"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.

    2. Grao de interdependencia entre diversas variables, isto é, entre diferentes conxuntos de números. Se os valores das diferentes variables satisfán exactamente unha ecuación, dise que hai unha correlación perfecta entre elas. Fálase de correlación simple e de correlación múltiple dependendo de se o número de variables é igual ou superior a dous. Os valores das variables represéntanse no chamado diagrama de dispersión. Se todos os puntos do diagrama parecen encontrarse aproximadamente sobre unha recta, dise que a correlación é lineal; cando os puntos describen unha certa aproximación a unha curva, fálase de correlación non lineal. Dadas dúas variables aleatorias X e Y, dise que hai unha correlación directa ou positiva se Y tende a aumentar ou a diminuír conxuntamente con X; pola contra, se Y tende a diminuír cando X se incrementa, ou á inversa, hai unha correlación inversa...

      1. Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente. Trátase, pois, dunha relación xeneralizada, na que os seus membros se coñecen como correlativos. Entre as correlacións máis frecuentes hai que mencionar a melódica, onde cada fonema ocupa un lugar, segundo os valores dos seus trazos tonais, que cambian ao longo da súa duración; a correlación de timbre, que afecta á localización acústica dos fonemas vocálicos; a correlación de cantidade, por oposición de duración longa e duración breve; a correlación de nasalidade, fundamentada na ausencia ou na presenza de resonancias nasais; a correlación vocal ou de sonoridade, por oposición de sons con vibracións vocais ou sen estas vibracións; a correlación tónica, mediante a oposición de fonemas tónicos e fonemas átonos segundo a distribución da intensidade acústica, que permiten diferenciar, por exemplo,...

      2. correlación gramatical

        Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro, e os dous denomínanse correlativos. Así, na expresión Tan pronto ri como chora, as formas tan pronto e como son correlativas, de xeito que unha supón a outra.

    3. Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar. Dámaso Alonso distinguiu a correlación reiterativa, na que os distintos conxuntos de elementos que integran o texto teñen o mesmo contido conceptual; a correlación progresiva, na que existe un avance no contido dos conxuntos; e a correlación recolectiva, que implica unha recompilación final dos elementos dispersos no texto.

    4. Relación equivalente entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de correlacionar.

    2. Aplícase ao fenómeno estatístico que consiste en que as series de observacións que o conforman presentan un coeficiente de correlación coas doutro.

    3. Integrante dunha correlación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha correlación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en relación dúas ou máis cousas.

    2. Establecer a correlación que existe entre dúas series estatísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘ano (12 meses)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter liberal que apareceu no ano 1821. Dirixiuna Manuel Pardo de Andrade e tiña a misión de informar ao público en xeral sobre asuntos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de corroborar ou corroborarse.

    2. Parte do corpo dun documento que segue á sanción, composta por una relación de claúsulas de validación que garanten o cumprimento das formalidades necesarias para dar validez legal ao documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de corromper ou corromperse.

    2. Delito consistente no suborno de funcionarios públicos. Pode revestir dúas formas: activa, cando se induce a un funcionario, con regalías ou promesas, ao cumprimento ou á omisión dun acto relacionado coas súas funcións; e pasiva ou concusión, cando é directamente o funcionario quen demanda ou recibe presentes ou regalos, ou mesmo acepta a promesa de recibilos nun futuro, para executar un acto relativo ao exercicio do seu cargo e que, ou ben constitúe un delito, ou ben é un feito manifestadamente inxusto malia non ter carácter estritamente delitivo.

    3. Delito contra a honestidade consistente na promoción, favorecemento ou facilitación da prostitución ou corrupción dun menor de idade.

    4. Alteración dun texto por causa das sucesivas copias erradas que del se fixeron, por mor da inclusión de emendas, ampliacións ou resumos do orixinal ou por calquera outra causa, de xeito que resulta imposible restituír o sentido primitivo con certeza.

