"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos fundadores da Académie Française. Da súa produción destacan os seus traballos de crítica literaria como Sentiments de l’Académie sur le Cid (Sentimentos da Academia sobre o Cid, 1635) e o poema épico La pucelle (A doncela, 1656).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Foi secretario de Carlos VI e de Carlos VII, cóengo de París, chanceller de Bayeux e exerceu misións diplomáticas en Alemaña, Italia e Escocia. É autor das obras Livre des quatre dames (1415), Le quadriloge inventif (1422) e La belle dame sans merci (1424?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e literato flamengo. Serviu como militar ao duque de Borgoña e no 1455 nomeárono cronista da casa ducal. Vangardista dunha escola literaria borgoñona, cultivou a poesía e escribiu, entre outras obras, Chronique des Ducs de Bourgogne (Crónica dos duques de Borgoña, 1419-1474).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Coñecido como Vaillant, recibiu a influencia de Alain Chartier. É autor dos poemas Mon temps perdu (O meu tempo perdido), Mon temps recouvré (O meu tempo recuperado) e Cornerie des anges, poema burlesco sobre o Xuízo Final.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, Leinster (2.061 km2; 75.336 h [1996)]. A capital é Cill Chainningh (8.951 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, Leinster (2.025 km2; 102.683 h [1996]). A capital é Cill Mhanntáin (5.299 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo no que participan dúas persoas e que consiste en adiviñar, por quenda, o número de cousas que ten cada un deles no puño fechado.
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Foi discípulo de August Kekulé na Universidade de Bonn. Traballou na síntese de ésteres cetónicos aromáticos e de β-dicetonas, e na condensación e transposición que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Realizou unha serie de estudios básicos sobre a anatomía e a cirurxía da rexión inguinal, na que descubriu a existencia do ganglio linfático crural (ganglio de Cloquet) e dun tipo específico de hernia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas da Costa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide principal das follas de coca, que conteñen do 0,5 ao 1,5% da substancia, de sabor amargo. En forma básica, tal e como aparece na planta, é insoluble en auga pero soluble en alcol, éter e aceites. O uso máis habitual é en forma de clorhidrato, un po branco soluble en auga, de dobre acción: de tipo tóxico sobre o sistema nervioso central e predominantemente anestésica sobre o periférico. Úsase moito en medicina e cirurxía para producir anestesia local nas mucosas. O seu consumo habitual crea unha forma de dependencia chamada cocainomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa tímida, covarde ou de pouco ánimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación crónica por cocaína. É unha das toxicomanías máis deteriorantes, tanto sobre o psiquismo como sobre a parte orgánica, na que aparece un estado de caquexia. Chega a provocar cadros semellantes aos do delirium tremens, aínda que predominan as alucinacións táctiles e auditivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adición á cocaína provocada polo seu consumo habitual. Considérase que a partir de 0,3 cg a intoxicación con cocaína pode ser perigosa. A fase aguda ou de embriaguez ten tres períodos: de euforia (con sensación de malestar se non se está acostumado), de alucinacións (táctiles, auditivas e visuais) e de somnolencia. Os efectos posteriores son longos e molestos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sofre adicción á cocaína.
-
MUNICIPIOS
Municipio e cabeza da comarca del Comtat, Alacant, na Comunitat Valenciana, drenado polo río Serpis (10.737 h [1996]). A superficie forestal é importante e explótase, en boa medida, para obter madeira. Os cultivos son maioritariamente de secaño, con predominio das oliveiras destinadas á produción de aceite, as amendoeiras e as árbores froiteiras. No regadío hai produtos de horta. A principal actividade industrial é a téxtil. Do seu patrimonio destacan os restos da muralla medieval, o Palau Comtal, de estilo gótico-renacentista, o castelo (ss XIII-XIV) e as igrexas do Salvador (s XVI) e de Santa María (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quen emprega preferentemente a man esquerda.
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido, drenado polo río Bann (485 km2; 48.100 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pinturas abstractas que presentaban grandes superficies de colores planas realizadas nos EE UU a finais da década de 1940 e comezos da de 1950. Orixinariamente, estas pinturas foron unha tendencia do expresionismo abstracto cultivado por Still, Rothko e Newman, entre outros. Posteriormente recibiu o nome de post-painterly abstraction, xa que a diferenza do action painting, rexeitaba o aspecto táctil da pintura. Unha modalidade do colour field painting foron as pinturas chamadas colour stain painting, que amosaban grandes capas de color fixadas nun lenzo que non tiña ningún tipo de imprimación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación que recibiron as obras creadas por Rauschenberg na década de 1950, nas que nunha superficie pintada pegou fotografías, animais disecados e outros obxectos atopados nas rúas. Entre as obras realizadas destacan Odalisca (1955) e Monograma (1959). Supuxo o punto de partida para a arte da chatarra.