"Álvarez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 212.

  • GALICIA

    Frade agostiño residente. No 1826 marchou a Filipinas onde administrou os lugares de Janinay e Jaro. Polo seu labor misioneiro concedéuselle a Cruz de Isabel a Católica. Así mesmo é autor de varias obras en dialecto hiligaíno para os seus fregreses como Estrella del Cielo, Camino del Cielo, Puente celestial, El Cielo abierto, Tesoro celestial, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de capela da catedral tudense, dende 1834 ata a súa morte. Durante o seu maxisterio houbo na catedral dificultades económicas, ata o punto de temerse a supresión da capela de música. Semella que o mestre non atendía axeitadamente aos nenos do coro, que chegou a quedar case sen compoñentes. Certamente, aínda que a súa longa traxectoria estivo chea de problemas, a súa produción musical foi moi abundante, e non de menor interese ca as dos seus predecesores, conservándose máis de 150 pezas na catedral, algunhas para instrumentos non propios do uso nos ambientes eclesiásticos daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, crítico literario, articulista e tradutor. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do equipo da revista Ler e leva a sección de poesía do suplemento literario do xornal O Correo Galego. Dentro da actividade musical, sobrancea como cofundador do grupo de canción belixerante Voces Ceibes co que chegou a gravar diversos discos. Como poeta publicou Paisaxe de Glasgow (1978), Ás veces en domingo abonda coa tenrura (1980), Poemas pra Ana Andrea (1982), Xuvia (1983), Caleidoscopio (1988), Oficio de ollar (1992), Camo Santo (1994), O gato branco (1995), Novos poemas para Ana Andrea (1991) e Billarda (1999); e como novelista, Agora xa foi (2000). A súa obra está presente nas antoloxías Escolma da poesía galega (1984), Poesía gallega de hoy (1990) e Fin de un milenio (1991). Como tradutor verteu ao galego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora de ensino primario, actriz e animadora teatral. Participou en colectivos como Barriga Verde, Joven Teatro Joven ou Teatro do Achádego, agrupacións teatrais que teñen como obxectivo a promoción do teatro para a infancia e a mocidade, e do teatro afeccionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito. Foi cronista oficial da súa vila natal e escribiu varias obras, sobre todo de carácter histórico. Publicou El Serafín de Asís y su Orden Tercera (1910), Reconquista de Santiago en 1809, Muros: Páginas de su historia (1922) e Da nosa terra. Folklorismo e historia (1936), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e poeta. Publicou La trasladación del Apóstol Santiago, un poema relixioso editado en Santiago de Compostela a finais do s XlX, no que admite as fábulas inventadas acerca da predicación de Santiago en España. Así mesmo, realizou un estudo relativo ao trazado do ferrocarril en Galicia co título Reflexiones sobre la memoria relativa al proyecto del ferrocarril económico directo de La Coruña a Santiago (1882), que se reproduciu en El Correo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Raza, e director das revistas Hebe e Alborada. Defendeu a orixe pontevedresa de Cristovo Colón, expoñendo as súas teorías en distintos artigos e traballos. Foi membro titular do Instituto de Cultura Hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e articulista, licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Na súa tarefa xurídica especializouse en cuestións relacionadas cos montes veciñais, a cota empresarial, os encoros e as industrias contaminantes; tamén participou como defensor en procesos vistos contra nacionalistas. Así mesmo, desenvolveu a súa actividade no eido da cultura e da normalización da lingua galega na Administración Pública e nos tribunais de xustiza. Publicou Os montes veciñais en réxime de propiedade xermánica na Galiza e no norde de Portugal. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974). É membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e da Comisión sobre Toponomia do concello de Ourense. No ano 2017, doou a súa biblioteca persoal, de máis de 7000 volumes, ao concello de Viana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo afeccionado, cunha produción que se concentra entre os anos 1920 e 1960. A súa profesión de xuíz foino levando dunha localidade a outra por todo o estado español, e nelas dedicouse a fotografar os aspectos que máis lle interesaron, cultivando os xéneros clásicos da paisaxe, o retrato, as mariñas, tipos populares e edificios e lugares de interese histórico-artístico. De entre eles, o xénero que máis identifica o seu traballo é o das mariñas realizadas nas rías galegas. As súas fotos concíbense sempre dende puntos de vista convencionais, semellantes aos que eran comúns entre a maioría dos fotógrafos afeccionados do resto do estado por eses anos, é dicir, un certo pictorialismo e descoñecemento dos novos movementos fotográficos europeos ou americanos. Foi membro fundador da Agrupación Fotográfica Gallega, no ano 1946, en Vigo. Ignacio Cela Muruais e José Enrique Acuña (1984) publicaron un libro co que se pretende a recuperación do seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmaceútico e político. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1955), foi elixido presidente do Colexio Oficial de Farmaceúticos de Ourense (1968-1982). Foi deputado electo do Parlamento de Galicia pola Unión de Centro Democrático (UCD) na primeira lexislatura (1981-1985), e senador en representación da Comunidade Autónoma en 1983. En 1986 foi elixido deputado no Congreso, encabezando a candidatura de Coalición Galega pola circunscrición de Ourense, e converténdose no primeiro representante galeguista no Parlamento español desde a Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e pintor. Estudiou Belas Artes na escola de Sant Carles de València (1961-1966). Alternou os seus estudios coa práctica do pop-art. Colaborou con Armengol e Heras (Trilogia monoteista, Falconeria). Durante os anos 1966 e 1967 derivou cara a un populismo de matiz moralizante. Entre 1974 e 1980, a súa obra redescubriu un certo barroco doméstico que incorpora obxectos ao lenzo ou simula cadros desconxuntados. Desta época salientan as obras Trama i ordit (Trama e urdidura, 1978) e Deu imatges de les Germanies (Dez imaxes das Xermanías, 1978). No campo da ilustración publicou numerosos libros infantís e xuvenís, revistas e diarios. No 1980 gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas e no 1986 o Premio Nacional de Ilustración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e narrador. Doutor en Filosofía, catedrático de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense e na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Nacional de Educación a Distancia. Publicou traballos de investigación relacionados coa súa especialidade como Procedimientos retóricos del cartel (1983), Sociología contemporánea. Ocho temas a debate (1984) e Cambiar de vida: pautas para superar los conflitos y las crisis personales (1998). A súa dedicación á literatura comezou nos anos oitenta con colaboracións poéticas en Grial, e en 1980 publicou a novela Memoria do diaño, á que seguiron as dúas novelas breves contidas en Longo voo de paxaro (1987). En verso é autor dos poemarios O tempo na auga (1985) e Labirinto de inverno (1987), co que acadou o Premio da Crítica Española en 1990. En castelán, ademais de ser finalista nas tres edicións do Premio Ocnos, publicou a novela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e xornalista. Traballou como guionista da TVG, sendo coñecido como Chichi Campos. En 1972 fundou, xunto con Xosé Díaz, Luís C. Esperante e Rosendo Díaz, o grupo Cómic do Castro. Con eles expuxo no Círculo Mercantil de Santiago en 1973 nun salón ao que tamén acudiron Xaquín Marín e Reimundo Patiño, e que percorreu moitas vilas e cidades galegas, amais de Madrid e Barcelona. Dirixiu ata 1974 a galería de arte Mestre Mateo da Coruña. Colaborou con diversos artigos e coa creación de viñetas nas publicacións periódicas A Voz do Pobo, Mundo Obrero, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Diario 16 de Galicia, El Progreso, La Región, Can sen Dono e a revista alemá Pardón. Actuou tamén como correspondente da revista de arte barcelonesa Batik. Participou igualmente na exposición de Arte Xove de Galicia (1973), na de 13 Artistas de Hoy (1974) e na Mostra Homenaxe a Castelao (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Profesor de socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, iniciouse en Economía e obtivo o Diplome d’Études Approfondies pola Université de Paris VIII (Vincennes). Destacado militante do PCG-PCE, ingresou posteriormente, na coalición IU. Publicou, entre outras obras: El laberinto de las autonomías y las castas periféricas dominantes, una introdución a la sociología electoral (1982), Análisis socio-económico de la Costa de la Muerte (1986), en colaboración con Pedro Arias Veiga, Las elecciones en Galicia, 1977-1997: de la hegemonía centrista a la competencia tripartidista (1998), Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas, políticos, prelados y sus mercados macro y microsociales (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e músico. Estudiou a carreira de perito e profesor mercantil, e realizou estudios musicais na Coruña. Foi arquiveiro e bibliotecario na Asociación Musical Andrés Gaos e director da coral Galicia Nova. Como musicólogo publicou, entre outros traballos: Música popular galega e coros no ano 70 (1971), O romance popular galego e a nosa música (1972) e Dúas músicas galegas: a popular e a popularizada (1972). Escribiu a música para a peza de Manuel Lourenzo Edén, representada pola Escola Dramática Galega en 1980, e realizou a adaptación teatral de Paco Pixiñas e A nave espacial, sobre textos de Celso Emilio Ferreiro e Isaac Díaz Pardo para O Facho (1977), en colaboración con Xosé Manuel Rabón. Tamén traduciu varias obras: Conto dos cinco camiñantes, de I. García para Tespis (1979) e O retábulo da peste, de I. Bergman para O Facho (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado do Tribunal Supremo. Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, secretario xeral do Instituto de Cooperación Iberoamericana, director xeral de RTVE e presidente do Banco Hipotecario. Exerceu como profesor de Dereito Civil e Mercantil na Escuela de Inspección Financiera y Tributaria e no colexio universitario Cardenal Cisneros. No eido político foi deputado e senador por Madrid. Entre as súas obras figuran: La Constitución como fuente de derechos, El recurso de amparo constitucional, La potestad reglamentaria del Consejo General del Poder Judicial, El papel de la cultura en la España de los 80, Estado y RTVE e El mercado Hipotecario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor na Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na historiografía e estética da arte contemporánea, no gravado galego contemporáneo, no urbanismo e na arquitectura, e no deseño industrial. Foi membro fundador do Ateneo de Ferrol (1975), do Club de Prensa de Ferrol (1987), da revista Ferrol Análisis (1991) e da Asociación Galega de Críticos de Arte (1997), da que foi vocal. Conselleiro do Museo Municipal de Ferrol (1986-1988), foi asesor cultural do concello de Ferrol (1992-1993), asesor científico de Galicia Terra Única e comisario de numerosas exposicións, como Novísimos e Realmente? (2001). Colaborou en varias publicacións, como Luces de Galicia, Grial, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Publicou, entre outras obras, Pasado y futuro del Teatro Joffre (1995), Las primeras vanguardias históricas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Alcalde do concello de Ponteareas (1968-2000) ata que unha sentenza de inhabilitación o obrigou a abandonar o cargo. Foi deputado por Pontevedra (1989-1993) e senador (1993-1996) polo Partido Popular, partido do que foi expulsado en xaneiro de 1999 despois dunha longa serie de conflitos xudiciais.

    VER O DETALLE DO TERMO