"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • Anta situada no outeiro dos Curros, na parroquia de Lampón (Boiro). Carece de mámoa e a cámara é de planta poligonal. Conserva sete chantas, todas elas imbricadas (unha delas está desprazada), e a tampa, que está caída e apoiada lateralmente. Do corredor, que está orientado cara ao leste, permanecen dúas laxes e a tampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada na parroquia de Cures (Boiro) que se atopa nunha das áreas de maior densidade de megalitos. Aprécianse restos do que foi a mámoa e ten planta poligonal. Formada por sete chantas, e a tampa, só conserva unha laxe do corredor e unha das chantas. Aínda que non se teñen noticias de achados no seu interior, unha das laxes está gravada con dúas figuras, unha antropomorfa e outra circular. As análises polínicas amosaron a existencia dunha paisaxe con abundancia de gramíneas e pequenas masas arbóreas (Quercus). Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botavara curta coa que se caza a mesana nos barcos latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cefalotáceas.

    2. Planta da familia das cefalotáceas.

    3. Familia de roseiras que ten como único representante o xénero Cephalotus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento conmemorativo de carácter funerario erixido en memoria dun personaxe ilustre no que non está o corpo do defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coníferas ao que pertence o teixo asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Broma irónica coa que unha persoa se intenta mofar doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cun chicote. Ex: Levou unha chicotada por coller o que non era seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Chipre ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Chipre.

    3. Individuo do pobo chipriota.

    4. Pobo indoeuropeo que, procedente das costas de Grecia, colonizou a illa de Chipre e se estableceu alí.

    5. Dialecto grego antigo, estritamente vinculado co arcádico (arcádico-chipriota) e posiblemente tamén co panfílico (aqueo), documentado na illa de Chipre, lugar no que se estableceu coa chegada dos colonizadores gregos. Represéntase graficamente nunha escritura silábica procedente da Creta minoica, transformación da antiga lineal A (escritura lineal), en caracteres denominados chipro-minoicos e que datan aproximadamente da Idade de Bronce. Mantida aínda en inscricións de finais do s II a C, esta escritura silábica non é moi adecuada para a expresión da lingua grega, tanto polas acumulacións de consoantes como polas terminacións trabadas, dado que só representaba sílabas libres (así, pe-re-ta-li-o-ne por Ἐδαλιων, pa-ta por πάντα, a-po-ro-ti-tai por Ảφροδίτα). Ademais da escritura, o dialecto chipriota antigo presenta moitas coincidencias co dialecto xónico (como...

    6. Arte desenvolvida na illa de Chipre. É o resultado da fusión das civilizacións occidentais e orientais, das diversas correntes artísticas procedentes de Grecia, Asia e Exipto coas características propias de Chipre. Entre os xacementos arqueolóxicos destacan os de Khirokitia, Engomi, Alassia e Kition. En Khirokitia, onde traballaban a pedra pulimentada, descubríronse tholoi, casas cunha cúpula como cuberta. En Engomi, preto de Famagusta, as ruínas de Alassia, testemuño da Idade de Bronce, presentan un desenvolvemento urbanístico notable, con muros ciclópeos que cercan un conxunto de habitáculos, talleres, edificios públicos e templos; nun destes descubriuse a estatua dun deus cornudo do s XII a C identificable con Apolo. Ademais, atopáronse unha gran cantidade de vasos micénicos, alfaias e esculturas, pezas conservadas no Museo de Chipre (Nicosia). A cerámica, lixeiramente recuberta de pasta avermellada no Neolítico, ofreceu posteriormente unha decoración máis rica, con motivos...

