Das Capital
Das Capital
[PUBLIC]
Revista en galego editada a partir de xullo de 1989 en Santiago de Compostela, co apoio da concellería de Xuventude do concello de Santiago. Dirixida por Arturo L. Regueiro, contaba coa colaboración de Margarita Ledo Andión, Suso de Toro, Xaquín Marín, Helena de Carlos, Tino Viz, Fernando García Varela e outros. Encargouse da dirección artística Fausto C. Isorna e do deseño gráfico Xosé Salgado. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Castrondouro”, “Historieta” e “Relato”. Incluía artigos de carácter cultural con fotografías en branco e negro, acompañados de cómics e debuxos.