"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Político. Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta. Foi profesor na Academia de Ingenieros de Montes de Salamanca. Entre outras obras publicou Los bosques (1886), Los montes y la emigración (1916), Estudio en la invasión de los montes de Salamanca del insecto llamado vulgarmente lagarta y medios más adecuados para evitar sus estragos (1885) e Las ideas filosóficas y políticas de Jovellanos (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Dereito. Foi comisario xefe da Policía Nacional de Vigo-Redondela e en decembro de 2002 nomeárono comisario provincial de Ourense. Colaborador en distintos xornais e revistas, publicou De los corregidores a los gobernadores civiles de Orense (1986), La frontera Hispano-Lusa en la provincia de Ourense (1988), Miño, existiu unha fronteira? (1993), O lume de Santo Antón (1999), Las boticas de Vigo y el arte del oficio (1998), As plumas do moucho (1999), Couto Mixto. Unha república esquecida (2000) e Menino morreu (2003). Membro do Instituto de Estudios Vigueses, do Patronato da Fundación Premios da Crítica, do Consello Rector da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Faustino Santalices, foi nomeado xuíz Honorario do Couto Mixto. En 2004 foi nomeado xefe superior da policía en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago (1383-1388) e bispo de Ourense, Sigüenza e Burgos. Home de confianza de Xoán I, dirixiu as tropas que asediaron Porto. Foi titor e rexente de Enrique III. Exiliouse por razóns políticas en Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista colombiano. Estudiou o bacharelato no Liceo Nacional de Zipaquirá (1940-1946) e, posteriormente, matriculouse na facultade de Dereito e Ciencias Políticas na Universidad Nacional de Bogotá. Participou en 1950 no Grupo de Barranquilla, liderado por Ramón Vinyes, e tomou parte na revista Crónica do mesmo grupo. Colaborou nas publicacións Juventud (1942), El Universal (1946), El Heraldo (1948-1952), El Espectador, El Nacional, Élite (1956), Momentos (1957) e Venezuela Gráfica, entre outras. Foi correspondente de El Espectador en Xenebra e Roma, e da axencia cubana Prensa Latina (1959-1961) en Colombia, Cuba e Nova York; ademais, colaborou nas axencias de publicidade J. Walter Thompson e Stanton. En 1957 realizou unha viaxe pola República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría e a Unión Soviética, que reflectiu no seu artigo “Noventa días en la Cortina de Hierro”. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e sociólogo. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Viaxou a París e Bruxelas para estudar socioloxía e interesouse por diversos campos de estudio, como o ensaio, a filosofía e a literatura. Colaborou en publicacións como Noticiero de Vigo e El Liberal, onde asinaba os seus artigos co pseudónimo de El Duque de Él. Escribiu Del mundo interior (1911), Caracteres de la vida social y mundana (1921), Lugares de belleza y devoción. Impresiones de Galicia (1922), La voluntad y el destino (1942), España (1946), La vida no es sueño (1949) e Tres narraciones gallegas (1950). Membro da Real Academia Española, foi académico de honra da Real Academia Galega e secretario do Ateneo de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e prehistoriador. Director do Museo do Pobo Galego. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1968). En 1967 ingresou na sección de Arqueoloxía e Prehistoria e en 1970 na de Etnografía e Folklore do Seminario de Estudios Gallegos, do que tamén foi bibliotecario (1974-1979). Foi bolseiro do CSIC, membro fundador do Museo do Pobo Galego, membro da comisión xestora do novo Seminario de Estudios Gallegos, patrón fundador da Fundación Castelao, do Padroado da Fundación Pedrón de Ouro e presidente do Consello Galego de Museos. Realizou traballos de campo e escavacións arqueolóxicas e participou en numerosos congresos. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial, Compostellanum e Boletín do COAG. Colaborou en Galicia Eterna (1980-1981) e Fermín Bouza-Brey: unha fotobiografía (1999) e escribiu De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). É académico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Miguel de Lira, estivo vinculado á compañía Chévere e á Sala Nasa, onde realiza labores de dirección e produción; entre eles, destacan Río Bravo, Máquina Total ou A rutina é o deber de todas as criaturas. Co Centro Dramático Galego participou en espectáculos como O mozo que chegou de lonxe (1988) e Salomé (1989). Tamén actuou na serie Mareas vivas da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Desenvolveu a súa arte cara ao 1255 na corte de Afonso X onde coñeceu a Pero da Ponte co que compuxo o partimen “Don Garcia Martinz, saber” recollido no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Consérvanse apenas dúas estrofas e nelas formula un problema de casuística amorosa consistente en saber se debe ou non un amante declararlle á dama o seu amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborou en diversas publicacións, ás veces co pseudónimo de o Guedelliñas. Da súa produción destaca Cancións do lume novo (1956), Romance fondo e longo (en nove cantos) de lendas da Terra Cha, Terra Cha, meu amor, Contos e lendas da Terra Cha (1971), Poemas de min pra vós (1972-1973) e Poemas pra Helena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador da liñaxe dos Sousas. Estivo na corte de Sancho I de finais do s XII ata 1211. Trala subida ao trono de Afonso II e as loitas dinásticas que mantivo coas súas irmás, debeu fuxir á corte de León, onde estivo exiliado (1212-1217) e lugar de residencia habitual do seu irmán, mordomo e testamenteiro de Sancho I. A súa única composición, unha cantiga en occitano moi deturpada, debeuna compor en Galicia no período final do seu exilio, arredor de 1215; conservada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, marca o inicio do que sería o movemento trobadoresco no occidente peninsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresaria. Presidenta do consello de administración e conselleira delegada do Grupo de Empresas El Progreso. Estudiou secretariado internacional en Madrid e Oxford. Tralo falecemento do seu home, P. de Cora Paradela, quedou á fronte do grupo empresarial e emprendeu a modernización e ampliación do mesmo, do que forman parte o diario El Progreso, de Lugo, Diario de Pontevedra, Telelugo e El Progreso-Artes Gráficas. É tamén presidenta da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, da Agencia Galega de Noticias (AGN) e forma parte do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Da súa produción destacan Archipiélago (Premio Sésamo 1981), El Sur (1985), Bene (1985), El silencio de las sirenas (Premio Herralde 1985 e Premio Ícaro), La lógica del vampiro (1990), Mujeres solas (1996) e El secreto de Elisa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Formado en Marburg, foi profesor da Universidad de Madrid e discípulo J. Ortega y Gasset, de quen tomou o concepto de “razón vital”. Tras residir en París, converteuse ao catolicismo e ingresou no mosteiro de Poio. As súas obras máis destacadas son La filosofía de Kant (1917), La filosofía de Bergson (1917), Ensayos sobre el progreso (1932), Lecciones preliminares de filosofía (1937) e Idea de hispanidad (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi catedrático de Latín e Humanidades, de Retórica e Poética e de Perfección de Latín y Principios Generales de la Literatura. Traduciu ao galego a oda “Beatus ille” de Horacio e a súa obra foi recollida postumamente en Poesías de José García Mosquera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Exerceu o misionado en México e publicou El día y la noche al revés, Los pajarillos de San Antonio, La flauta misteriosa e Primicias religiosas de América. Recuerdo del IV Centenario Colombino (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán M. García Naveira (Betanzos 16.5.1849 - 9.3.1933) e Xesús García Naveira (Betanzos 14.6.1853 - San Nicolás de los Arroyos, Arxentina 24.3.1912) Emigraron a Arxentina onde se dedicaron ao mundo empresarial. Destinaron gran parte da súa fortuna á fundación de obras benéfico-empresariais en Betanzos e Arxentina. Entre elas, cómpre mencionar o Asilo García Hermanos (10.11.1912) e as Escuelas García Hermanos (2.9.1914). Individualmente, X. M. García Naveira apoiou coas súas doazóns a realización de diversos proxectos, como a construción dos Xardíns do Pasatempo, un refuxio para nenas con discapacidades físicas e o Sanatorio San Miguel. Pola súa banda, X. García Naveira cedeu parte do seu legado á cidade de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Participou na creación en 1982 do BNG e formou parte das súas listas electorais en distintas campañas. As grandes liñas do seu traballo de investigación céntranse na economía de Galicia, a economía pesqueira, os estudios de xénero e a enerxía, os recursos naturais e o medio ambiente. Foi directora do Centro de Documentación Europea da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994) e membro do consello científico do Instituto de Desenvolvemento de Galicia (desde 1997). Ademais da súa participación en Grupos de Investigación, Foros e Congresos, publicou a monografía A pesca galega no proceso de integración económica española, 1961-1981 (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga e política. Desde 1985 pertence ao departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. A súa tese de doutoramento, Lingua galega e lexislación (1991), foi a primeira realizada sobre lingua galega e lexislación iuslingüística. Ademais, ocupouse (1978-1979) da sección “O idioma” do semanario A Nosa Terra, primeira do seu xénero (divulgación de bos usos na práctica oral e escrita da lingua), publicada en medios de comunicación galegos. Membro do Consello Nacional do BNG e deputada no Parlamento galego desde 1989, foi a impulsora da creación da Comisión para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres (1994) na Cámara galega. Destacan as súas obras 33 aproximacións á literatura e a língua galega (1984), en colaboración con X. Mª Dobarro, O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991), O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995), en colaboración con X. Costa Casas, Poesia galega de Valentin...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Recibiu o título superior de Maxisterio en 1895 e foi profesor, entre outras, nas escolas ferrolás da Graña e de Canido. Foi tamén impulsor das colonias e paseos escolares e dirixiu, xunto con Marcelino Pedreira, o Padroado Local de Colonias (A Coruña). Defendeu unha nova educación baseada nunha escola integral, neutral, obrigatoria e gratuíta, e unha revolución pedagóxica que implicaba a sociedade, a familia e os docentes. Foi membro da ATE-FETE e publicou Los hombres del mañana (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO