"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de saliva sanguinolenta.
-
GALICIA
Maxistrado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi presidente do Tribunal de Revisión de Penas en Oviedo durante a Guerra Civil Española e, posteriormente, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial da Coruña (1961). Colaborou en diversas publicacións, como El Universal, La Esfera, El Mundo, El Noroeste, La Voz de Galicia e Vida Gallega. Publicou La vieja y memorable Marineda (1951) e Semblanzas del banquillo. Crónicas de Audiencia Pública (1957). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, narrador e historiador romántico. Publicou A voz do profeta (1836), onde a tensión e a énfase romántica aparecen intelectualizadas. En 1850 apareceu toda a súa obra lírica no volume Poesía. Os seus contos, Lendas e narrativas (1851), e as súas novelas O monge de Cister (1841), O Bobo (1843) e Eurico o presbítero (1844), impulsaron a novela histórica en Portugal. Como historiador destacan História de Portugal (1846-1851) e Portugaliae monumenta historica (1856-1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e inventor grego. Foi o inventor de máquinas como a dioptra, o odómetro (sistema de engrenaxes combinadas para contar as voltas dunha roda) e a eolipila, quizais o máis importante, precursora da turbina de vapor. Estableceu unha fórmula para obter a área dun triángulo (fórmula de Herón) e un método aproximativo para calcular as raíces cadradas e cúbicas. Encontrou solucións alxébricas das ecuacións de primeiro e segundo grao. Entre as obras de carácter científico que se lle atribúen destacan Métrica, manuscritos con finalidade práctica onde se estudian áreas, volumes e división de figuras en partes proporcionais; Mecánica, en que se estudian as proporcións das figuras, as maquinas simples e as aplicacións da mecánica; Pneumaticorum libri duo, libro técnico sobre pneumática que no prefacio trata o concepto de baleiro por primeira vez; Catóptrica, que trata os espellos planos, cóncavos e convexos; e Dioptra, sobre o uso deste aparello...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador e publicista. Os seus ideais revolucionarios ocasionáronlle o desterro e desde 1847 residiu en París, Londres, Niza e Xenebra. Destacan as súas memorias Byloje i dumy (Pasado e pensamentos 1852-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Florida, EE UU, pertencente á aglomeración urbana de Miami (188.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
naftol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición musical que constitúe un dos símbolos de Galicia. A música foi composta por Pascual Veiga e tomouse a letra do poema Os Pinos de Eduardo Pondal, da súa obra Queixumes dos Pinos (1886). O himno estreouse o día 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro de La Habana. Musicalmente, é unha composición en compás de 4/4 e que emprega a escala habitual da gaita, co Si bemol na armadura. Con respecto ao seu contido literario, destaca o seu carácter de composición épica culta, relacionada cos guerreiros celtas e co ciclo mitolóxico irlandés, tan de moda na época na que foi escrito por Pondal. O autor constrúe este poema como unha forma máis de lexitimar e defender os valores do pobo galego, co que tenta recrear un pasado glorioso para Galicia e, consecuentemente, dotala duns trazos propios que a distinguen como nación e país mítico, berce de grandes e importantes homes, aos que anima á defensa e á súa identificación coa terra galega. O Estatuto de Autonomía de Galicia de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
hiperenxebrismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sevillano.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, foi director de Radio Popular de Ourense e das revistas Sábado Gráfico e El cocodrilo Leopoldo. Colaborou en diversos medios de comunicación, como Cadena SER e COPE, ou Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Región-Internacional e O Correo Galego. Publicou El enigma de un hombre (1989), E logo Lugo, qué? (1993), Otra historia gallega envuelta en humo (1993), Con el viejo Bene en la isla (1995), As lerias do Leiras (1996), El caballero de Galicia (1996), De outros galegos (1998) e Pedro Murias, algo más que un indiano (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que está encargada de atender os enfermos dun hospital.
-
Membro da orde de San Xoán de Xerusalén.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da área metropolitana e da provincia de Barcelona, Catalunya (239.019 h [2001]). Vinculado historicamente á cidade de Barcelona, o seu desenvolvemento económico e urbano está en estreita relación co da capital, pois debido ao seu carácter limítrofe converteuse nunha das primeiras áreas de expansión residencial e localización industrial periférica. Esta expansión desembocou nunha auténtica conurbación; malia todo, puido manter a súa identidade municipal, incluso cando en 1974 se integrou na entidade supramunicipal da área metropolitana de Barcelona. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas románicas de Santa Eulàlia de Provençana e de Bellvitge e as construcións industriais modernistas Can Serra e Can Espanya, declaradas Ben de Interese Cultural (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á hostalería.
-
Persoa que rexenta un hostal ou se dedica ao negocio da hostalería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto da industria e das actividades que se dedican a ofrecer servicios de comida e aloxamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bimensual editado a partir de xullo de 1991 en Santiago de Compostela pola CEHOSGA. Realizado polo gabinete de prensa da propia confederación, incluíu información referida á hostalería en Galicia, entrevistas a distintos persoeiros do sector e novas sobre turismo e gastronomía.
-
GALICIA
Pintor. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é profesor na facultade de Belas Artes de Pontevedra. En Ourense relacionouse con Xaime Quessada, Virxilio, Acisclo Manzano e outros artistas. A súa obra inicial recibiu a influencia do
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Eduardo Galeano, foi redactor xefe do diario La Marcha (1960-1964), director de Época (1964), e en Bos Aires fundou e dirixiu a revista Crisis. Na súa obra pretendeu reflectir a intrahistoria dos pobos e das xentes de América Latina en base a pequenas historias. Escribiu Los días siguientes (1963), Guatemala, país ocupado (1967), Las venas abiertas de América Latina (1971), Días y noches de amor y de guerra (1978) e Patas arriba. La escuela del mundo al revés (1998). A súa triloxía Memoria del fuego, composta por Los nacimientos (1982), Las caras y las máscaras (1984) e El siglo del viento (1986), foi premiada polo Ministerio de Cultura de Uruguay e recibiu o American Book Award da Washington University.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e mestre. Catedrático de Retórica e Poética no colexio de segundo ensino da Coruña e director da Escola Normal de Santiago, exerceu desde 1851 como inspector de ensino primario. Fundador e director da revista Galicia (1860-1865), xunto co seu irmán Francisco, publicou nela o primeiro Dicionario gallego-castellano (1863), redactado por Francisco X. Rodríguez e ordenado polo propio Antonio de la Iglesia. Tamén colaborou con contos e poemas en numerosos periódicos e revistas da época. Integrante da segunda xeración provincialista, ademais de impulsar a celebración dos Xogos Florais da Coruña (1861), compuxo numerosas poesías que se incluíron no Álbum de la Caridad e publicou El idioma gallego. Su antigüedad y su vida (1886), a primeira escolma da literatura galega aparecida no Rexurdimento e coa que o autor tentaba amosar a importancia do galego como lingua.
VER O DETALLE DO TERMO