    5. Deterioración que unha lingua pode sufrir cando non se utiliza para todas as necesidades comunicativas dos individuos que a falan e, polo tanto, é incapaz de satisfacer algunhas destas necesidades. Só pode acontecer cando dúas ou máis linguas entraron en contacto dentro dunha mesma sociedade, e os individuos plurilingües fan un uso limitado dunha ou de todas as linguas que son capaces de falar, feito que dá lugar a unha especie de compartimentación no seu emprego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada en Roma, foi orixinariamente o palacio Riario. No 1736 adquiriuno o cardeal Neri Corsini e transformouno segundo as trazas ditadas por Ferdinando Fuga. En 1833 pasou a pertencer ao goberno italiano. Foi residencia da Raíña Cristina de Suecia. O interior destaca pola súa sobriedade mentres que o exterior descobre a escenografía barroca. O legado de Tommaso Corsini foi o núcleo que formou a Galleria Nazionale d’Arte Antica, situada entre este palacio e o palacio Barberini. É sede da Accademia Nazionale dei Lincei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De orixe arxentina, a súa familia regresou a Bos Aires en 1918. En 1935 obtivo o título de profesor en Letras e ingresou na facultade de Filosofía e Letras; posteriormente, exerceu a docencia en varias localidades do país. En 1951 trasladouse a París cunha bolsa do goberno francés, comezou a traballar como tradutor na UNESCO e en 1981 obtivo a nacionalidade francesa. A súa obra caracterízase pola busca constante dunha linguaxe propia, o humor sútil e destrutivo, a asimilación das técnicas renovadoras da narrativa contemporánea, a profundización nas raíces do mundo hispanoamericano e a vontade de unir a preocupación estética e a sociopolítica. Influído por Roberto Arlt, Horacio Quiroga, Jorge Luis Borges, Jean Cocteau ou Alfred Jarry, considérase un dos principais cultivadores da literatura fantástica, cunha concepción da fantasía creadora que non se opón ao real, senón que o potencia e fai xurdir o ilóxico e o irracional dentro do cotián. Colaborador en diversas revistas especializadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte, con sede na Haia, encargada de xulgar os delitos internacionais graves: crimes de xenocidio, crimes contra a humanidade e crimes de guerra. O seu estatuto foi adoptado en Roma o 17 de xullo de 1998 ao remate dunha conferencia internacional organizada baixo os auspicios das Nacións Unidas. O estatuto foi promulgado para continuar os traballos dos tribunais creados para xulgar os delitos cometidos na antiga Iugoslavia e Rwanda. En abril do ano 2001, 140 países asinaron o estatuto, pero soamente 29 o ratificaron no seu ordenamento interno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Catedrático de Latín e administrador do Real Colegio de Humanidades de Monforte de Lemos. Foi un dos compradores dos bens nacionais desamortizados en Asma (1837-1849) e apoiou en 1840 a Xunta de Goberno Provisional de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola d’Arts Aplicades i Oficis Artistics de Barcelona. Realizou exposicións, entre outros lugares, en Barcelona, Mallorca, A Coruña e Santiago de Compostela. Recibiu os premios de pintura Ciutat de Barcelona (1973-1975), Concello de Cambre (1984 e 1992) e da Bienal de Boiro (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica galega creada en 1999 integrada por Continental Produciones SA, Produtora Faro SA e IMAXE SA. Entre os seus proxectos para televisión destacan as series Chunda, Chunda, Vieiros ou Escravos de Gran Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista francés. Estudiou pintura e arquitectura na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro. Representante do modernismo en Brasil, asociouse nos anos vinte con George Warchavchik. En 1930 nomeárono director da Escola Nacional de Belas-Artes, pero ante a oposición aos seus proxectos educativos dimitiu do cargo. Entre 1935 e 1939 dirixiu o equipo encargado da construción da nova sede do Ministério de Educação e Saúde, coa participación de Le Corbusier. En 1938 proxectou xunto con Oscar Niemeyer o pavillón brasileiro da New York World’s Fair e en 1957 gañou o concurso do plano de Brasilia, a nova capital. Participou na fundación do Serviço de Patrimônio Histórico e Artístico Nacional e dirixiu dende 1947 a Divisão de Estudos e Tombamentos. Entre os seus escritos teóricos destacan Razões da nova arquitetura (1930), Considerações sobre o ensino da arquitectura (1945) e A crise da arte contemporânea (1959). Recibiu o Gran Premio da I Bienal...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cotizar ou cotizarse.

      1. Prezo alcanzado por un valor ou por un ben no mercado. Existen dous tipos de cotización: ó contado, cando o prezo está establecido no momento en que se consuman as operacións de pago e de entrega do ben; e a prazo, cando se establece o prezo transcorrido un tempo determinado.

      2. acto de cotización

        Documento librado pola xunta sindical da bolsa na que consta o resumo das cotizacións da xornada cos cambios máximos e mínimos que se aplicaron para cada título.

      3. cotización bolsista

        Prezos e cambios dos valores negociables en bolsa.

      4. cotización de troco

        Valor de troco dunha moeda respecto a outra.

      5. cotización ó peche

        Derradeira cotización dun valor nunha sesión bolsista.

      6. cotización relativa

        Relación entre a cotización dun valor e o índice xeral bolsista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou fábrica onde se traballa o algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • reificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...

    VER O DETALLE DO TERMO