"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Loita que, segundo a lenda grega, tivo lugar entre os deuses do Olimpo e os xigantes, fillos de Xea e de Urano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khildeberto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘famento’ e ‘avaro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe teleósteo do xénero Gymnotus, da familia dos ximnótidos, co corpo comprimido, alongado e serpentiforme, os ollos pequenos, a boca minúscula, e órganos eléctricos. Habita nos ríos de América subtropical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khindasvinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión nacional dos xaponeses, denominada shinto (camiño dos deuses) en oposición á butsudbō (camiño de Buda). Hai un xintoísmo primitivo que se diferenza de moitas outras formas influídas polo confucianismo, o taoísmo e o budismo. Relixión basicamente animista ou politeísta, non ten fundador, escrituras, nin dogmas, pero si unha rica mitoloxía e un culto importante. A noción central é a pureza ritual e física, non moral. Ser impuro é o pecado (tsumi), que pode ser voluntario ou involuntario. O pecador ou contaminado recupera a pureza a través de diferentes ritos, como o harae (exorcismo), o misogi (ablución con auga e sal), o imi (tipo de profilaxe do pecado que consiste nunha abstinencia) e outros. Os documentos máis antigos, o Kojiki (Arquivos de cousas antigas) e o Nihongi (Anais de Xapón), tratan da historia mítica de Xapón a partir da data lendaria da fundación do imperio (660 a C), onde teñen un papel relevante os kami ou deuses, así como os heroes Izanagi e Izanami, a deusa...
-
-
Relativo ou pertencente ao xintoísmo.
-
Seguidor do xintoísmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade náhuatl que se representa coa forma dun home nu cuberto de pel humana, cunha gorra cónica e dúas borlas ata os ombros, aneis de ouro e colgantes de caracol. Sacrificábanlle seres humanos, e os enfermos, para sandar, tiñan que vestir as peles das vítimas sacrificadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que xira arredor de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
zaragateiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido que xira arredor dun eixe libre cun movemento animado que se emprega para estabilizar a dirección que ten lugar nese eixe debida á inercia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de rochas metamórficas granuladas cunha xistosidade a causa da orientación dos minerais. Os grans que o forman son bastante grosos para permitir a identificación macroscópica dos minerais que o compoñen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación das rochas en láminas, segundos planos que xeralmente non coinciden co plano de estratificación.
-
PERSOEIRO
Arcebispo, pai e doutor da Igrexa. Formouse na escola de Libanio xunto a san Basilio o Grande, estudou teoloxía con Diódoro bispo de Tarso e destacou pola súa elocuencia. Ordenado sacerdote (376), foi diácono (381) e presbítero de Antioquía (386), desenvolvendo unha intensa actividade pastoral, consagrada fundamentalmente á predicación. En 398 foi consagrado arcebispo e patriarca de Constantinopla, pero as súas predicacións provocaron a inimizade da Emperatriz Eudoxia e doutros bispos e, tras o Sínodo de Quene (403), foi deposto e desterrado a Bitinia. A indignación popular forzou o seu retorno, pero Eudoxia conseguiu que fose novamente exiliado a Ponto (404). A partir do s VI recibiu o alcume de Crisóstomo (Boca de Ouro) pola súa elocuencia. As súas obras están formadas por predicacións esexéticas, sermóns de circunstancias, homilías litúrxicas entre as que destacan as catequeses bautismais, e tratados. A súa festividade celébrase o 13 de novembro en Oriente e o 13 de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lisboa 1647 - Oriur 1693) Mártir. Educado na corte de Xoán IV, ingresou nos xesuítas en 1662. Partiu como misioneiro a India (1673), onde morreu decapitado. A súa festividade celébrase o 4 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Compilador grego. É autor dunha antoloxía de escritores gregos, desde Homero aos neoplatónicos, dividida por temas en catro libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Bizkaia (1322-1326), fillo de María I e Xoán I de Bizkaia. En 1319, ao morrer seu pai, proclamouse rexente de Afonso XI de Castela, que o rexeitou como conselleiro ao acadar a maioría de idade (1325) e fixo matalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1481-1495), fillo e sucesor de Afonso V. Reprimiu duramente a nobreza rebelde. Mantivo a paz con Castela, o que lle permitiu dedicarse a organizar expedicións marítimas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa, filla de Ricardo de Lestonnac e de Xoana Eyquem de Montaigne, e sobriña do humanista Montaigne. Despois dunha curta experiencia no císter de Toulouse, traballou a prol das mulleres. Cun grupo de compañeiras e coa axuda dos xesuítas Xoán de Bordes e Francisco Raymond, fundou a orde da Compañía de María a Nosa Señora en Bordeos, aprobada polo Papa Paulo V en 1607. A súa intención era aplicar á educación das mulleres os postulados que Montaigne defendía para a educación dos homes: a educación do home íntegro, a instrución en todo o que se refire ao espírito e á recta dirección do entendemento e dos costumes. Tamén recibiu a influencia das escolas calvinistas da época e, sobre todo, da Compañía de Xesús, a través do seu sistema pedagóxico, a Ratio Studiorum. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela e León (1504-1516; titular 1516-1555) e titular de Aragón (Xoana I; 1516-1555) e de Nápoles-Sicilia (Xoana III; 1516-1555), duquesa de Bramante e condesa de Flandres, filla dos Reis Católicos. En 1495 concertouse o seu matrimonio co arquiduque Filipe de Austria, herdeiro do Emperador Maximiliano I e de María de Borgoña, e casou por poderes en Valladolid (1496) e en persoa en Lilla. Ao morrer a súa nai (1504) foi aclamada como raíña de Castela e foi xurada, co seu home, nas cortes de Toro, onde o seu pai declarou a súa incapacidade para gobernar. Pola Concordia de Salamanca (1505) acordouse que reinasen Xoana, Filipe e Fernando o Católico, e pola Concordia de Villafáfila (1506) declarouse a súa incapacidade para gobernar e quedou como único rei Filipe. Morto seu pai (1516), herdou as coroas de Castela-León, Aragón e Nápoles-Sicilia, aínda que o goberno efectivo pasou ao seu fillo Carlos de Gante (Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO