"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • č (Moscova 1795 - Teherán 1829) Escritor e diplomático. Da súa produción destaca Gore ot uma (A desgraza de ser intelixente, 1824), onde o heroe ve a vida moscovita a través do prisma renovador das súa experiencias no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Efectuou achegas fundamentais a diversos campos da matemática, primeiro na análise funcional (teoría dos espacios nucleares), e despois na súa obra monumental e inacabada, escrita en colaboración con J. Dieudonné, Éléments de géometrie algébrique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade que se constituíu en Santiago de Compostela en 1973 por un grupo de profesores e estudiantes de bioloxía. Naceu coa finalidade de elaborar diferentes estudios relacionados coa natureza, fundamentalmente o estudo das aves, a súa defensa e divulgación. Divulgación que se levou a cabo no boletín Ardeola, na revista Acta Científica Compostelana ou no seu propio boletín Bubela. Débenselle estudios de diversas localidades de Galicia, entre os que destacan os das illas Cíes e Ons, a lagoa de Valdoviño ou as serras dos Ancares ou O Courel. Disolveuse en 1976 para dar lugar á Sociedade Galega de Historia Natural. É a sociedade relacionada co medio máis antiga de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía (157 km de lonxitude e 3.088 km2 de conca). Recolle as augas dos regatos de Grazalema (Cádiz) e transpórtaas ata o Atlántico polo Puerto de Santa María (10 m3 de caudal). Nel construíronse os encoros de Bornos e de Arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filántropo. Fillo dun artesán portugués, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Posteriormente traballou co armador Xoán Menéndez e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española. Xunto coa súa dona, Modesta Goicouría, reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo Andrés, convertida en capela castrense, e construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda, xunto á praza de Pontevedra, e o mercado da praza de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Filosofía e Letras e Enxeñeiro Técnico Industrial, militou no PSOE desde 1960. Foi deputado na lexislatura Constituínte, e da I á VI lexislaturas. En 1982 ocupou a vicepresidencia do goberno español, cargo do que dimitiu en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1185-1192) e de Chipre (1192-1194). Á morte do Rei Balduíno V de Xerusalén, foi recoñecido rei polo seu casamento con Sibila. Tras ser vencido por Saladino na Batalla de Hattin (5.7.1187), perdeu o seu reino e foi feito prisioneiro. En 1192 recibiu de Ricardo I Corazón de León o Reino de Chipre, onde estableceu unha dinastía que durou ata finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre de orixe galega, conde de Tui. Tras derrotar os exércitos de Almanzor xunto ao río Esla (981), liderou as tropas cristiás que defenderon León do cerco musulmán (984-985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corda que se utiliza para subir os materiais na construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral inglés. En 1934 debutou como actor de teatro na compañía de John Gielgud e posteriormente no Old Vic Theatre. Simultaneou a actividade teatral con pequenos papeis no cine a mediados da década de 1940. Da súa filmografía destacan Great Expectations (1946), Oliver Twist (1948), The Man in the White Suit (1951), The Ladykillers (1955), The Bridge on the River Kwai (1957), Lawrence of Arabia (1962), The Fall of the Roman Empire (1964), Doctor Zhivago (1965), Fratello Sole, sorella Luna (1972), Star Wars (1977), The Empire Strikes Back (1980), Return of the Jedi (1982) e Kafka (1992). Recibiu o título de Sir en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político timorense. Presidente da Frente Revolucionária do Timor Leste Independente (FRETILIN) desde 1978, foi capturado polo exército indonesio en 1992 e condenado a cadea perpetua, pena que lle foi rebaixada a raíz das protestas internacionais, ata que foi definitivamente excarcerado en 1999. Tralo referendo que supuxo o triunfo das forzas independentistas, foi elixido presidente da República de Timor Leste nas eleccións de 2001. Nos anos de prisión escribiu o poemario Mauberiadas (Premio Nacional de poesía de Timor, 1975) e o ensaio Timor Leste: un Povo, uma Patria (1994). Posúe o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia do Parlamento Europeo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. A principios da década de 1950 estudiou dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Despois do triunfo da Revolución Cubana de Fidel Castro, formou parte da directiva do Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográfica, para o que dirixiu algúns documentais de propaganda. Deste xeito, converteuse no realizador oficial do réxime castrista, para o que realizou películas como Historias de la revolución (1960), Cumbite (1964) ou Memorias del subdesarrollo (1968). Tamén dirixiu La última cena (1976), Hasta cierto punto (1983), Fresa y chocolate (1993) ou Guantanamera (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista.   Licenciado en Ciencias da Información e doutorado en Administración e Xestión da Empresa Informativa pola Universidad Complutense de Madrid, foi profesor da Universidade de Vigo, presidente de Merkley Publicidad, director da Escuela Superior de Turismo Welton, xefe de prensa de Golf Domaio, director da revista económica Foro CFV e director creativo de Proceltha. No mundo periodístico foi redactor xefe de Radio Noroeste e de Radio Popular de Madrid, director da Guía del Ocio, correspondente do diario As en Pontevedra, redactor xefe de Faro de Vigo e director de Faro del Lunes. No medio televisivo dirixiu os programas Venres Show e Mesa Reservada na TVG. Escribiu La pequeña publicidad (1997), La agencia de publicidad como gabinete de prensa y RRPP (1998) e El humor en la publicidad de televisión: lenguajes y mensajes (1999); e os poemarios Llegarte (1983) e Los lentos verbos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político estadounidense. Foi conselleiro militar da presidencia de EE UU (1973-1974), comandante en xefe da OTAN (1974-1979) e secretario de estado (1980-1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense. Organizou e dirixiu o observatorio de Kenwood, en Chicago, e os de Mount Wilson e Mount Palomar. Foi dos primeiros científicos en traballar a astronomía solar moderna, entre outros descubrimentos, destacou a explicación sobre as manchas solares. En 1891, ideou con H. Deslandres o espectroheliógrafo. A partir de 1905 e sendo director do observatorio de Monte Wilson, fixo construír un telescopio que foi o maior do mundo durante 30 anos, de 2,54 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, á beira do río Saale, afluente do Elba (254.360 h [2000]). É un núcleo industrial, que destaca pola minería de lignito e potasa, azucre, maquinaria, industria alimentaria, cemento, produtos químicos e aparellos eléctricos. É sede da Martin Luther Universität Halle-Wittenberg. Pertenceu á Liga Hanseática e do seu patrimonio cultural destacan os edificios de estilo gótico tardío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Secretario de George Washington co que participou na Guerra de Independencia. Colaborou na creación do Federalist Party e foi ministro de Facenda (1790-1795). Escribiu The Federalist (1789) e Report on Manufactures (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de carnívoros terrestres de mediano e pequeno tamaño pertencente á familia dos herpéstidos que inclúe a todas as mangostas. Son especies de hábitos diúrnos. Son orixinarios de climas cálidos. Habitan os buratos das árbores, covas, gretas ou tobeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO