"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e ensaísta. Coñecido como Barbadinho, estudou filosofía na Universidade de Évora e teoloxía en Roma, onde se estableceu. Iniciou a reforma da pedagoxía portuguesa e froito dela publicou o Verdadeiro Método de Estudar (1746). Nel propoñía a democratización do ensino e a instrución da muller, como tamén o ensino baseado na lingua materna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
vesicante.
-
GALICIA
Escritor e músico. Formado no seminario de Tui (1860), foi vicepresidente da Juventud Católica de Tui e director da orquestra da catedral. En 1871 marchou a Madrid para ensinar música e publicou Flores de la soledad, en que incluíu seis melodías para canto e piano. En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria. Da súa obra destacan, ademais de diversos scherzos para piano, canto e pequena orquestra, os libros Versos (1874), Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI (1875), Galería de Gallegos Ilustres (1875), Monografías de Vigo (1878) e Páginas sueltas (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facultade dunha persoa ou dunha organización de opoñerse á adopción dunha decisión.
-
Dereito que a constitución outorga ao cabeza do Estado de opoñerse ás leis aprobadas polo Parlamento, nos réximes parlamentarios. Pode ser absoluto, se ten como consecuencia a anulación da lei, ou suspensivo, se só pode evitar momentaneamente a súa promulgación. Neste caso, o Parlamento pode volver votala (como en EE UU) ou ben sometela a un Tribunal de Garantías Constitucionais (como en Alemaña). A Constitución Española de 1978 non o contemplou.
-
Dereito que teñen certos estados membros de opoñerse á adopción dunha resolución, nos organismos internacionais. No Consello de Seguridade da ONU, as resolucións deben de ser adoptadas por maioría de nove votos, entre os que teñen que figurar os de EE UU, Rusia, Gran Bretaña, Francia e China, as únicas con dereito de veto.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo vetón.
-
Individuo do pobo vetón.
-
Pobo prerromano que ocupou a zona occidental de La Meseta, entre o Duero e o Guadiana, na Península Ibérica. A súa economía foi de base gandeira. Axudaron aos lusitanos cando estes se alzaron contra a dominación romana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi vello ou antigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que vexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao parche que se pon para levantar as ampolas ou as vexigas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte de gran lonxitude e altura construída sobre unha ampla e profunda depresión do terreo que serve para dar paso a unha vía de comunicación, xeralmente unha vía férrea ou unha estrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Viana do Bolo. Formaba parte dunha fortaleza medieval que en 1180 foi reconstruída polo Rei Fernando II. Construíuse con granito e presenta unha planta cadrada. Exteriormente dividíase en tres tramos e leva un remate ameado. O soto cubriuse cunha bóveda de canón e reforzouse con tres arcos faixóns apuntados. Ademais da torre, consérvanse as portas de entrada ao antigo patio de Armas e ao patio de Honor. No exterior tamén se conservan parte das murallas que rodeaban a fortaleza e unha pequena torre cilíndrica defensiva. Foi cárcere durante a Guerra Civil e posteriormente converteuse en museo e sala de exposicións. Foi declarada BIC en 1949.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao N da capital provincial e drenado polo río Andarax (3.697h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mensaxeiro de maxistrados e senadores, encargados especialmente de comunicar a convocatoria do Senatus, na antiga Roma. Análogos ao litor, organizábanse en decurias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lixeira vibración do son nos instrumentos de corda, obtida, cunha finalidade expresiva, por medio dun movemento de oscilación ou de tremor da man esquerda. Nos instrumentos de vento obtense mediante unha lixeira apertura ou trancamento dun orificio ou ben grazas a unha técnica especial de insuflación.
-
-
Que vibra.
-
Que está constituído por vibracións.
-
Que se acompaña de vibracións.
-
-
-
Oficio e dignidade de vigairo.
-
Tempo que dura o oficio de vigairo.
-
Territorio baixo a xurisdición dun vigairo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto pesqueiro situado na ría do Barqueiro. Conta cun pequeno espigón cunha liña de atraque duns 35 m e calado de 2 m, con rampla de varanda, talleres e iluminación. Protexe dos ventos do primeiro cuadrante.
-
GALICIA
Cociñeira. Coñecida como Toñi Vicente. En 1992 creou o seu propio restaurante en Santiago de Compostela, especializado en peixes e mariscos. Foi galardoada coa Copa de Ouro da CPI (1983), obtivo o primeiro posto no campionato europeo de gastronomía CEE (1990) e recibiu a Medalla de Prata de Galicia (1997) e o Premio Nacional de Gastronomía (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que exerce de reitor por ausencia ou impedimento deste.
-
-
Cargo de vicerreitor.
-
Gabinete ou edificio onde traballa o vicerreitor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
vicerreitorado.