"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

    1. Relativo ou pertencente á seborrea.

    2. Persoa que padece seborrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que sega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista polaco. Redefiniu o equilibrio de Nash para analizar interaccións dinámicas estratéxicas e introduciu cláusulas restritivas coa perfección. Recibiu o Premio Nobel de Económicas, compartido con J.C. Harsanyi e J. F. Nash (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio enterrar defuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Arousa, situada na enseada do mesmo nome, na parroquia de Rianxo, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa Singapur do arquipélago de Riau (Malaisia) e comunica o estreito de Malacca co mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 1.6.1949) Historiador. Doutor en Historia de América (1990), foi profesor na Universidad Católica de Uruguay (1980, 1982) e desde 1991 exerce na Universidade de Vigo. Estudou, entre outros temas, a emigración galega cara a América. Foi presidente do consello asesor de RTVE en Galicia e secretario xeral técnico da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Coautor de diversos libros e publicacións, como Galicia & América. Five Centuries of History (1992), El Tercio de Voluntarios Gallegos en la defensa de Buenos Aires (1996), Consolidación republicana en América Latina (2000) e Asociacionismo galego no exterior (2001), das súas obras destacan San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural (1982), Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo (1987), El Brasil de Vargas (1998), A Emigración (1989) e Galeguidade e cultura no exterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sigrás (Cambre). Presenta un patio á entrada, ao fondo do que se alza o pazo. Realizouse con cantaría de granito e cachotaría e ten planta rectangular. Destaca a fachada cun balcón de ferro forxado. Na parte posterior ten un pequeno xardín cunha fonte e unha horta adicada a árbores froiteiras cun bosque de piñeiros. O conxunto completouse cunha igrexa e cunha zona de labradío que engloba o castro de Sigrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que explica o establecemento e encaixamento da rede hidrográfica ás direccións estruturais do relevo cando unha vez instalado, ao escavar o seu val, pon de manifesto a estrutura adxacente. O relevo resultante recibe o nome de epixénico e o relevo xerado pola erosión fluvial en materiais resistentes o de epixenia, tanto se os cursos se encaixaron por sobreimposición coma por antecedencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión de dúas ou máis imaxes diferentes sobre unha mesma película coa finalidade de conseguir efectos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complicación dunha enfermidade infecciosa que se deriva dunha reinfección, especialmente por xermes diferentes dos orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente anormal que nunha máquina ou instalación é superior á corrente de plena carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore perennifolia, robusta, de ata 25 m de altura, cunha copa ampla e cortiza moi grosa, esponxosa, lixeira, profundamente gretada en sentido lonxitudinal e de cor gris, que cando se arrinca queda outra nova lisa e de cor vermella. As follas son simples, alternas, coriáceas, ovadas ou de ovado-lanceoladas a oblongas, coa marxe enteira ou ondulada con pequenas espiñas, flores masculinas en amentos, flores femininas illadas ou en pequenos grupos e froito en landra. Florece xeralmente en primavera, aínda que pode haber flores de outono, e os froitos maduran entre setembro e febreiro, aínda que pode ter lugar máis tarde dependendo de cando tivera lugar a floración. Habita en zonas de clima marítimo húmido, desde o nivel do mar ata os 1.200 m. É unha árbore endémica da rexión mediterránea occidental. En Galicia penetrou polo SL desde Portugal. Cultívase como árbore ornamental ou en repoboacións forestais, aínda que o seu principal aproveitamento é a obtención da cortiza utilizada para facer...

    2. Madeira desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Forzáns (Ponte Caldelas). O seu cumio acada os 542 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso beneditino. Coñecido como o Padre Sobreira, en 1761 tomou o hábito no convento de Santa María de Sopetrán (Guadalajara) e tres anos máis tarde regresou a Galicia para estudar artes no convento de Ribas de Sil. En 1767 trasladouse ao convento de San Vicente (Salamanca), onde estudou teoloxía. Foi ordenado presbítero (1770) no convento de Santa María de Montserrat de Madrid. Despois da súa estancia en varios conventos e de estar en 1785 en Madrid dedicado a ordenar papeis de Martín Sarmiento, en 1789 volveu a Galicia. Primeiro estivo no convento de San Martiño Pinario (Santiago) e logo (1793) en Ribas de Sil, ata que en 1798 foi trasladado como abade ao convento de Santa María de Sopetrán (Guadalajara). Redactou diversos escritos, sobre todo lingüísticos e de interese lexicográfico (Idea de un dicionario de la lengua gallega), e outros sobre temas diversos (Historia general botánica de Galicia). Pensado Tomé realizou o estudo crítico dalgunhas das súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Barbantiño, entre Sobreira (Vilamarín) e Viña (San Cristovo de Cea). Trátase dunha ponte medieval de cantaría cun arco apuntado e desaugadoiros arquitrabados. A calzada é de lousa. Atópase no antigo Camiño Real de Ourense a Santiago de Compostela por Cudeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO