"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Médico. Fixo a primeira descrición da enfermidade que se denomina kuru, afección nerviosa dexenerativa que só afecta a certas tribos papúas de Nova Guinea. En 1976 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xuntamente con B. S. Blumberg, polos seus traballos sobre a orixe e a diseminación das enfermidades infecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito, Filosofía e Letras e Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Granada. Colaborador en distintas publicacións e xornais, escribiu teatro, poesía e prosa, así como o libreto para a ópera Cristóbal Colón (1989). Da súa produción destaca Enemigo íntimo (Premio Adonais 1959), Los verdes campos del Edén (Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca 1963), Los buenos días perdidos (Premio Nacional de Literatura 1972), Petra Regalada (1980), Samarkanda (1985), Séneca o el beneficio de la duda (1987), Dedicado a Tobías (1988), El corazón tardío (1988), El manuscrito carmesí (Premio Planeta 1990), La soledad sonora (1991), La truhana (1992), La pasión turca (1993), Los bellos durmientes (1994), Más allá del jardín (1995), Carta a los herederos (1995), La regla de tres (1996), La casa sosegada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado na Coruña o 18 de xullo de 1869 entre representantes das forzas republicano-federais das catro provincias galegas e da provincia asturiana. Xunto cos subscritos en Tortosa, Valls, Eibar e Córdoba supuxo unha tentativa das forzas rexionais de dotar o federalismo hispánico dunha organización estable, operativa e descentralizada, segundo o modelo de pactos sucesivos de Pi i Margall. Posteriormente, asinouse en Madrid un pacto entre os representantes dos cinco pactos rexionais, completándose a organización federalista do Partido Republicano Federal Español. O pacto recolleu como puntos principais os postulados básicos do ideario federal, como a defensa dos dereitos individuais e da soberanía popular e a condena da anarquía, e outras medidas, como a organización da milicia cidadán e o dereito de insurrección armada. A organización pactista durou pouco tempo, pois o fracaso da insurrección republicana de outono de 1869 foi aproveitado polos dirixentes madrileños para impoñer un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fala celta do grupo continental que non todos os estudiosos aceptan e distinguen. O lusitano é a lingua de tres inscricións documentadas no occidente peninsular, en tres puntos que caen no territorio da provincia romana Lusitania. Estes textos presentan elementos celtas (Caeilobrigoi, epíteto teonímico en dativo singular temático da inscrición de Lamas de Moledo), elementos singulares que o diferencian do celtibero (conxunción copulativa indi) e elementos non celtas (porcom ‘porco’ en acusativo singular temárico co p- conservado). As inscricións sitúanse nunha área lingüística maior, constatable a partir dos datos onomásticos (teónimos Bandue, Reve, Nabiae; dativo plural en -bo; sufixo -aiko- en adxectivos derivados toponímicos), que abrangue tanto a Lusitania como a Callaecia (Gallaecia) con límites orientais imprecisos cara ao celtibero. Polo tanto, a denominación máis axustada é a de galaico-lusitano ou tamén hispano occidental. Pero non hai unanimidade nos investigadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home aposto e atractivo.

