"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritor latino e teólogo. Filósofo neoplatónico, foi mestre de retórica, comentarista de Cicerón e tradutor do Órganon, de Aristóteles, e de obras neoplatónicas. Das súas obras destacan De definitionibus, Ars grammatica, Adversus Arium, De generatione divini Verbi e os comentarios ás epístolas de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Victorinus ‘pertencente a Vítor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que conseguiu a vitoria.

    2. Aplícase ao combate, loita ou competición en que se vence.

    3. Que reflicte éxito ou vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ragusa, na illa de Sicilia, Italia (54.320 h [2001]). Situada sobre os contrafortes meridionais dos Iblei, é un centro vinícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e decorador, Formouse en Venecia no obradoiro de Il Sansovino. Traballou con Palladio e con Il Veronese en obras de ornamentación como en Villa Barbaro en Maser (1565). De estilo manierista elegante e refinado, das súas obras destaca San Girolamo, en Santa Maria dei Frari en Venecia (1569).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Colaborou na revista antifascista Solaria, onde publicou Il garofano rosso (1933-1948). Da súas novelas destacan Conversazione in Sicilia (1941), Uomini e no (1945), Le donne di Messina (1949) e La garibaldina (1956), e o ensaio Le due tensione (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e pedagogo italiano. De nome Vittorino Rambaldoni, creou en Mantua unha importante escola humanística. Escribiu De orthographia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar preto da cidade homónima, Italia, entre tropas italianas e austríacas, entre o 24 de outubro e o 3 de novembro de 1918, a finais da Primeira Guerra Mundial. A vitoria italiana contribuíu ao afundimento da monarquía austro­húngara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor. Ordenado sacerdote (1703), foi mestre de violín do Seminario Musicale del Ospedale della Pietà (1703-1740). A partir de 1713 traballou tamén como compositor e empresario de óperas en Venecia. En 1740 trasladouse a Viena, ao servizo da corte do Emperador Carlos VI. Compuxo corenta e cinco óperas e dous oratorios, ademais de corenta obras relixiosas e vinte e oito cantatas e serenatas. A súa produción instrumental é moi extensa, e conta con setenta e cinco sonatas para dous e tres instrumentos, vinte e tres sinfonías e uns catrocentos setenta concertos, a maioría deles escritos para instrumentos solistas, dos que destacan As estacións, da colección Il cimento dell’armonia, opus 8, L’estro armonico, opus 3 e La stravaganza, opus 4. A súa arte instrumental ten unha gran forza lírica procedente do campo dramático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dos colexios de vixintiviros na antiga Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Kiev (980-1015) e de Novgorod (972-1015). Incorporou aos seus territorios os pobos bálticos dos xatvingos e dominou a rexión do Bug setentrional. Segundo a chamada Crónica de Néstor, consentiu axudar militarmente ao Emperador Basilio II de Bizancio contra o seu rival Bardas Forcas, pero demandou en compensación a man da irmá do emperador, Ana. Os gregos, pola súa banda, esixíronlle a conversión ao cristianismo e foi bautizado en Kherson en 980, co que comezou así a cristianización de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Primorje, ou do Litoral, Rusia (623.000 h [1997). Porto importante no mar de Xapón e terminal do ferrocarril transiberiano, ten estaleiros, construcións mecánicas e de maquinaria para o tratamento do peixe e para a industria da balea. Fundada en 1860, converteuse en porto militar (1872) pola súa importancia estratéxica. En 1920 os revolucionarios tomaron o poder, pero foron aniquilados pola intervención dos xaponeses, que foron expulsados en 1922.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ocabulario que pretende ser unha base sólida para o establecemento de parte do léxico estándar galego. Por este motivo non se recolle moito léxico dialectal nin moito léxico das linguas de especialidade. É unha obra que serve de orientación para o uso correcto da lingua galega e un instrumento útil para a súa normalización. Coa finalidade de crear un vocabulario que servise de referencia para a ortografía estándar, en 1987 Antón Santamarina e Manuel González comezaron a traballar, xunto cun grupo de colaboradores, na súa elaboración. Tras varios anos de traballo ininterrompido, en 1989 tirouse unha versión provisional non venal, co obxectivo de mellorar e rectificar o que fose mester; despois de catorce anos de exposición pública, de estudo e revisión das propostas recollidas no VOLGa, publicouse en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial de prensa de información xeral e suplementos semanais, constituído o 29 de maio de 2003 como resultado da fusión dos grupos Correo e Prensa Española, propietaria de ABC. Tivo a súa orixe no xornal El Pueblo Vasco (1910), despois fusionado con El Correo. Posteriormente constituíuse o Grupo Correo coa adquisición de El Diario Vasco (1948), El Diario Montañés (1984), La Verdad (1988), Hoy (1988), Ideal (1988), Sur (1990), La Rioja (1993), El Norte de Castilla (1994), El Comercio (1995) e La Voz de Avilés (1996), xunto á editora TESA e á axencia de noticias Colpisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cargo ou dignidade de voivoda.

      2. Tempo que dura o goberno dun voivoda.

      3. Territorio gobernado por un voivoda.

    1. División administrativa de primeira orde de Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Investigou no campo da electricidade e inventou o electróforo (1775). Entre 1776 e 1778 dedicouse á química e descubriu e illou o metano. En 1800, a partir das observacións de Galvani sobre a electricidade animal, construíu a primeira pila eléctrica (pila voltaica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dunha forza electromotriz, denominada de contacto, que ten lugar ao se pór en contacto dous corpos diferentes, xeralmente metais, coa mesma temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico italiano. Contribuíu ao estudo da análise funcional e das ecuacións diferenciais. Aplicou as matemáticas ao campo da bioloxía, para o estudo do crecemento, da loita pola vida ou das leis de Mendel. Fixo tamén estudos de mecánica e de óptica.

    VER O DETALLE DO TERMO