"Alvar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 336.
-
GALICIA
Crítico musical. Realizou estudios musicais en Vigo e Santiago de Compostela, dedicándose dende moi novo á crítica musical. Colabora en diversos teatros e auditorios galegos en temas de divulgación musical (programas de man, conferencias). Socio fundador e secretario da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director adxunto e colaborador da revista musical Cavatina, primeira revista galega dedicada á ópera. Colabora en diversos xornais e revistas especializadas (Scherzo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cursou estudios de Bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo. Afeccionado dende a adolescencia á pintura, alternou esta actividade co teatro, o cine, a televisión e a literatura. Participou en varias exposicións colectivas, traballou como actor de cine, teatro e televisión. Actor cos grupos Máscara 17 e Artello onde formou parte do elenco de Almas perdidas (1987). Dende 1990 imparte clases de teatro no Instituto Santa Irene de Vigo e dirixe o grupo Espasmo. En colaboración con Xosé Cid Cabido escribiu a peza teatral Copenhague (1993), Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais en 1992 e posta en escena polo grupo compostelán Uvegá Teatro en 1995 baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Achegouse tamén á narrativa, coa publicación en 1995 de Os nerviosos elegantes de Raoul Dufy e en 1996 co relato “Olinda” no colectivo Unha liña no ceo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizou estudios de Dereito e exerceu a súa carreira con notable éxito. Foi Director do Boletín Judicial de Galicia no que publicou algúns artigos. Pertenceu á Real Academia da Historia e colaborou na Historia de España de Lafuente. Escribiu obras relacionadas co dereito e a historia como Cuestión interesante sobre mejoras por razón de casamiento sin entrega de bienes (1861), Causa criminal contra don Ángel Casas (1869), Cuestión dinástica (1869) e Cuestión dinástica. Derecho del Sr. Duque de Madrid a la Corona de España, demostrado por la historia y las leyes. Colección de artículos del periódico católico-monárquico “La Paz” de Lugo contestando al alfonsino “El Eco de Galicia” (1873). Como poeta aparece o seu nome no Álbum de la Caridad, aínda que non se recolle ningunha composición súa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Círculo de Escritores e Poetas Iberoamericanos de Nova York, cidade na que residiu traballando como correspondente. É autor dunha considerable obra poética que en galego conta cos títulos Lexanías (1980), Maruxía (1989), co que foi finalista do II Certame da Casa Cultural Dominicana de Nova York en 1987, e Máis aló de Fisterre (1991), Alén da fronteira (1999), Para abril e amantes (2003) e Un neno na emigración (2014). En castelán publicou os poemarios Poemas del verbo amar (1981), Soliloquios del silencio (1982), Para el amor pido la palabra (1987), Circunferencia de la palabra (1989), Sombra de luna (1990), Desde la otra orilla (1994), Entre dos aguas (1995), Nueva York en nueve...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adaptou ao teatro a obra Alucinaciones?, de Ricardo Núñez Rodríguez. A peza estreouse o 19 de abril de 1928 na Sociedade Cultural da Pobra de San Xulián (Láncara).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. En 1640 encárgaselle pola mordomía do Hospital Real de Santiago o arranxo e pintado da cruz de acibeche do citado hospital, cruz que hoxe non existe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Teoloxía Escolástica (1816). Presidiu a Academia de Sagrada Teoloxía e interveu no alistamento do Batallón Literario. No 1811 fundou o semanario compostelán El Sensato que continuou a publicarse ata 1815. Ao regreso da monarquía absolutista de Fernando VII, estivo baixo sospeitas pola publicación dese xornal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comandante da Mariña e enxeñeiro. Participou no deseño e planificación dos grandes estaleiros que a Coroa decidiu instalar en Ferrol e Cádiz durante a primeira metade do século XVIII. Na cidade ferrolá participa na construción do Arsenal da Graña (1747), no do Esteiro e no do barrio da Madalena (1749).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edelmiro Álvarez Jiménez.
-
GALICIA
Reixeiro. Desenvolve a súa actividade dende finais do século XVIII, en Compostela. A comezos do século XIX realiza o enreixado do coro da capela maior e dos atrís da Catedral de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Documéntase a súa presenza na construción e traballos do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago (1608) e tamén na ponte da Fillaboa (Ponteareas) en 1615.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escultor e retablista que traballa na diócese de Tui no século XVIII. Destaca a súa proposta do altar relicario da Capela de San Telmo (Tui).
-
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. É da súa autoría a Oración panegírica que pronunciou con motivo das festas compostelás adicadas polo Convento da Nosa Señora de Bonaval a celebrar a canonización do Papa Pío V. Esta oración publicouse no libro Fiestas compostelanas (1715).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantería, veciño de Tui. Autor da reedificación da fachada do Hospital de pobres e peregrinos de Tui (actual Museo Diocesano) en 1712. Anos máis tarde contrata co cabido tudense a reconstrución de diversas casas no monte Aloia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de empresas fundado no 1922 como froito das inquedanzas de Manuel Álvarez Pérez e que terá como sucesor a Moisés Álvarez O’Farril durante as décadas dos cincuenta e sesenta. O Grupo Álvarez configúrase actualmente como o líder nacional e un dos primeiros grupos internacionais do sector de cerámica de mesa e decorativa, actividade na que está presente a través das súas distintas factorías. A actividade deste grupo empresarial compleméntase coa produción de envases de vidro. No 1999, o Grupo de Empresas Álvarez conta con catro fábricas organizadas do seguinte modo: Fábrica de Porcelana Santa Clara, situada en Cabral, iniciou a súa actividade no 1941 e está especializada na produción de vaixelas, elementos decorativos e vitroporcelana que comercializa baixo a marca Santa Clara; Pontesa, situada en Ponte Sampaio (Pontevedra), inaugurada no 1961 dedícase á fabricación de vaixelas e elementos decorativos de louza comercializados baixo a marca Pontesa e conta ademais coa...
-
PERSOEIRO
Escritor arxentino, coñecido tamén polo pseudónimo Fray Mocho. É autor de narracións costumistas e picarescas de extraordinaria popularidade: Un viaje al país de los matreros (1897), Cuentos de Fray Mocho (1906). As súas obras completas publicáronse en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. No 1810 uniuse ao exército insurxente de José M. Morelos. Máis adiante loitou contra Santa Anna, con quen finalmente acabaría por aliarse contra os invasores norteamericanos (1846-1847). Foi Gobernador do estado de Guerrero (1850-1853) e Presidente da República (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe cisterciense do Mosteiro de Sobrado. Publicou De los usos de la regular observancia del Císter en España (1586).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Participou nos traballos de montaxe dos primeiros radares e na fabricación da primeira bomba atómica (proxecto Manhattan). Traballou tamén en resoadores-aceleradores lineais, que aplicou á aterraxe dos avións en condicións perigosas. Desenvolveu a cámara de burbullas de Glaser e descubriu as partículas de resonancia de vida curta, o que lle valeu o Premio Nobel de Física (1968). Xunto co seu fillo Walter elaborou unha teoría sobre a extinción dos dinosauros, logo moi aceptada, que propoñía como explicación do feito a caída dun meteorito na Terra hai 65 millóns de anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de narrativa e teatro. Publicou a comedia Mientras haya flores (1900) e o libro De Vigo a Manila (1903). Segundo Couceiro Freijomil estreou con éxito as pezas Contra avaricia... largueza e Siempre huérfana.
VER O DETALLE DO TERMO