"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • GALICIA

    Filóloga. Doutorouse (1991) pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1995, é profesora titular nela. Desde 1983 traballa no ILG realizando o traspaso dos datos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) a cadernos, a revisión do material do Glosario de voces galegas de hoxe, a recollida de   material para a elaboración do Dicionario de verbos galegos conxugados e o cartografado dos mapas do volume I do (ALGa). Formou parte do equipo de redactores do Dicionario normativo galego-castelán (1988), do Dicionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), do Gran dicionario Xerais da lingua (2000) e do Dicionario Xerais da Lingua (2002). É autora de O rexurdir da conciencia idiomática (1840-1891) (1992), Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega durante o Rexurdimento (1840-1891) (1992) e Ortografía práctica (2001), e editou A gaita gallega,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Emigrou a Bos Aires en 1929. A partir de 1952 comezou a facer documentais en Galicia para logo ser amosados nos cines de Bos Aires, como Galicia al día (1959), coa voz do actor galego Tacholas, e De Irún a Tui (1960), ambos os dous rodados en 16 mm. A súa película máis coñecida é Alma Galega (1966), rodada en 35 mm. É autor da obra inacabada El emigrante (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Licenciado en Leis, foi catedrático de Decretais na Universidade de Santiago de Compostela e xuíz subdelegado de imprentas e librerías en Galicia. En 1810 Fernando VII nomeouno conselleiro de Estado. Na lexislatura 1810-1813 foi deputado pola provincia de Santiago e defendeu nas Cortes a restauración da monarquía absoluta. Foi autor de Pensamientos militares de un paisano (1809) e Último recurso de la Nación Española para conservar su existencia política, deducido de la historia de nuestras regencias (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Estudiou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que rematou en 1824. Ocupou diversos cargos políticos paralelamente aos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui (1844), intendente de Lugo e da Coruña, e en 1853 foi designado gobernador da provincia da Coruña. Foi deputado, na lexislatura 1844-1846 pola provincia de Pontevedra, e en 1857-1858 polo distrito de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Foi alcalde de Touro (1857), senador pola Coruña (1872) e durante a Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Arzúa (1879-1899). Senador pola provincia da Coruña (1899-1902), dirixiu a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. Foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Dodro. A súa planta orixinal era rectangular. A fachada principal presenta nos laterais dúas torres de planta cuadrangular con cuberta a catro augas. Na cara posterior os engadidos á planta orixinal conformaron un corpo en forma de L. Conserva un escudo do s XVIII con armas dos Luaces, Mosquera, Bermúdez e outros. A súa historia está relacionada con Rosalía de Castro, que pasaba longas tempadas nel, pois o pazo pertencía aos seus tíos. En 1930 celebrouse alí a reunión que deu lugar ao Pacto de Lestrove, polo que se fundou a Federación Republicana Gallega. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Durante a Segunda República foi delegado do Sindicato de Panaderos na Federación Local Obrera coruñesa, integrada na CNT. A finais de 1936 fuxiu nun pesqueiro cara a Asturias xunto co seu irmán Benxamín. Exiliouse en Francia, de onde regresou á Coruña en 1946 para integrarse no comité local da CNT. En marzo de 1947 foi detido e condenado a 15 anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de La Gomera, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias (2.038 h [2001]). A súa demarcación esténdese desde o centro ata á costa NL da illa. A súa principal riqueza é a produción de plátanos e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe discutida. Segundo algúns investigadores ten unha orixe xermánica, formado de *ermin- ‘grande, forte, poderoso’ e, segundo outros, procede de Ermin, semideus nórdico. Para algúns deriva do latín *Erminius ‘armenio’ ou de Herminius, nome dun guerreiro troiano da Eneida. Presenta as variantes Erminio/Erminia. Levan este nome os santos Herminio de Laon (ss VII-VIII) e Herminio de Lobbes, celebrados o 25 de abril; e a abadesa alemá santa Herminia, celebrada o 25 de agosto ou o 24 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego da comedia antiga. Entre os dez títulos que se coñecen das 40 comedias que escribiu destacan Europa, O nacemento de Atenea e Os soldados. Consérvanse tamén algúns fragmentos iámbicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor na École Polytechnique, na facultade de Ciencias de París e no Colexio de Francia. Investigou no campo das matemáticas puras, fixo traballos sobre as funcións elípticas, que aplicou á resolución da ecuación de quinto grao, e demostrou que o número e non podía ser solución de ningunha ecuación alxébrica, xa que non era un número alxébrico, senón transcendente.Descubriu os polinomios e as funcións que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcións en O definidas por , onde H n(x) = e-x2 Hn(x) é un polinomio de Hermite ↑ .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Polinomios en O dados pola expresión xenérica

    FORMULA

    Satisfán a fórmula de recorrencia
            Hn+1(x) - 2xHn(x) + 2nHn-1(x) = 0,
    e son solucións da ecuación diferencial de Hermite,
                             y’’- 2xy + 2ny = 0.
    Os primeiros polinomios son H0(x) = 1, H1(x) = 2x, H2(x) = 4x2-2, H3(x) = 8x3-12x e H4(x) = 16x4- 48x2+12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que afirma que o número e, base dos logaritmos neperianos, é un número transcendente. A extensión do teorema, que afirma que para calquera número alxébrico α, o número ea é un número transcendente, coñécese como teorema de Hermite-Lindemann. Foi demostrado por Charles Hermite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á matriz complexa cadrada que é igual á súa adxunta, é dicir, que é igual á complexa conxugada da súa transposta aij = aji.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rudolf Leder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Ermoxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do Antilíbano, no límite entre Siria, Líbano e os territorios dos altos do Golán, ocupados por Israel en 1967. Acada 2.814 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron as cidades exipcias consagradas ao deus Thot, identificado polos gregos con Hermes.

    VER O DETALLE DO TERMO