"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na École des Beaux-Arts e en Roma. Entre as obras que reconstruíu destaca a galería de Apolo no Louvre, o Château de Blois e o Château Dampierre. Construíu tumbas monumentais e foi arquitecto do Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anatomista e humanista francés. Latinizou o seu nome en Sylvius. Formouse na facultade de Medicina de París, centro da anatomía galénica. Foi profesor de medicina no Collège Royal (1550-1555) e tivo como discípulo a Vesalio. Descubriu o acueduto que leva o seu nome (acueduto de Silvio). Dominaba o latín, o grego e o hebreo, e admiraba a Hipócrates e Galeno. Escribiu a primeira gramática do francés impresa en Francia, In linguam gallicam Isagoge (1531). Esta divídese en dúas partes: a Etymologica, inventario en que se mostra a correspondencia entre as letras latinas e os sons do francés, e a Grammatica latino-gallica, inventario que recolle cómo se deben trasladar ao latín palabras e construcións do francés. As súas obras de medicina publicáronse reunidas en Jacobi Sylvii Ambiani opera medica, jum demum in sex partes digesta, castigata et indicibus necessaris intuta (1630).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto flamengo. Trala súa viaxe a Italia (1530?), a súa obra reflectiu as características da escultura renacentista italiana. Traballou na colexiata de Santa Waltrudis en Mons (1535-1548) e para o Emperador Carlos V e María de Hungría. Construíu e decorou os castelos de Binche e Mariemont. A maioría das súas obras destruíronse durante a Revolución Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Afiliado ao Parti Communiste (1921), foi secretario da súa directiva (1931-1964) e membro da comisión executiva da III Internacional en 1935. Foi vicepresidente da cámara de deputados (1936-1940) e, despois de ter dirixido a organización do partido desde a Resistencia (1941-1944), foi nomeado vicepresidente da Asemblea Nacional (1946-1948). En 1959 ingresou no Senado, onde presidiu o grupo comunista. Colaborador de Cahiers du Communisme e Humanité, dirixiu La voix de l’Est e escribiu, entre outras obras, Histoire du Parti Communiste Français (Historia do Partido Comunista Francés, 1964), con Villoux, e Mémoires (Memorias, 1968-1973), en sete volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bula papal emitida por Alexandre VI o 26 de setembro de 1493, na que se declaraba que todos os territorios das Indias Orientais non ocupados pertencían a Castela, polo que se rexeitaban as decisións, favorables aos portugueses, de Martiño V (1454) e de Calisto III (1456).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Gutiérrez de la Concha e Irigoyen.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Nord, Francia, situada á beira do mar do Norte (70.331 h [1990]). A súa actividade económica xira ao redor do tráfico de mercadorías do seu porto. As principais industrias pertencen aos sectores téxtil, alimentario (aceites, cervexa e viño) e químico. Fundada, segundo a tradición, no s VII por santo Eloi, constituíu un porto estratéxico disputado por todas as potencias. Conquistada polo duque de Parma para a coroa española en 1583, durante o s XVII alternou como posesión española, inglesa e francesa, ata que en 1662 pasou a pertencer definitivamente á coroa de Francia. En 1940, durante a Segunda Guerra Mudial, foi o punto de evacuación das tropas aliadas. Do seu patrimonio cultural cómpre destacar as igrexas de Saint Eloi e de Notre Dame des Dunes, a Porte de la Marine e a Colonne de la Vitoire.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dunkerque ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Dunkerque.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de C. Franck, recibiu a influencia de R. Wagner. Cómpre destacar o seu poema sinfónico Lénore (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían ese título. Documéntase no s XVIII: “Pedro Duque” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 169).
-
-
Funcionario romano con xurisdición sobre o exército e a administración civil para a defensa dos territorios baixo o seu mando. Logo da reforma administrativa de Diocleciano, no Baixo Imperio Romano, o mando militar quedou separado da administración civil e os duques, que se limitaron ás funcións de xefes militares, e elixíanse entre os reis destronados ou membros destacados do exército, como pago aos seus servicios. Estaba subordinado ao conde (comites), que, á súa vez, lle rendía contas ao prefecto do pretorio (praefectus pretorii). No Imperio Bizantino conservouse o cargo, pero incrementáronse as súas atribucións administrativas e militares, polo que controlaban o poder das provincias. Os pobos xermánicos que invadiron Occidente nestas datas asumiron esta dignidade, pois entre as súas estruturas existía o cargo dun xefe militar elixido pola tropa para dirixilos nas batallas.
