"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Bispo de León (900-905). Viviu como ermitán nos montes de Curueño dende o 851, na compaña do sacerdote mozárabe Atilano e dedicouse a predicar polo Bierzo. Tras fundar un mosteiro en Viseu, recibiu amplos poderes de Afonso III para que colaborase na repoboación e evanxelización dos territorios conquistados ata o Douro. Tamén fundou os mosteiros de Tábara e Moreruela de Tábara, dos que foi abade. No ano 900 foi ordenado sacerdote e logo consagrado bispo de León. Adquiriu sona de sabio e predicador, e mesmo de profeta. Principal patrón da cidade de Lugo e da súa diocese, as súas reliquias venéranse nas catedrais de León e Lugo. Na iconografía leva vestiduras de monxe ou de bispo con mitra e báculo, e como atributos un lobo amansado. A súa festividade celébrase o día 5 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e poeta francés. Secretario da Raíña Filipa de Inglaterra, viaxou con ela por Escocia, Flandres e Francia e, trala súa morte (1368), trasladouse a Hainaut, onde se dedicou ao comercio. Das súas obras destacan as Chroniques (1371-1400), nas que explicou todas as guerras europeas do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Dumio e arcebispo de Braga. Vinculado á familia do Rei Sisenando, trala morte dos seus pais formouse na escola episcopal de Palencia. Despois da súa ordenación impulsou a vida monacal e fundou os mosteiros de Compludo, preto de Astorga, e diversos cenobios, como San Pedro de Rupiana. O Rei Recesvinto nomeouno abade-bispo de Dumio (653-656) e máis tarde consagrouno arcebispo de Braga (665-667) e metropolitano de Galicia. Fundou diversos mosteiros en Galicia -entre outros, o Peonense, na ría de Pontevedra, ou o de Castrobón-, en Andalucía e nos arredores de Braga. Atribúenselle dúas regras monásticas, a máis importante foi a Regula monachorum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tarragona. Morreu queimado vivo no ano 259 xunto cos diáconos Augurio e Euloxio. O seu culto, que se remonta ao s VI, é dos máis antigos de Hispania. Na iconografía represéntase vestido de bispo (con casula ancha, ou capa, mitra e báculo), e ás veces cun libro na man; leva como atributos persoais unha cacharela aos seus pés. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico festexábase o 21 de xaneiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Frómista. De orixe románica, sufriu unha polémica restauración entre 1896 e 1904. Prototipo da arquitectura románica do s XI, caracterízase polas súas proporcións e polo equilibrio entre as liñas horizontais das naves e a verticalidade das ábsidas e das torres e entre os elementos arquitectónicos e escultóricos. Ten tres naves, a central máis ancha e alta ca as laterais, con cúpula no cruceiro e tres ábsidas semicirculares, a central de maior desenvolvemento. As naves cóbrense con bóvedas de canón. No interior destaca a variada decoración dos capiteis con representacións vexetais, zoomórficas e humanas. As portadas sobresaen do muro e cóbrense con beiril soportado por canzorros de animais, motivos vexetais e personaxes humanos. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sección das Montañas Rochosas orientais formada pola Front Range e a súa prolongación, as montañas de Medicine Bow, que pertencen aos estados de Wyoming e Colorado, nos EE UU. O cumio máis alto é o Longs Peak (4.345 m), centro do Rocky Mountains National Park.
-
PERSOEIRO
Historiador británico. Educado na Universidade de Oxford, centrou as súas investigacións na Idade Moderna e influíu na historiografía posterior da época Tudor. Das súas obras destaca History of England from the Fall of Wolsey to the Defeat of the Spanish Armada (1856-1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Coñecido como o Vello, traballou en Salzburgo (1478-1497) e en Passau, onde pintou os retablos sobre a Vida de María (1490) e a Paixón (1492). O seu fillo Rueland Fruesauf (1470?-1545?), coñecido como o Novo, traballou en Passau, lugar onde realizou pintura relixiosa caracterizada polo detalle preciosista da paisaxe dos fondos. Entre outras obras destaca o retablo de san Leopoldo na abadía de Klosterneuburg (1507).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Axum e apóstol de Etiopia. A súa festividade celébrase o 27 de outubro (entre os latinos) e o 30 de novembro (entre os gregos).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non produce o resultado esperado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que frustra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que frutifica.
-
PERSOEIRO
Político. Militante do PSUC desde 1963, foi elixido secretario de organización da Confederación Nacional de Catalunya de CC OO e secretario xeral do PSUC (1981). Elixido secretario xeral do PCE en 1998, foi candidato á presidencia do goberno por IU nas eleccións xerais de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e crítico. O seu método analítico combina as referencias ao contexto social e histórico con elementos de tipo simbólico. É autor de Fearful Symmetry (1947), The Stubborn Struture (1970), A Collection of Review Essays (1978) e The Bible and Literature (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Composto que descubriu e estudiou R. P. Linstead en 1933, de fórmula relacionada coa de pigmentos naturais tan importantes como a clorofila e a hemoglobina.
-
Calquera dos derivados metálicos da ftalocianina (co ión metálico unido por enlace electrovalente ou por enlaces covalentes cos catro átomos de N pirrólico, formando complexos moi estables) ou dos seus derivados substituídos nos aneis bencénicos. Entre estes derivados existen pigmentos e colorantes excelentes, de cores de gran viveza, intensidade e estabilidade. O máis importante é a ftalocianina cúprica, que é un pigmento de cor azul brillante. Os derivados haloxenados son pigmentos verdes, tamén moi importantes. Algúns ácidos sulfónicos que derivan destas ftalocianinas empréganse tamén como colorantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha sedimentaria silícea, de cor gris ou negra debido á súa natureza grafitosa e carbonosa, de estrutura criptocristalina formada por calcedonia e cuarzo criptocristalino. Ten unha fractura en estelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino khmer que se estendeu polos actuais Vietnam do S e Camboxa, nas rexións de Tonle Sap e ao S do Mekong. Fundado no s I, foi invadido polo Reino de Chenla no s V, pero recobrou a súa independencia cara ao 665. A comezos do s IX pasou a formar parte do novo estado khmer, que reunificou o territorio. Sufriu unha forte influencia do hinduísmo e o sánscrito foi a súa lingua oficial.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e explorador británico. Participou en diversas expedicións científicas a Groenlandia (1929), aos grandes lagos africanos (1930-1932) e ás illas Falkland (1947-1950). Dirixiu, xunto con sir Edmund Hillary, a expedición británica que atravesou a Antártida (1955-1958), percorrendo o Polo Sur. Foi director do British Antartic Survey (1960-1973) e presidente da Royal Geographical Society (1982-1984). Publicou The Crossing of Antartica (1958), con Edmund Hillary, Antartic Adventure (1959), Of Ice and Men (1982) e A Time to Speak (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Encoro da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do Segura, na confluencia co río Tus. Ten unha capacidade de 203 hm3 e regula as augas do río para asegurar o regadío das hortas de Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do río Víboras (3.391 h [1996]). A economía é agrícola (oliveiras e cereais), con industrias derivadas. Con ocupación ibera e romana, o seu señorío pertenceu desde 1228 á orde militar de Calatrava. Constituíuse como municipio en 1835. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto fortificado ibero do Cerro del Algarrobo, as vilas romanas da Atalaya e Las Monjas, a igrexa de Nuestra Señora de Fuensanta (s XVI) e a fonte de La Negra.
VER O DETALLE DO TERMO