nos estudios de Hiparco, Éforo, Polibio, Posidonio e Erastótenes. Sostivo a necesidade dunha base científica para a xeografía, especialmente no referente ás relacións entre o home e o medio físico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento cirúrxico do estrabismo que consiste no desprazamento dun dos músculos do ollo, despois da sección previa do tendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    De acordo coa lexislación, as diferentes administracións posúen competencia sobre as estradas que afectan ao seu territorio, de xeito que existe unha rede de estradas do Estado, as redes autonómicas e as redes locais. A Administración central é titular das estradas de interese xeral e das que afecten ao territorio de máis dunha comunidade autónoma, é dicir, as nacionais e tamén as principais autoestradas (normalmente a través de sociedades públicas que as xestionan de xeito directo) e autovías. A cualificación de estrada de interese xeral recae sobre aquelas estradas integradas nun itinerario de tránsito internacional incluído nun convenio, que constitúan o acceso a un porto ou aeroporto de interese xeral ou a un paso fronteirizo principal, ou que enlacen os principais núcleos de poboación de diferentes comunidades autónomas. Na Lei española recóllese nun anexo o inventario destas estradas de interese xeral e obrígase ao ministerio competente (ministerio de Fomento) a actualizalo. As comunidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae, en campo de ouro, unha aguia, de sable, exploiada e coroada. Outra variante leva en campo de azul unha espada de prata coa punta cara arriba; bordo de prata con oito flores de lis a inquirir.

    VER O DETALLE DO TERMO