    7. Aínda que vinculada á literatura grega, ofrece en diversas épocas unha personalidade propia. Na época medieval destaca a figura de Neófito o Recluso, monxe ermitán do s XII, autor de oficios litúrxicos e do escrito Calamidades de Chipre, sobre a conquista da illa por Ricardo I Corazón de León. Posteriormente, localizouse o Livre des assises des bourgeois (O libro dos fundamentos dos burgueses), redactado probablemente en lingua francesa e traducido ao grego demótico cara ao s XIV. Os Assises, instaurados primeiro en Xerusalén e despois en Chipre, constitúen unha normativa para regular as relacións entre o rei e os seus vasalos, e á vez son unha codificación dos costumes de Occidente, arraigados na illa baixo a soberanía dos Lusignan. No s XIV destaca a obra poética de Geórgios Lapithis titulada Os deberes do cidadán, inspirada nos poetas da antigüidade clásica; no s XV, século da historiografía, destaca Descrición do doce país de Chipre,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de esterco que cabe no raño ou que queda nel cando se levanta.

    2. Morea de esterco que se forma para espallala posteriormente nunha veiga. Ex: Os campos están cheos de chotas de esterco procedente das cortes do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo da India, nos estados de Madhya Pradesh e Bihār, divisorio das augas entre as cuncas do Mahānadi ao S e o Ganxes ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo dos cesteiros de Mondariz e do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘puta’ e ‘sota (da baralla)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei merovinxio (511-561) e franco (558-561), fillo de Clodoveo I. No ano 534 participou na conquista de Borgoña e no 558 conseguiu unificar o reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (613-629). Fillo e sucesor (584) de Khilderico I e de Fredegunda, quen gobernara durante a súa minoría de idade. Tomou Austrasia ao ser chamado polos inimigos da Raíña Bruniquilda. Desembarazouse dos catro fillos de Teodorico II e converteuse en rei de todos os francos (613).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento prehistórico situado en Cardeñosa (Ávila). Formado por dous recintos pegados, rodéao unha grosa muralla de pedra seca. Desenvolveu dúas fases culturais diferenciadas, unha propia do Bronce final e outra do Ferro. A súa orixe datouse entre o 1600 e o 1300 a C. Na última fase, que se estendeu ata o s IV a C, desenvolveuse unha necrópole de incineración onde se descubriron máis dun milleiro de tumbas nas que se atoparon aras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de ferro(III), de cor vermella, empregado como pigmento sólido e como abrasivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa natural ou habitante do mesmo país que outra ou outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce de froita, que se prepara cocéndoa con auga e cun máximo do 15% de azucre, polo xeral perfumado con canela ou codia de limón. Como norma xeral, sérvese fría e pódese aromatizar con algún licor ou viño. O produto pódese esterilizar e envasar en recipientes herméticos. En Euskadi é típico facer unha compota no Nadal con ameixas pasas, figos secos e mazá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno das cidades galegas durante a ocupación francesa na Guerra da Independencia. Formárono os representantes da Igrexa e da nobreza, comerciantes, profesionais liberais e os rexedores dos concellos. Actuou en Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui. Tiña como competencias a resolución dos problemas máis inmediatos das vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de connotar.

    2. Propiedade que teñen algúns termos para designar o seu obxecto propio, expresando algúns dos seus atributos. Na lóxica moderna, refírese ao conxunto de notas que designan un obxecto ou que constitúen un concepto.

    3. Conxunto de significados adicionais, xuntamente coa denotación, que transmite unha palabra, dentro do sistema de valores do emisor e receptor. Así, por exemplo, a palabra vermello, denota ‘unha determinada cor’ e connota, é dicir, poden asociarse a esa palabra outros significados, como ‘perigo’ (un semáforo), ‘sangue’, ‘tendencia política’, ‘romanticismo’ (rosas) ou ‘paixón’.

    4. Conxunto de valores subxectivos e secundarios que se engaden ao significado primario da denotación para intensificar a súa carga estilística e expresiva. Os tropos (metáfora, alegoría ou símbolo) son os recursos retóricos de maior valor connotativo, pola súa capacidade para xerar asociacións semánticas e contidos significativos novos. Acada a súa concentración máis alta nos textos poéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO