"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
-
Cargo ou dignidade de tesoureiro.
-
-
Oficina onde se administran os caudais dunha organización ou entidade.
-
Administración do tesouro público.
-
-
Conxunto de activos líquidos dunha persoa ou dunha empresa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de teso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de osíxeno na súa estrutura. É un solvente de tipo básico que ten unha gran facilidade para combinarse con metais, oxídase orixinando un peróxido explosivo e pode ser polimerizado formando diversos poliéteres. É o produto de partida para a preparación de diversos compostos como a pirrolidina ou o clorobutanol. Ten unha grande aplicación como solvente industrial e de síntese orgánica.
-
-
Disposición e orde en que se entrecruzan e combinan os fíos dun tecido.
-
-
Disposición das partes ou partículas que compoñen unha cousa.
-
Conxunto de propiedades físicas dun alimento que dependen da disposición e das características físico-químicas e biolóxicas das partículas que a integran.
-
Proporción das diversas fraccións dun solo. Mediante a análise granulométrica establécense a textura areosa, limosa e arxilosa.
-
Aspecto microscópico que se pode observar na superficie lisa dunha rocha homoxénea ou dun agregado mineral, e que se debe á disposición e unión dos cristais.
-
-
Estrutura dunha obra literaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento que se aplica aos fíos sintéticos de fiado continuo para darlles un maior volume ou unha maior extensibilidade. Polo feito de seren fiados por extrusión, os fíos sintéticos teñen os fiamentos rectos e totalmente paralelos, e rízanse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter un fío a un proceso de texturación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombina de Bolivia que se desenvolveu no altiplano andino, preto do lago Titicaca (500-1000), e que se difundiu máis tarde por toda a costa de Perú, desde Ecuador ata Chile. O xacemento máis importante, situado en Tiahuanaco, comprende diversos monumentos, de parede seca, como o Calassaya, Acapana, Puma Puncu e a colosal Puerta del Sol, monólito decorado co deus Viracocha.
-
-
Acción e efecto de tinguir ou tinguirse.
-
Procedemento que se emprega en exames citolóxicos, histolóxicos e microbiolóxicos e en análises bioquímicas, para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada. O fundamento das tinguiduras está na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante. Denomínase tinguidura diferenciada a que se efectúa mediante dous colorantes, o primeiro dos que se fixa en certas estruturas e resiste o posterior lavado con alcohol ou cun ácido, e o segundo colorante actúa sobre os elementos que non fixou o primeiro. Este principio emprégase na tinguidura de Gram. Na tinguidura vital o colorante é inxectado ou absorbido en células ou tecidos vivos, in vitro ou no animal. A tinguidura negativa úsase en microscopia electrónica.
-
-
-
Acción e efecto de tinguir ou tinguirse.
-
-
Substancia ou cor con que se tingue.
-
Preparado galénico feito por extracción do contido soluble e activo de partes de plantas ou animais, mediante alcohol diluído.
-
-
Aparencia ou matiz superficial que se dá a algo.
-
-
-
Arte e oficio de tintureiro.
-
Establecemento onde se tingue ou limpa a roupa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tisnar ou tisnarse.
-
-
Conxunto de títulos que posúe unha persoa, unha liñaxe, unha cidade ou unha entidade.
-
Conxunto de títulos posuídos polo emperador romano. Na documentación epigráfica indicábanse sempre segundo esta orde: imperator, caesar, filación e nome propio (cognomen), augustus, títulos militares, pontifex maximus, última potestade tribunicia, último saúdo imperial e último consulado. Engadíanse a miúdo os títulos de pater patriae, censor e procónsul (se exercía estes cargos) e, finalmente, divus (se estivera divinizado).
-
Lista de títulos posuídos polas cidades, os municipios e as colonias romanas, derivados, normalmente, dos xentilicios dos xenerais, do nome do emperador reinante ou do augurio formulado no momento da fundación. Estes preceden o nome autóctono latinizado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura arcaica do val de México. Os restos arqueolóxicos dátanse ao redor do primeiro milenio a C. Destaca polo desenvolvemento da súa civilización, manifestada ao redor de pequenas figuras, xeralmente antropomórficas, atopadas no cemiterio da cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa electrónica xaponesa creada en 1875 en Toquio para a produción de material eléctrico. Co tempo, a fabricación de electrodomésticos converteuse na principal actividade do grupo, seguida da maquinaria eléctrica e diversos elementos electrónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de toller ou tollerse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tomar.
-
-
-
Cerimonia relixiosa na que se cortan os cabelos, parcial ou totalmente, para mostrar unha consagración especial da persoa. Costume xeneralizado entre os monxes cristiáns (ss V-VI), introduciuse na igrexa latina (ss VI-VII) como rito de admisión do clero, distinto das ordes menores. Foi suprimida pola reforma do Concilio Vaticano II.
-
Maneira de levar cortados os cabelos os que recibiron a tonsura relixiosa. Entre as formas coñecidas, están a dos monxes budistas, que levan todo o cabelo rapado, a que deixaba só unha franxa de cabelo á maneira de aro (conservada ata hai pouco pola maioría das ordes relixiosas católicas) e a que levan sacerdotes e clérigos latinos reducida á coroa da cabeza, chamada por iso mesmo coroa.
-
-
Alegar carácter clerical para librarse da xurisdición ordinaria ou para obter mitigación ou modificación dunha pena. Está en vigor en países cun concordato coa Santa Sé ou nos que hai un privilexio de inmunidade eclesiástica.
-
Beneficio eclesiástico que se podía gozar en canto se recibira a tonsura, sen necesidade de ningunha orde sagrada.
-
-
-
de tonsurar.
-
Que ou quen recibiu a tonsura clerical.
-
-
-
Facer a tonsura a alguén.
-
Conceder a condición de clérigo por medio do rito da tonsura.
-
-
-
Acción e efecto de torcer ou torcerse.
-
Torsión forzada e violenta dunha articulación.
-