-
Na Idade Media, persoa que tiña ao seu cargo o goberno dun ducado. Acumulaban os poderes administrativos e xudiciais, xunto coa dirección do exército, dun xeito máis ou menos autónomo da autoridade do soberano; o seu poder era temporal ou vitalicio. Entre os visigodos que se asentaron na Península Ibérica, dirixía o exército dun ducado por delegación do rei e exercía os poderes xudiciais, políticos e administrativos. Os seus privilexios incluían tamén a capacidade de cuñar moeda dentro dos seus dominios. Logo da invasión musulmá (711), a monarquía astur-leonesa serviuse dos duques para o goberno de territorios, pero esta denominación caeu en desuso e foi substituída pola de conde. En Francia, durante o dominio dos francos, ocupábanse do goberno dunha provincia ou comarca cunha función militar e tiñan poder sobre os condes, que gobernaban as diferentes cidades dentro do seu territorio. Baixo o goberno de Carlomagno emprendeuse unha redución do seu poder, pero, despois da morte de...
-
Título nobiliario que na escala xerárquica está normalmente por riba do de marqués e por debaixo do de príncipe (excepto en Italia e Alemaña, onde xeralmente o duque está por riba do príncipe).
-
Persoa que posúe o título nobiliario de duque ou duquesa.
-
Cónxuxe dun duque ou dunha duquesa.
-
-
Persoa soberana dun gran ducado, como o de Luxemburgo.
-
Título dado erroneamente aos fillos, aos netos e aos irmáns, de ambos os dous sexos, do tsar de Rusia, que en realidade reciben a denominación de grandes príncipes.
-
Cónxuxe do gran duque ou da gran duquesa.
-
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo e neto de Pedro Roldán, foi escultor de cámara durante a residencia da corte en Sevilla (1729-1733). O seu estilo, detallista, utiliza as liñas curvas e as figuras movidas. Traballou, entre outras obras, na cartuxa de El Paular (1723-1728) e na igrexa de San Luis de los Franceses. Entre as súas obras destaca o cadeirado do coro da catedral de Córdoba (1748-1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Rio de Janeiro, na baía de Guanabara (715.089 h [1996]). As súas principais actividades económicas son o comercio e a industria, especialmente a metalurxia, a mecánica, o sector téxtil, as refinerías de petróleo e as pequenas fábricas de mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no centro urbano de Sanxenxo. Agás a torre defensiva situada no lado L, que é do s XVI, edificouse no s XVIII. Está formado por un corpo central, cun patín con balaustrada, arquitrabado e cuberto, dotado dunha escaleira de pedra. Á súa dereita hai outro corpo con solaina. Formando un escuadro cos dous corpos precedentes, sitúase un terceiro que se une co muro e coas portas; entre elas sitúase a capela dedicada a san Miguel Arcanxo. No exterior destacan os pináculos, as bólas, as gárgolas e outros elementos decorativos barrocos, e os escudos coas armas dos Valladares, Aldao, Rivera, Zúñiga, Mariño e Patiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ángel de Saavedra.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico e astronauta. Membro da Axencia Espacial Europea, é un especialista en simuladores de voo e modelos para a determinación de órbitas. En 1998 converteuse no primeiro astronauta español que viaxou ao espacio, concretamente na misión STS-95 da NASA.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na vila de San Sadurniño que se reconstruíu en numerosas ocasións. Pertenceu aos señores de San Sadurniño, que acadaron o título de marqueses de San Sadurniño (1688) e de duques da Conquista (1735). Trala morte sen descendencia do derradeiro duque, pasou á congregación de Cristo Rei e funcionou como vivenda, e dende 1968 como colexio. A comezos do s XX realizouse unha reforma, pero conservouse o edificio e a torre ameada, que mantén escudos dos Andrade e dos Castro de Lemos nas esquinas da torre. Coa súa transformación en centro de ensino, engadíuselle un novo edificio. Tivo xardín, capela e outras construcións adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural sen ánimo de lucro, con sede en Soria, creada en 1989 pola iniciativa e baixo a presidencia de honra da infanta Margarida de Borbón e de Carlos Zurita, duques de Soria. O seu obxectivo principal é a colaboración co mundo hispánico internacional e coa universidade no estudo e na difusión da cultura española, con especial referencia á lingua, mediante a organización de actividades académicas complementarias das programadas polas universidades. Apoia as institucions, como a Real Academia Española, o Instituto Cervantes ou a Asociación Internacional de Hispanistas. Na Comunidade Autónoma de Castela e León colaborou coas principais institucións de Soria, Salamanca e Valladolid.