"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Venecia, a Véneto, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Venecia ou de Véneto.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo véneto.
-
I ndividuo do pobo véneto.
-
Pobo de procedencia ilírica, establecido nos primeiros séculos da era cristiá nas terras do litoral adriático, ao NL de Italia. Vivían da pesca, do sal e do cultivo das hortas, xunto co comercio. Aliáronse cos romanos contra as tribos da Galia (225 a C) durante a Segunda Guerra Púnica. As invasións dos bárbaros foron causa da migración véneta desde a terra firme ata as illas da lagoa adriática, onde fundaron Venecia.
-
-
Conxunto de falas italorrománicas que se falan en Italia e que forman os dialectos italianos setentrionais xunto cos galoitálicos. O vocalismo ten unha estrutura (por exemplo, carencia de ü, ö) e unha estabilidade de timbre que o separan dos dialectos galoitálicos, achegándoo ao toscano. O consonantismo coñece a simplificación de xeminadas, a sonorización e a caída de oclusivas xordas e a asibilación de c e g ante e ou i, co paso eventual a interdental (sielo < gielo ‘ceo’). En morfoloxía destaca o uso dos pronomes tónicos como suxeito (mi digo ‘eu digo’) e en léxico o uso dalgunhas palabras peculiares como santolo (‘padriño’), scarcela (‘peto’) e parolaro (‘caldeireiro’).
-
-
-
Movemento natural, xeralmente horizontal, de masas de aire. Os desequilibrios térmicos entre uns lugares e outros provocan diferenzas de presión atmosférica e producen os ventos. Así, desencadéase un fluxo de aire desde as presións altas cara ás baixas, con tendencia a seguir a dirección do gradiente de presión. Os gradientes fortes de presión, que se representan nos mapas meteorolóxicos con isóbaras moi próximas, ocasionan ventos fortes, mentres que onde o gradiente é reducido os ventos son frouxos. As calmas prodúcense naquelas áreas onde non hai diferenzas de presión atmosférica, especialmente no centro dos anticiclóns. Os ventos non seguen exactamente a dirección do gradiente de presión porque, a causa da rotación da Terra, actúa sobre eles a forza de Coriolis, que tende a desviar a súa traxectoria cara á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no hemisferio sur. O vento ideal, equilibrio entre a forza de gradiente de presión e a de Coriolis, é o vento xeostrófico. En...
-
Cada un dos seres mitolóxicos, fillos de Eolo, que personifican os diferentes ventos. Na Antigüidade clásica teñen figura de demos ou deuses. Segundo a Eneida de Virxilio, seu pai tenos pechados nunha gran cova. Nos poemas homéricos aparecen antropomorfizados como Bóreas, Céfiro, Euro ou Noto, e son obxecto de culto con sacrificios humanos. As súas compañeiras son as harpías, identificadas coas tempestades.
-
Espazo libre entre as doelas da cámara do hórreo que facilitan o secado do froito.
-
Corda que, suxeita por un extremo a un lugar fixo, se afirma polo outro extremo a unha peza longa e dereita que evita que se mova.
-
Gas xerado no estómago ou nos intestinos.
-
Fluxo de partículas cargadas que sae do Sol cara ao espazo interplanetario. Está constituído principalmente por núcleos de hidróxeno e electróns libres, e, en menor proporción, por núcleos doutros elementos máis pesados. O vento solar orixínase na cromosfera e ten manifestacións importantes, como as auroras polares e o cinto de Van Allen, e un papel esencial na orixe da cola de plasma dos cometas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Caracas a partir do 18 de novembro de 1971. Promovida polo Padroado da Cultura Galega, pretendeu espallar os ideais do galeguismo na emigración desenvolvendo reportaxes sobre política, cultura ou sociedade de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro escrito por Carlos Casares e editado en 1967 con ilustracións de Xulio Maside. Composto por doce relatos, algúns deles xa editados en Grial, móvese no ámbito da Nova Narrativa Galega. Ademais do clima de violencia e de animalización da natureza humana que subxace, e do tempo e do espazo coetáneos ao autor -que provocan certo carácter autobiográfico-, cómpre salientar algunhas características de estilo, como a introdución do monólogo interior e a corrente de conciencia, a obxectivación do punto de vista e a subxectivación da vivencia do tempo.
