"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • DIARIOS

    Diario británico fundado en 1855 por Arthur B. Sleigh co nome de Daily Telegraph and Courier, que aos poucos meses foi adquirido por J. M. Levy. Despois dunha gran crise, en 1928 foi vendido aos irmáns Berry, quen reanimaron económica e editorialmente a publicación. En 1937 absorbeu o Morning Post, fundado en 1772. Órgano das clases medias, vinculouse dende os anos trinta ao partido conservador. En 1968 rexistrou unha tiraxe media de máis dun millón de exemplares. Forma parte da empresa editorial Telegraph Group Limited (TGL), que publica ademais The Sunday Telegraph e The Spectator. Á súa vez, o grupo TGL é propiedade de Hollinger International Inc, unha compañía editora con xornais en EE UU, Reino Unido, Canadá e Israel. Por outra banda, pertence á European Dailies Alliance (EDA), un colectivo xornalístico que integra catro importantes medios de comunicación europeos: Le Figaro, de Francia, ABC, de España, e Die Welt, de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Instruíuse con Antonio Illesberg en Trieste e logo estudiou composición con Casiraghi e Frazzi en Florencia. Nas súas primeiras obras empregou a linguaxe diatónica e, posteriormente, penetrou no dodecafonismo. Da súa produción destacan as óperas Volo di notte (Voo nocturno, 1940) e Il prigioniero (O prisioneiro, 1950); a música orquestral Picola musica notturna (Pequena música nocturna, 1954), Variazioni (Variacións, 1954) e Job (1950); e a serie de pezas para voz solista e conxunto 5 canti (5 cantos, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico grego. Bispo de Corinto en 1921 e arcebispo de Atenas en 1938 e 1942. Foi desterrado polo goberno grego (1938-1941). Opúxose á ocupación alemá e protexeu os xudeus. O Rei Xurxo II nomeouno rexente de Grecia (1944-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes de ata 35 cm de lonxitude, de corpo arredondado, aletas dorsal e caudal anchas e dispostas en posición posterior, e mandíbulas curtas con dentes afiados. Habitou os arrecifes coralinos dende finais do Triásico ata principios do Xurásico. Os xacementos máis importantes están na India e Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica pena e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XI: “Marina Ares da Pena” (doc ano 1068 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Pena.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha cadea rota, nunha parte, e na outra un home cunha cadea ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Dapena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Canteiro. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio. Realizou reproducións de escudos, restauracións de cruceiros, chemineas, fontes, reloxos de sol e outras pezas de cantería en Pontevedra, Ponteareas e Zaragoza, entre outros lugares. Colaborou na montaxe de exposicións na Escola de Cbanteiros de Poio e realizou exposicións en Pontevedra e As Pontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, escultor, ceramista, deseñador gráfico e vidreiro. Coñecido como Chema Dapena, iniciouse na arte da man de Saturno Lois, López Guntín e Esteve Adam. Realizou estudios de pintura, escultura, deseño industrial, cerámica, vidro e microfusión de metais, entre outras, na Escola de Artes e Oficios Ramón Falcón (Lugo) e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Dende 1980 vive en Ourense. No eido do deseño gráfico, foi director artístico e creativo de Porcelanas Galos (1983-1991). Dende entón compaxinou a actividade artística coa docencia. Deu cursos de deseño, vidro e cerámica para a firma Olarte en Montemor O Vello (Coimbra), no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, na Escola de Vidro de Galicia, na Fundación Centro Nacional del Vidrio e na Real Fábrica de Cristales de La Granja. Na súa obra conviven os distintos materiais, como o vidro, a madeira, o chumbo, o ferro e o aceiro, nunha proposta na que a figuración deixou paso a unha abstracción na que propuxo mundos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, da familia das timeleáceas, denominados popularmente trobiscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos, da orde dos cladóceros, de ata 3 mm de lonxitude, con catro ou seis parellas de apéndices torácicos e cunha cuncha transparente formada por dúas valvas, da que sae só a cabeza. Posúen antenas grandes, que lles serven para nadar, e ollos laterais. Viven en augas de pouca corrente ou en charcas e lagoas. Aliméntanse de algas microscópicas e sérvenlles, á súa vez, de alimento aos peixes. Viven de 3 a 4 semanas e reprodúcense cada 48 horas, durante o verán, mediante partenoxénese. Os ovos desenvólvense na cavidade incubadora, disposta entre o corpo e a cuncha. No outono nacen machos, de pequeno tamaño, que fecundan as femias. Os ovos fecundados están provistos dunha grosa capa de quinina que os fai resistentes ao inverno, e dan lugar na primavera a novas femias. Non presentan fases larvarias e os animais que nacen dos ovos teñen unha aparencia similar, agás no tamaño, aos exemplares adultos. Presentan unha alta sensibilidade aos tóxicos, aféctalles a presenza de mercurio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas nocturnas ao que pertencen algunhas esfinxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos neosítidos, ao que pertence o gabeador australiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica ponte e mais a contracción da, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Clemenço da Ponte” (doc ano 1281 en Miguel Romaní, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Ponte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Continuador do espírito de Bizancio, as súas obras mesturan notas autobiográficas con exemplos históricos e míticos. Da súa produción destacan Kathréptēs gynaikōn (O espello das donas) e Kēpos Kharitōn (O xardín das Gracias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, seis vieiras de ouro, postas unha, dúas e tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido branco e cristalino que funde a 175-176°C, practicamente insoluble en auga e inestable á luz. Emprégase no tratamento da lepra e da malaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos proceláridos, ao que pertencen algúns petreis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modos da terceira figura. A premisa maior e a menor son proposicións universais afirmativas, e a conclusión é unha proposición particular afirmativa. Un exemplo sería: “Se todos os cachorros son divertidos/e todos os cachorros son doces/entón algúns seres doces son divertidos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego editada a partir de xullo de 1989 en Santiago de Compostela, co apoio da concellería de Xuventude do concello de Santiago. Dirixida por Arturo L. Regueiro, contaba coa colaboración de Margarita Ledo Andión, Suso de Toro, Xaquín Marín, Helena de Carlos, Tino Viz, Fernando García Varela e outros. Encargouse da dirección artística Fausto C. Isorna e do deseño gráfico Xosé Salgado. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Castrondouro”, “Historieta” e “Relato”. Incluía artigos de carácter cultural con fotografías en branco e negro, acompañados de cómics e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO