"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cambiar de pluma as aves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que resplandece.
-
-
Emitir ou reflectir luz un obxecto.
-
-
Expresar ou manifestar algunha sensación con moita intensidade. OBS: Adoita empregarse seguido da preposición de.
-
Expresar ou manifestar algo de modo patente.
-
-
Sobresaír provocando admiración.
-
-
-
Luz que emite ou reflite un corpo.
-
Calidade de algo ou de alguén que destaca.
-
-
GALICIA
Relixioso. Ordenado sacerdote (1890), ingresou na orde beneditina para despois profesar como franciscano (1892). Director de El Eco Franciscano, foi administrador apostólico de Jaén, bispo de Lugo (1920-1927) e senador pola provincia eclesiática de Santiago de Compostela (1921-1922). Escribiu Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco (1897), Instituciones Philosophiae Christianae, El Terciario Franciscano 1872-1897 (1893), La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...) (1897), Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela (1897), La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones (1901) e Instrución pastoral sobre la sagrada predicación (1918). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reconstitución do apéndice nasal mediante unha intervención cirúrxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grande esteiro de América meridional, situado na costa atlántica, entre Uruguay ao N e Arxentina ao S e formado pola desembocadura dos ríos Paraná e Uruguay (35.000 km2). A zona foi explorada por Juan Díaz de Solís (1516) e por Sebastiano Caboto e Diego García (1526), e foi colonizada por Pedro de Mendoza (1535). A finais do s XVI dividiuse entre as gobernacións de Tucumán e Paraguay. A segunda fundación de Bos Aires, en 1580, tivo éxito e a cidade competiu con Asunción en centralizar o comercio entre a costa atlántica e o alto Perú. Desde 1680 a ribeira oriental de Río de La Plata foi disputada entre portugueses e españois. Estes últimos arrebataron a zona nororiental de Paraguay pese á resistencia guaraní, e a cambio cedéronlle a colonia de Sacramento a Portugal, orixe de Uruguay. A presión inglesa, que intentaba penetrar na zona, favoreceu unha reforma administrativa e en 1777 creouse o vicerreinado de Río de La Plata. A independencia americana dividiu a conca de Río de La...
-
VER O DETALLE DO TERMO
icerreinado creado pola coroa castelá en 1777 na rexión homónima, sobre os territorios de Arxentina, Bolivia, Paraguay, Uruguay, o sur de Brasil e unha faixa costeira de Chile. A revalorización dos produtos agrícolas e gandeiros do esteiro, a presión inglesa sobre o porto de Bos Aires e a competencia con Portugal decidiron a división do vicerreinado de Perú. O vicerreinado de Río de La Plata acadou as gobernacións de Bos Aires, Paraguay, Santa Cruz de la Sierra e Tucumán, o distrito da audiencia de Charcas e os territorios baixo a xurisdición dos cabidos de Mendoza e San Juan de Pico. A súa existencia coincidiu coa expansión económica e cultural e os produtos tradicionais abastecían os mercados americanos e europeos. Aboliuse tras a declaración de independencia de 1814 en Bos Aires.
-
-
Relativo ou pertencente a Río de la Plata ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Río de la Plata.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, artista gráfico e deseñador húngaro. Estudou en Múnic e en París foi discípulo de Mihály Munkácsy e amigo de Aristide Maillol e do grupo dos nabís. Desde 1902 viviu en Hungría e na súa etapa madura pintou cun estilo persoal desenvolvido sobre a base da secesión e o postimpresionismo decorativo. Da súa produción destaca Xardín con figuras, Interior parisiense ou O señor Piacsek con pipas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequenas ondulacións, xeralmente entre 1 e 5 cm de altura, formadas na superficie dun sedimento non consolidado e producidas polo vento, as correntes de auga e as ondas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima de orixe vírico que cataliza a síntese de RNA por un mecanismo especial, diferente do da transcrición. Utiliza nucleótidos trifosfatos e a propia cadea de RNA como molde para formar unha cadea complementaria.
-
PERSOEIRO
Emperador latino de Oriente (1221-1228), fillo de Pedro de Courtenay (Pedro I de Constantinopla). Feble e pouco hábil, foi derrotado en Asia por Xoán III Ducas Vatatzes (1224) e en Europa por Teodoro Anxo Comneno, déspota de Epiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plastidio propio das células das rodofíceas, de cor vermella, que ademais da clorofila contén os pigmentos ficocianina e ficoeritrina.
-
PERSOEIRO
Político francés. Inspector de manufacturas en Lyon, organizou un club xacobino. Máis tarde fíxose xirondino e foi ministro do Interior (1792). Despois do triunfo xacobino fuxiu a Normandie, onde se suicidou ao ser informado da execución da súa muller.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Templo expiatorio situado en Barcelona. Iniciado pola Associació Josefina, o proxecto oficial fíxoo Francesc de P. Del Villar pero en 1883 fíxose cargo da obra Antoni Gaudí, que optou por modificar o proxecto primario sen facer un de novo. Proxectou un templo de planta basilical con 5 naves e un cruceiro de 3 naves cun ciborio de 170 m de altura, e tres fachadas: a do Nacemento (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2005), a da Gloria, a principal, e a da Paixón, cada unha con 4 campanarios. Antes da morte de Gaudí construíronse a ábsida e a fachada do Nacemento. Durante a Guerra Civil Española queimáronse a cripta, o taller de Gaudí e as maquetas que este realizara de todo o conxunto. En 1940 comezou a restauración da cripta e a reconstrución das maquetas e a obra reiniciouse en 1954 coa fachada da Paixón. Desde entón continuouse coa construción das naves e do cruceiro. A obra de Gaudí varía dunha libre e imaxinativa interpretación do neogótico, ao modernismo da fachada do...
-
PERSOEIRO
Raíña de León e de Galicia e condesa de Araba e de Castela, filla do Rei Sancho I e de Toda Aznar. Casou (924) co Rei Ordoño II e ao enviuvar ese mesmo ano, casou co conde de Araba, Álvaro Herramélliz, e en 932 co conde Fernando González de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pamplona (905-925), fundador da dinastía Ximena, fillo do magnate vascón García Ximénez e de Dadilda de Pallars. Convertido en líder de todos os vascóns orientais, conseguiu eliminar a dinastía Énnega e ampliou as fronteiras do reino desde Aragón ata Monjardín (905). Aliado co Rei Ordoño II, derrotou as tropas cordobesas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III e ocupou Arnedo e Calahorra (918). Derrotado polos sarracenos en Valdejunquera (920), retomou a conquista de La Rioja, ocupou Nájera e recuperou o castelo de Viguera (923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pamplona e conde de Aragón (Sancho I; 970-994), fillo e sucesor de García III de Pamplona e da condesa Andregoto de Aragón. Herdou Pamplona do seu pai e Aragón da súa nai, mentres que o seu medio irmán, Ramiro, recibiu o territorio de Viguera co título de rei, aínda que tivo que recoñecer a súa superior autoridade. Aliado cos casteláns e leones contra os sarracenos, saíu derrotado en San Esteban de Gormaz (975). Fixo construír os mosteiros de San Andrés de Cirueña (972) e de San Millán de Suso. Sucedeuno o seu fillo García III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Protoplasma das células musculares. Contén glicóxeno, enzimas glicolíticos, ATP, fosfocreatina e electrólitos inorgánicos, como tamén diferentes aminoácidos e péptidos.