"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘malleira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bisemanal aparecida en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1812. Cesou probablemente en xuño de 1814. Trátase do voceiro da Xunta Superior de Galicia e foi o substituto da “Gaceta instrutiva de la Junta Superior de Galicia” cando esta se trasladou dende A Coruña a Santiago de Compostela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel María de Vila. Incluíu, ademais de información xeral, extractos das sesións das Cortes de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal progresista e liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 30 de novembro de 1918. Subtitulouse “Diario de Santiago”, posto que foi o substituto dun xornal que levaba esta mesma cabeceira. Fundado e dirixido por Manuel Bibiano Fernández, contra 1900 foi substituído por A. Fernández Tafall e, posteriormente, por Francisco Vázquez Enríquez. Saía todos os días agás os domingos. Incluía información sobre temas agrícolas, o ferrocarril, a saúde, a moda, os xogos florais, etc. Ademais inseriu algúns poemas, contos e folletíns sobre historia, economía e dereito. Ás veces, incluía tamén suplementos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir do 4 de agosto de 1929. Subtitulouse “Letras, artes, industrias, actualidades...” Fundada por Eugenio de Olano e dirixida por Xosé Luís Viñas Castro, tentaba reflectir as novidades que chegaban de Europa e América coas achegas de intelectuais destacados da época. No aspecto literario incluíu poemas, contos, entrevistas e recensións dos libros da Biblioteca de Estudios Gallegos. No apartado gráfico, inseríronse fotografías de Ksado e ilustracións de Maside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia liberal aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1814. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico liberal editado na Coruña a partir do 13 de xuño de 1811. Cesou en maio de 1812. Imprimiuse nos obradoiros de Manuel María de Vila e saía todos os mércores e sábados. Trátase do voceiro oficial da Xunta Superior do Reino de Galicia e incluía, ademais de artigos políticos e militares, información económica, cunha especial atención á agricultura e á gandería. Foi substituída pola Gaceta de Galicia no momento do traslado da Xunta Superior a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor entre verde e azul, aplicado en particular aos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión situada no centro de Asia Menor, que se estendía por Frixia e Capadocia, dominada polos celtas gálatas desde o 278 a C. Trala vitoria dos romanos en Magnesia (189 a C) converteuse nun estado autónomo pero fiel a Roma. Provincia romana dende o 25 a C, máis tarde incluíu partes do Ponto e da Paflagonia. No s I san Pablo evanxelizou o S da rexión. Baixo o goberno de Vespasiano engadíronselle os territorios de Capadocia e Armenia (72). A súa extensión reduciuse durante Traxano e Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. As súas obras caracterízanse pola gama cromática cálida e intensa, polos grandes planos de cor e pola gran luminosidade. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, no Salon de l’Art Libre no Palais de Beuax-Arts (París, 1966) e no VII Certame de Pintura Concello de Cambre (1990). Recibiu, entre outros galardóns, a segunda medalla no Certame de Pintura Bello Piñeiro (Ferrol, 1961) e o terceiro premio de debuxo (1988) do Certamen de Pintura Profesor Camilo Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade Autónoma do Reino de España situada no extremo noroccidental da Península Ibérica. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao O co Océano Atlántico, ao L co Principado de Asturias e a Comunidade Autónoma de Castela e León e ao S con Portugal. Sitúase entre os 43° 48’ e os 41° 49’ de latitude N e os 6° 44’ e os 9° 18’ de lonxitude O. Abrangue unha superficie de 29.574 km2, nos que acolle unha poboación de 2.737.370 h (2002). A capital é Santiago de Compostela.

