"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
DIARIOS
Diario editado a partir do 25 de xullo de 1922. Cesou a súa edición o 15 de setembro de 1926. Subtitulouse “Diario de Vigo”. Dirixiuno inicialmente Felipe Lavandeira que, posteriormente, foi substituído por Valentín Paz Andrade. O seu carácter galeguista e de esquerdas fixo que sufrira unha suspensión do goberno de Primo de Rivera en 1925. Prestou unha atención especial ás noticias de Vigo e Galicia. Ademais de crítica literaria, contos, folletíns e poemas de destacados escritores galegos, nas súas páxinas incluíronse ilustracións de Castelao da serie “Cousas”. Pola súa importancia literaria cómpre destacar a sección “Domingos literarios de Galicia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado na Coruña a partir do 25 de agosto de 1924. Cesou a súa edición o 5 de agosto de 1926. Dirixido por F. Montero Doíztua, incluíu comentarios sobre libros da colección Lar e poemas. Foi substituído por Galicia Gráfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de xuño de 1926. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Buenos Aires” e foi a substituta do Boletín oficial del Centro Gallego. Dirixírona Luís Seoane (1940-1957), Eduardo Blanco Amor (1957-1965), Xosé Blanco Amor (1967-1970), Xoán Barreiro (1970-1971), Valentín Fernández (1971-1976), Xoán M. Pérez (1976-1978), Alfredo Baltar (1978-1981) e Rodolfo Alonso (1981). A través dos seus ensaios, artigos e documentos tentou servir como elemento difusor da cultura galega e como medio informativo das actividades dos emigrantes na Arxentina. A partir de 1932 abundaron as referencias ao nacionalismo e ao proxecto do Estatuto de Autonomía, así como novidades do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega. A partir de 1979 subliñou a importancia para Galicia da aprobación do devandito Estatuto e ofreceu información sobre as actividades do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Incluíu ademais poemas e contos dos principais escritores e intelectuais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de agosto de 1929 en Montevideo. Cesou a súa edición en xaneiro de 1931. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Montevideo”. Nos seus últimos números dirixiuna Julio Sigüenza. Substituíu temporalmente á Revista del Centro Gallego. Incluíu composicións poéticas, contos, recensións de novidades literarias e artigos sobre o emprego do galego na universidade, o teatro en Galicia, o galeguismo, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario editado en Ourense a partir do 15 de xuño de 1930. Cesou a súa edición ao redor de 1937. Fundado por Marcial Ginzo Soto, na súa dirección participaron o propio fundador, Ricardo Outeiriño, Antonio López e Xosé Rodríguez. Seguidor das doutrinas políticas de Calvo Sotelo e defensor da relixión católica, centrou os seus ataques nas posturas republicanas e comunistas. Na súa redacción colaboraron destacados escritores galegos como Vicente Risco, Manuel L. Acuña, F. López Cuevillas e Fernández Oxea.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en Bos Aires a partir do 7 de decembro de 1930. Foi o voceiro da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Fundado e dirixido inicialmente por Antón Alonso Rios, sucedéronse no cargo Suárez Picallo, Blanco Amor, Avelino Díaz e Arturo Cuadrado. Tentou converterse en medio informativo da colectividade galega na capital arxentina e reivindicar a emancipación do pobo galego. Incluíu ademais textos de destacados intelectuais galegos, artigos sobre escritores e poesías. Foi o substituto de El Despertar Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir do 25 de xullo de 1932. Cesou a súa edición en xuño de 1933 (nº 10) e reapareceu en outubro de 1934 co subtítulo de “Revista mensual ilustrada”. Dirixiuna Xosé Boullón e contou co apoio da Mutua Gallega Quinta Salud. No seu equipo de redacción participaron o director literario L. Conde de Rivera, Casado Nieto e Salvador García-Bodaño. Incluíu poesías e textos literarios de destacados intelectuais galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de 1943 en México. Cesou a súa edición en 1947. Foi a voceira da Alianza Nazonal-Galega, integrada por políticos e sindicalistas de todas as correntes de esquerdas. Editada inicialmente por Ramón Troncoso, co tempo pasou a mans de Juan García Gómez. Ademais de información política, incluíu pequenas contribucións literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida ao redor de 1946 e subtitulada “Revista de Orientación Antifranquista”. De tendencia comunista, editouse na clandestinidade. Dirixiuna probablemente Gómez Gayoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada a partir do 25 de xullo de 1952 no Centro Galego de Caracas. Definiuse como liberal e antifranquista e estaba dirixida por Antonio Somoza Outeiral. Incluíu información sobre as actividades do centro e dos emigrantes en todo o continente, ademais de artigos culturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Santiago de Compostela a partir do 9 de xullo de 1988. Subtitulouse “Ensaio de boletín clandestino pra os amigos do Instituto Galego de Información”. Incluíu información de carácter político referida a diversas cuestións como os recursos do mar, a industria, os recursos mineiros e enerxéticos, os recursos agrarios e turísticos, etc. Ademais, engadiu diversas novas breves referidas a Europa e ao mundo, xunto con datos sobre xornadas e conferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na Coruña a partir do 15 de novembro de 1988 por Imagen 10 SA. Cesou a súa edición o 15 de decembro do mesmo ano. Subtitulouse “La revista de información general hecha desde Galicia”. Dirixida por José A. Parrilla, incluíu artigos sobre política, moda, arte e turismo, ademais de entrevistas e comentarios bibliográficos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña o 1 de xaneiro de 1927. Cesou a súa edición o 20 de marzo de 1930 (nº 75). Subtitulouse “Revista quincenal de cuestiones sociales. Órgano de la Federación Católico-Agraria de La Coruña”. Dirixida por Xosé Mª Taboada Lago, nos seus artigos analizábanse temas agrícolas e gandeiros, lexislación e redención de foros. Ao rematar a súa edición foi substituída por Galicia Social Agraria, publicada en Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ourense entre xaneiro e febreiro de 1980. Foi o voceiro da Confederación Sindical Galega das Sociedades Agrarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en Pontevedra a partir de 1911. Subtitulouse “Órgano de la asociación de peritos agrícolas y agrimensores de Galicia y Asturias”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. Poza. Dirixida por Xosé López Otero, incluíu información variada sobre agricultura, fitotecnia, gandería, zootecnia, economía rural, industrias rurais, socialismo agrario e política profesional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida en Lugo a partir de 1911. Foi o voceiro da Asociación de Peritos Agrícolas y Agrónomos de Galicia y Asturias. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Suárez Sal. Dirixida por Feliciano Canto López, incluíu información sobre agricultura, zootecnia, fisiografía agrícola, agronomía, economía rural, industrias rurais e socialismo agrario.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1895. Subtitulouse “Revista semanal consagrada al estudo y defensa de la agricultura, la industria y el comercio en Galicia”. Dirixiuna Adolfo Lahorra. Tirou do prelo cando menos 12 números. Incluíu información de carácter técnico e económico sobre agricultura, gandería, comercio e industria en Galicia. Atendeu tamén a congresos do sector e inseriu notas bibliográficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1996. Editada pola dirección xeral de Política Lingüística, subtitulouse “Boletín dos departamentos de estudios galegos”. Incluíu información sobre os centros de estudios galegos espallados polo mundo, e referencias bibliográficas sobre novidades editoriais, convocatorias de premios e actividades ou cursos relacionados coa lingua e a literatura galegas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO