"AGR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 482.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal aparecida en Palas de Rei, substituta do semanario de Chantada La Voz del Agro (1928), clausurado por problemas coa censura. A finais de novembro de 1930, cando chegaba ao número 96, volve tomar o nome e o emprazamento necesario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Marrube, no concello do Saviñao (611 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en xuño de 1988, editada pola Consellería de Agricultura e subtitulada “Revista de información agraria”. Xosé Ramón Barreiro, Luís Caramés, Francisco Díaz Fierros e Felipe Macías, entre outros, forman o seu consello asesor. Consta das seguintes seccións: “Información”, “Noticias”, “Carta aos lectores” e “Última hora”. Inclúe novas, avisos, ordes e decretos, xunto con estatísticas e gráficos do sector agrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.

    2. Produto agrícola que foi acondicionado ou transformado industrialmente.

    3. Conxunto heteroxéneo de industrias e empresas que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización dunha gran diversidade de produtos de orixe vexetal ou animal destinados á alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias do solo en forma de bacilo, gramnegativas; teñen un ciclo biolóxico semellante ao xénero Rhizobium, pero non fixan nitróxeno libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento con características urbanas desenvolvido na Unión Soviética a partir de 1949 no marco da reforma dos métodos de traballo agrícola. Concentra a poboación de varios kolkhoz ou sovkhoz co fin de incrementar a produción agrícola, elevar o nivel de vida e racionalizar e ampliar a oferta e calidade dos servicios. Co fracaso da economía planificada e o derrubamento do réxime comunista, deixouse de considerar este plano económico-urbanístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1975 en Esteiro (Muros) por Xosé Agrelo Hermo. Tentaba promover o uso da lingua galega no ensino e na sociedade e a defensa de propostas alternativas no tempo libre para os cativos. Entre os seus espectáculos atopamos desde un Auto dos Reis Magos (1975) ata Os vellos non deben de namorarse (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia dos bolbitiáceos, de cogomelos de sombreiro carnoso con láminas e esporas da cor do tabaco e pé con anel presente só ás veces. En Galicia son frecuentes A. cylindrácea sobre troncos de árbores caducifolias e A. praecox do que aparecen os cogomelos en prados na primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia e tecnoloxía que pretende unha mellor utilización enerxética dos cultivos e produtos agrícolas co fin de aumentar a relación entre a enerxía consumida e a proporcionada pola biomasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das terras nas súas relacións coa agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar gromos unha planta ou árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo grupo Irmandade Galega na cidade de Bos Aires no ano 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación asinada en 1936 por Xosé Acuña, pseudónimo de Xosé Filgueira Valverde. Pode considerarse como o primeiro texto dramático orientado á infancia e á mocidade, se ben con anterioridade tivesen aparecido algunhas outras pezas, como as do Arcebispo Manuel Lago González ou Teatro dos Nenos, de Álvaro das Casas (1936). A obra, concibida na liña da peza didáctica orientada a ilustrar as conciencias de lectores e posibles espectadores, dá conta da transformación que sofre Nito, que de ser un señorito da vila se converte nun mozo de aldea facendo seu o ideal da terra e da defensa dos seus sinais de identidade. Xanciño -antes Juanito- transfórmase, logo dun rito iniciático comunitario, nun símbolo daquela caste de fidalgos e ilustrados galeguistas que poboaban as obras de Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte ou Ramón Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba perenne, de 10 a 60 cm de altura, con follas imparipinnadas, flores de 4 pétalos, brancas e en acios, e froitos en silicua. En Galicia atópase amplamente distribuída en ribeiras e lugares húmidos. Emprégase para combater as lombrigas e o escorbuto e utilízanse as follas, de sabor picante, para e elaboración de ensaladas, cremas e guarnicións.

    2. Nome común co que se denominan as plantas dos xéneros Cardamine e Lepidium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ames baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha leira, agra, prado ou outra unidade agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agronomía que ten por obxecto a medida da capacidade produtiva das terras de cultivo, a determinación da diminución de fertilidade que orixina cada colleita e o aumento producido pola restitución ao solo de elementos nutritivos por medio dos fertilizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura que estudia as relacións entre as plantas cultivadas e os animais co clima, o solo e as técnicas utilizadas para mellorar a produción. A mediados do s XIII aplicouse o método experimental que desenvolvera Bacon, investigando as causas das manifestacións agrícolas, o que se pode considerar como o comezo da agronomía. A súa evolución comporta tres etapas marcadas por diversas influencias: a da utilización de maquinaria, aplicación de abonos, etc; a da asociación agropecuaria e a da aplicación dos descubrimentos da microbioloxía. Na produción moderna de recursos de orixe animal ou vexetal ten moita importancia o control dos parámetros externos. No caso dos produtos de orixe animal, o tratamento dos factores ambientais inclúe o clima, o tipo de solo, a comida e a auga. Un dos principais factores que afectan a eficiencia na produtividade é a temperatura de crecemento; a temperatura ideal será aquela que dea a mellor relación entre gramos de produto por gramo de comida...

    VER O DETALLE DO TERMO