    2. Home que lles fai as beiras ás mulleres.

    3. Actor e papel que representa a un home sedutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e dramaturgo. Coñecido co pseudónimo de Dudi. Publicou as súas primeiras ilustracións en Ferrol Diario en 1976. Posteriormente, colaborou en Diario de Galicia, onde realizou a serie “Sweet home”. En El Correo Gallego publicou a serie semanal “La leyenda de papel”. Ademais, participou nos cómics El Patito Feo, Fat City e Portanova. Como dramaturgo escribiu textos como La posada del Arenal (1990), Pareja de damas (1992), La silla voladora (1994) ou Mujeres frente al espejo (1996). Autor de diversos estudios sobre literatura, tamén editou o estudo Reflexiones en torno a una política teatral (1995). En 1996 foi nomeado Subdirector Xeral de Teatro, departamento dependente do Ministerio de Educación e Ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Representante do modernismo coruñés, adoptou a tipoloxía tradicional das galerías ao novo estilo. As súas primeiras obras, como o edificio de vivendas da rúa Compostela (1902), foron eclécticas. O seu modernismo caracterizouse pola incorporación nas fachadas de elementos florais, a introdución do ferro forxado nas galerías de madeira e o emprego do ladrillo cara vista. O ornato das súas obras evolucionou cara á abstracción ornamental e achegouno aos postulados da escola de Glasgow e á Sezession vienesa. Entre as súas obras destacan o edificio da rúa Juana de Vega (1907-1908), o da rúa Orzán (1909), o da praza de Lugo esquina coa praza de Compostela (1910) e o situado na confluencia da avenida de Montoto, María Barbeito e a praza de María Pita (1911). Realizou tamén o proxecto da praza da Fonte de Santo Andrés (1910) e, con Antonio de Mesa, un edificio de vivendas na rúa Real. Dende 1991 os colexios oficiais de arquitectos de Asturias, Galicia e León outorgan o Premio Julio Galán Carvajal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Tono Galán, realizou, entre outros, estudios sobre o esmalte, o gravado e a caligrafía chinesa. A súa pintura caracterízase pola xeometrización baseada no construtivismo. Foi colaborador nas seccións humorísticas de diversos xornais galegos e traballou na restauración de retablos e vidreiras. Realizou exposicións na Coruña, Santiago de Compostela e Barcelona, e participou, entre outras mostras colectivas, no Foro Atlántico (1993) e na V Mostra Unión Fenosa (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e pintor. Coñecido como Pepe Galán, comezou a súa traxectoria como pintor, pero derivou cara á escultura na que tentou romper os límites da frontalidade que lle impoñía a pintura. Cultivou tamén o gravado e a serigrafía. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción e a escultura conceptual. Foi cofundador de La Galga e Gruporzán. Traballou con distintos materiais mesturando o ferro con tecidos sobre os que incidía a luz e nos anos noventa comezou a empregar o aceiro. Entre as súas obras destacan A copa do Sol, no Parque Escultórico da Torre de Hércules, Vieiros de Seu, na praza de Santo Domingo de Lugo e a serie Fendas. A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e no Museo Municipal Bello Piñeiro de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou nas campañas españolas no Rif dende 1919. Tenente da Legión en 1924, acadou posteriormente o grao de capitán. Rebelouse contra a Ditadura de Primo de Rivera e foi degradado e apresado (1926). Trala caída de Primo de Rivera foi liberado e rehabilitado en 1930, e o 12 de decembro dese ano sublevouse en Jaca xunto cos capitáns Ángel García Hernández e Luís Salinas, e tentou sen éxito proclamar a República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala de teatro cun aforo aproximado de cen localidades que foi creada en 1993 pola compañía Matarile Teatro. Realiza unha actividade moi diversa que vai desde a organización de cursos de formación ata a presentación das máis diversas experiencias e propostas escénicas, normalmente relacionadas coas novas tendencias e a procura de novas linguaxes artísticas e escénicas. Na súa programación teñen especial relevancia os espectáculos de teatro alternativo, de teatro e danza, e de vídeo e teatro, amais da exhibición das producións da compañía titular e doutras compañías galegas e peninsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rizoma dalgunhas plantas do xénero Alpinia, dunha cor parda vermella, de olor intenso e de gusto picante, que se utiliza como aromatizante de licores e como condimento. Tamén foi empregado en medicina como estimulante e dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obsequio ou presente que se lle fai a algúen.

    2. Pequeno agasallo ou lambetada que se lles dá aos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se mostra atento e se esforza por compracer, especialmente as mulleres.

      2. Propio da persoa galante.

    1. Que trata ou se refire a temas amorosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen galantea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tentar namorar ou seducir unha muller.

    2. Ser excesivamente amable ou adular a alguén, para gañar a súa vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de galantear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de galante.

    2. Feito ou dito galante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prato de carne de polo, de vitela, etc, trinchada e cocida cunha xelatina, que se serve frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gracia ou elegancia que ten alguén.

    2. Elegancia ao falar ou ao escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO