Rio de Janeiro

Rio de Janeiro

Estado do SL do Brasil (43.910 km2; 14.391.282 h [2000]). A súa capital é Rio de Janeiro. Limita ao NL co estado de Espírito Santo, ao L e ao S co Océano Atlántico, e ao O cos estados de São Paulo e Minas Gerais. A rexión produce cana de azucre. En Volta Redonda localízase a industria siderúrxica máis importante do país. O cultivo da cana de azucre foi a súa actividade económica principal ata o s XVIII, cando foi parcialmente substituído polo do café. No s XIX a agricultura cedeu terreo á gandaría. En 1834 pasou a estar baixo administración directa de Portugal e en 1889 converteuse en estado. En 1975 foille incorporado o territorio do estado de Guanabara, e a capital, que ata o momento era Niterói, pasou a Rio de Janeiro.