Río de La Plata

Río de La Plata

icerreinado creado pola coroa castelá en 1777 na rexión homónima, sobre os territorios de Arxentina, Bolivia, Paraguay, Uruguay, o sur de Brasil e unha faixa costeira de Chile. A revalorización dos produtos agrícolas e gandeiros do esteiro, a presión inglesa sobre o porto de Bos Aires e a competencia con Portugal decidiron a división do vicerreinado de Perú. O vicerreinado de Río de La Plata acadou as gobernacións de Bos Aires, Paraguay, Santa Cruz de la Sierra e Tucumán, o distrito da audiencia de Charcas e os territorios baixo a xurisdición dos cabidos de Mendoza e San Juan de Pico. A súa existencia coincidiu coa expansión económica e cultural e os produtos tradicionais abastecían os mercados americanos e europeos. Aboliuse tras a declaración de independencia de 1814 en Bos Aires.