    Xeografía física

    O relevo de Galicia caracterízase polo contraste topográfico entre as terras baixas costeiras situadas por debaixo dos 200 m (o 34% do territorio) e as terras máis elevadas do interior. A morfoloxía tamén sofre un marcado contraste entre as chairas elevadas da área setentrional e a sucesión de serras e depresións de orixe tectónica no sector meridional. Unha terceira oposición xeográfica márcaa a litoloxía, na maior parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Topónimo e antropónimo procedente da palabra latina Gallaecia. Aínda que se descoñece a súa orixe, parece que está relacionado co xentilicio latino gallus ‘galo’, nome que os romanos lles daban aos celtas. Segundo algúns investigadores vén de gal ‘gando vacún’, raíz composta de ga ‘vaca’ e o sufixo -l; ou talvez do persa gal-le-ban ‘pastor de gando vacún’, ‘nómade’, composto de gal-leh ‘armentío, manda de vacas’ e ban ‘pegureiro’; de feito, os celtas foron tradicionalmente un pobo nómade, que sempre estivo vinculado ao gando vacún. A tribo dos “calaicos” ou “galaicos”

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente do cabaleiro Pedro de Favras, señor de Trastámara, tío do Rei Afonso VII. As súas armas traen, en campo de goles, un castelo de ouro, acompañado de sete vieiras, do mesmo metal, tres a cada lado e postas en pau e unha en punta, e saíndo da torre da homenaxe, unha bandeira de dúas puntas, de prata, coa hasta de ouro; bordo tamén de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de outubro de 1860. Cesou a súa edición o 15 de decembro de 1865. Subtitulouse “Revista universal deste reino”. Fundado e dirixido por Antonio Mª de la Iglesia e editado polo seu irmán Francisco Mª, tentou converterse nunha publicación cultural representativa do Rexurdimento. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Norberto Cascante (nº 1) e nos do Hospicio Principal. A través das súas páxinas promoveu a celebración dos xogos florais e dedicou unha especial atención á literatura medieval e á poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado a partir do 10 de maio de 1885 en Ferrol. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego. Nos seus artigos tentaba dignificar a lingua galega e Galicia con traballos de F. Añón, Saco e Arce e Andrés Muruais; incluíu tamén contos e poemas, e información sobre prensa galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na Coruña a partir de xaneiro de 1887. Cesou a súa edición en xuño de 1893. Tivo dúas épocas, a primeira ata maio de 1889 e a segunda que comezou en xullo de 1892. Subtitulouse “Revista regional de ciencias, letras, artes, folk-lore, etc”. Imprimiuse sucesivamente nos obradoiros tipográficos de La Voz de Galicia, de Xosé Míguez Peinó e en La Comercial. Dirixida por Andrés Martínez Salazar, incluíu diferentes artigos nos que defendía o rexionalismo. Ademais, engadiu recensións de obras literarias, historia, etnografía, cuestións de ortografía, contos e refráns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana a partir do 25 de xullo de 1902. Cesou a súa edición o 30 de maio de 1930. Fundado e dirixido por Vicente López Veiga, centrouse fundamentalmente nas actividades das sociedades de emigrantes e incluíu artigos de opinión sobre temas políticos e sociais que afectaban a Galicia. Posteriormente exerceron como directores Constantino de Horta e Xosé Benito Cerdeira. A través das súas páxinas apoiou o movemento de Acción Gallega e as reivindicacións de Basilio Álvarez. No apartado literario, inseriu poemas e narracións de destacados autores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Bos Aires a partir de 1905. Subtitulouse “Revista Regional de Ciencia, Información, Literatura, Artes y Protección”. Dirixiuna María A. Vázquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid a partir de xullo de 1906. Cesou a súa edición en xaneiro de 1909. Subtitulouse “Revista quincenal ilustrada”. Fundada e dirixida por Augusto C. de Santiago, a finais de 1907 pasou a ser propiedade de Xavier Vales, Manuel Vidal e Basilio Álvarez; este último foi o seu director dende novembro de 1908. Saíu a partir duns actos políticos celebrados no día de Santiago de 1906. Incluíu biografías, crónicas de actualidade, información socioeconómica, cultural e política de Galicia e Madrid, e diversos textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir do 30 de maio de 1908. Dirixida por Andrés Martínez Salazar, serviu para conmemorar a Guerra da Independencia e o alzamento da Coruña contra os franceses. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ferrer. Contou coa colaboración de destacados intelectuais galegos como Pérez Costanti, Vaamonde Tettamancy, Uxío Carré e Fernández Flórez, entre outros, e incluíu diversas composicións poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Ferrol a principios do s XX. Subtitulouse “Boletín rexionalista” e estaba dirixida por Xaime Quintanilla Martínez. Nas súas páxinas tentaba achegar o galeguismo aos obreiros da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO