"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Nacido nunha familia de caldeireiros, chegou a Barcelona en 1870 para estudar arquitectura, onde tamén traballou en diferentes estudios de arquitectos e de mestres de obras. A súa produción pódese dividir en catro etapas. A primeira delas desenvolveuse entre 1878, ano no que se titulou, e 1882. Caracterizouse pola súa comuñón co ideario cooperativista, as obras desta época son de carácter urbano e social. Colaborou con Josep Fontserè no parque da Cidadela, proxectou farois e un posto de flores con quiosco e urinario, e construíu a fábrica e dous edificios de vivendas da cooperativa L’Obrera Mataronense. A etapa central da súa obra estendeuse entre 1883, data na que lle encargaron o templo da Sagrada Familia (ata o 1900). Caracterizouse polo esforzo por superar os estilos históricos e conseguir unha plástica e unhas formas estruturais propias, aspectos básicos do seu estilo. Foron anos de intensa actividade en que coñeceu a Eusebi Güell i Bacigalupi e nos que construíu a casa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado á beira do río Ladra, probablemente en Santiago de Gaioso (Outeiro de Rei). Documéntase nun testamento de 1019.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido por Bacicia, formouse no estudo da obra de Rubens e Van Dyck. En 1657 trasladouse a Roma, onde foi un dos pintores e decoradores barrocos máis brillantes. A súa obra mestra foi a decoración da bóveda da igrexa do Gesù coa Adoración do nome de Xesús (1668-1683). Traballou tamén para os papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave rapaz de entre 28 e 38 cm de lonxitude e 60 e 80 cm de envergadura, de alas relativamente curtas e redondadas e cola longa. Teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. As femias son de maior tamaño. Aliméntanse principalmente de pequenas aves. Aniñan en plataformas en árbores. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.

    2. Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo agárrase a calquera soporte e enróscase en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés de orixe grega. É un claro expoñente do cine político, con filmes como Z (1968), État de siège (1972), Section spéciale (1973), Missing (1982), Conseil de familie (1986) e Music Box (1989), que obtivo o Golden Bär no Internationale Filmfestspiele Berlin de 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, crítico de arte e escritor. Doutor en Filosofía e Letras (1958), dirixiu as galerías Laietanes de Barcelona (1947-1958) e foi cofundador da Asociación Española de Críticos de Arte, da que foi vicepresidente. Colaborou en diversos volumes de Ars Hispaniae: Historia del arte hispánico e de Summa Artis. Das súas obras de temática artística destacan: Historia y Guía de los museos de España (1955), Bibliografía crítica y antológica de Velázquez (1963), La pintura española del siglo XX (1970) e Historia de la crítica de arte en España (1975), ademais de monografías sobre artistas e cidades españolas. Como literato escribiu El santero de San Saturio (1953), Tratado de mendicidad (1962), Historias del cautivo (1966) e Los gatos salvajes (1968). Foi membro do Instituto Velázquez do CSIC, do Instituto de Coimbra e correspondente de The Hispanic Society of America.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Coñecido como Julián Gayarre, na súa xuventude ingresou no Orfeón Pamplonés. Hilarión Eslava foi o seu primeiro valedor e responsable da súa marcha como bolseiro ao Conservatorio de Madrid. Posteriormente, acadou unha bolsa da Deputación de Navarra para estudar en Milán e debutou na Scala de Milán en 1876 con La favorita, coa que acadou fama mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Laura Gainor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e nobre de orixe galega. Formado no Reino Unido, integrouse no rexemento español de Lisboa en 1771. Axudante do conde O’Reylly durante o sometemento de Louisiana ao poder español (1769-1790), ascendeu a xeneral de brigada en 1787. Como gobernador de Natchez entre 1789 e 1796 potenciou a creación de postos fronteirizos fronte á ameaza estadounidense, a sinatura de tratados coas tribos indias e a fundación de vilas, como San Fernando de las Barracas. Ascendido a brigadier dos Reales Ejércitos, foi designado en 1796 gobernador de Louisiana e de Florida occidental. Trala súa morte soterrárono baixo o altar da igrexa de Saint Louis de New Orleans. Escribiu Estado político de la Luisiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Participou nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, na proba dos 800 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Durante a Guerra de Independencia loitou en Asturias como sarxento maior do Corpo de Voluntarios. Foi deputado pola provincia de Lugo nas Cortes de Cádiz (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bantustán da República de Sudáfrica, situado ao NL do Transvaal (6.561 km2; 608.000 h [1991]). A capital era Giyani. Habitado esencialmente por shangaans, constituíuse como bantustán autónomo desde 1973 e despareceu como tal coa fin do apartheid (1992-1993). Os seus habitantes son cidadáns de pleno dereito da República Sudafricana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación política editada en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1812. Cesou a súa edición o 30 de decembro de 1813. Dirixiuna Xoán Bautista Caamiña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, saía todos os mércores e sábados. Erixiuse no substituto de “El Patriota Compostelano” e “El Cartel”. Incluíu extractos das sesións das Cortes de Cádiz, comunicados e noticias estranxeiras e de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, na Anatolia Sud-oriental, Turquía (712.800 h [1997]). Está situada na ladeira meridional do Tauro (940 m), ao N da fronteira con Siria e ao O do río Éufrates. É a antiga Aintab. Do seu patrimonio cultural destaca a fortaleza da cidade (s VI), na que se atopa a tumba de Mehmet Gazali.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da Anatolia Sudoriental, Turquía (8.015 km2; 1.225.900 h [1990]). A capital é Gaziantep.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do voivodato de Pomorskie, Polonia, no Báltico, na desembocadura do Vístula (462.120 h [1998]). É unha cidade portuaria, a principal de Polonia e núcleo industrial con estaleiros e industria metalúrxica, química, alimentaria e da madeira. Fundada ao redor do 980, foi a capital da Pomerania oriental. Pertenceu a Polonia e a Dinamarca, tivo unha dinastía independente (1223-1294) e desde 1309 pasou a ser señorío da orde teutónica. En 1361 adheriuse á Liga Hanseática e converteuse nun dos portos bálticos máis prósperos. O Tratado de Thorn (1466) outorgoulla a Polonia, aínda que trala súa conversión ao protestantismo no s XVI enfrontouse á coroa polaca. Cidade moi próspera durante os ss XVI e XVII, foi ocupada por prusianos (1793), franceses (1807), rusos (1813) e novamente por prusianos en 1814. Zona de fricción constante entre Alemaña e Polonia, en 1920 pasou a ser cidade libre baixo o mandato da Sociedade de Nacións. Non obstante , a continua presión do goberno de A. Hitler,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Sector do Mar Báltico comprendido entre Polonia e a oblast’ de Kaliningrad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Ordeado sacerdote en 1953, doutorouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1957. En 1971 recibiu a orde episcopal e foi nomeado bispo auxiliar da diocese de València. Entre 1976 e 1987 foi titular da sé de Eivissa. Neste último ano foi designado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Tanto na súa bibliografía (máis de 28 títulos de temática fundamentalmente pastoral e catequética), como noutros documentos e intervencións públicas nos medios de comunicación social, distinguiuse por soster unha liña de pensamento coherente coa doutrina da Igrexa, e manifestar a súa opinión en asuntos da actualidade política e social, feito que o converteu nun dos membros máis populares do episcopado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña dos Alpes, ao NL do macizo do Mont Blanc (3.369 m). Comunica o val de Arve (Chamonix) co de Doire (Courmayeur). O túnel do Montblanc atravesa esta montaña e comunica Savoia co val de Aosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece a Rómulo de Carvalho, poeta, profesor de química e investigador de historia das ciencias. Entre o rigor científico e un certo gusto polo popular, a súa poesía tende ao compromiso social. Das súas obras cabe destacar: Movimento perpétuo (1956), Teatro do mundo (1958), Máquina de fogo (1961), Poema para Galileu (1964), Linhas de Força (1967), Poesias Completas (1969) e A Poltrona e Outras Novelas (1973). En 1983 publicáronse os seus Poemas póstumos.

    VER O DETALLE DO TERMO