-
-
Órgano en forma de disco de certos animais que serve de medio de fixación ou sución.
-
Obxecto en forma de casquete que queda adherido por presión sobre unha superficie lisa.
-
Instrumento en forma de campá ou vaso de vidro que se aplica sobre os tegumentos e, mediante o baleiro, produce un efecto de sución.
-
-
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ventosa (Agolada). Construída no s XIII, presenta nave única cunha sancristía anexada ao alzado N da ábsida. Destaca a fachada principal, rematada nunha espadana de dous vans e cunha portada principal que leva dúas arquivoltas. Os tímpanos son lisos e os capiteis levan decoración vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gas intestinal que é expelido polo ano.
-
-
Aplícase ao día ou ao tempo en que vai vento.
-
Que está exposto ao vento.
-
Sexto mes do calendario republicano francés, que vai do 19 de febreiro ao 20 de marzo.
-
-
GALICIA
Xornalista. Iniciou a súa carreira xornalística vinculado ao Grupo Voz. Comezou en La Voz de Galicia como redactor e máis tarde como xefe da sección de Deportes, Sociedade e Cultura. En setembro de 1998 foi nomeado director de Diario 16, posto que ocupou ata que pechou a cabeceira (2000). Posteriormente reincoporouse ao Grupo Voz como subdirector.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Foi alcalde de Ribeira, membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE (1987-1994), deputado autonómico (1990-1997) e voceiro do grupo socialista no Parlamento de Galicia (1993-1997). Das súas obras destacan Galicia en terra allea (1997), A pesca está no vento (2001), Os señores do mar (2002) e As sombras dos mortos: historias de naufraxios en Cabo Corrubedo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Nicolao.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión que se produce nas zonas estreitas dos condutos polas que circulan fluídos, e que se pode prever a partir do teorema de Bernoulli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten gran beleza.
-
PERSOEIRO
Xefe dos auvernos. Dirixiu a insurrección das tribos galas contra as tropas de Xulio César. Aínda que conseguiu algún éxitos iniciais contra eles (52 a C), tras a recuperación dos romanos, refuxiouse en Alesia, onde foi asediado e tivo que capitular (51 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ditame ou declaración solemne pronunciada por un xurado durante un proceso xudicial. Debe conter os feitos alegados polas partes implicadas, declarándoos probados ou non, os feitos que poden determinar a estimación dunha causa de exención de responsabilidade e os que determinan o grao de execución, participación e modificación da responsabilidade, así como o feito delituoso polo que o acusado debe ser declarado culpable ou non culpable.
-
veredicto de inculpabilidade
Ditame que pronuncia o xurado en descargo do reo, liberándoo de todos os capítulos de acusación.
-
-
Xuízos emitidos por alguén con autoridade na materia que é tratada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
vergonzoso.
-
PERSOEIRO
Rei de Galicia (982-999) e de León (984-999), fillo bastardo de Ordoño III e sucesor de Ramiro III de León. Foi coroado pola nobreza galega en Santiago de Compostela, moi descontenta con Ramiro III quen, nun intento de recuperar o poder, enviou un exército na súa contra. A loita resolveuse ao seu favor e apoderouse de León obrigando a Ramiro III a retirarse a Astorga. Apoiado inicialmente por Almanzor, tomou o Reino de León, pero axiña o caudillo musulmán se enfrontou a el, atacou Coimbra, León e emprendeu o cerco de Zamora. Fuxiu a Lugo, pero os nobres galegos subleváronse contra el e aliáronse con Almanzor, que chegou ata Santiago de Compostela (997). Logo da retirada de Almanzor, reparou as cidades, templos e fortalezas destruídas e saqueadas.
VER O DETALLE DO TERMO