"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
-
Instrumento que está formado por un pau que ten nun extremo un pequeno feixe de xestas, de ramas de diferentes plantas ou de fibras sintéticas, que se usa para varrer.
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘brocha’.
-
-
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello de Vilanova de Arousa, ao S da praia da Braña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Epíteto específico que provén do nome orixinal co que foi descrita unha especie e que se mantén por dereito de prioridade nas transferencias e cambios de rango nomenclatural. Deste xeito, para a correola de praia (Calystegia soldanella) o epíteto específico soldanella, empregado na descrición orixinal da planta baixo o nome de Convolvulus soldanella, o basónimo que se conserva no nome actual.
-
CAPITAIS
Capital do muhāfaza homónimo, Iraq, na beira do río Šatt al-’Arab (406.296 h [1987]). Situada no oasis de palmeiras máis grande do mundo, o seu porto é o máis importante do golfo Pérsico. Fundada como praza militar polo Califa ‘Umar (638), 13 km río abaixo do emprazamento actual, foi trasladada no s XVI transformándose nun importante centro comercial e cultural. Durante os ss VIII e IX foi sede dunha importante escola filolóxica e dun centro teolóxico de filiación mutazilita do que xurdiron, entre outras, as figuras de Ḥ asan al-Ba ṣ rī e de al-Aš’arī. A finais do s IX, a escisión do califato abbásida provocou a súa decadencia. En 1779 foi conquistada polos turcos. Durante as dúas guerras mundiais a cidade foi ocupada polas tropas británicas que a utilizaron como base dos aliados. Resultou seriamente danada durante a guerra irano-iraquí (1980-1988) e a Guerra do Golfo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muhāfaza de Iraq (19.070 km2; 1.168.000 h [estim 1991]). A capital é Basora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da provincia de Ourense, que emprega tamén a forma Bayos. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo de prata, aclarado de azul, sobre ondas de azul e prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Petrogrado 1922) Físico ruso. Profesor do Instituto de Física Levedev, de Moscova, Premio Lenin de 1959 e membro correspondente da Academia das Ciencias da Unión Soviética a partir de 1962. Polas súas investigacións no campo dos efectos laser e maser obtivo o Premio Nobel de Física en 1964, compartido con Alksandr Mihajlovič Prokhhorov e Charles Hard Townes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ombú.
-
PERSOEIRO
Foi ministro da Guerra en 1918 e alto comisario en Marrocos. Foi considerado como un dos responsables do desastre de Annual (1921) polo que foi separado do exército. Amnistiado en 1927, en 1930 sucedeu a Primo de Rivera á fronte do goberno coa misión de restaurar o réxime constitucional; sen embargo, dimitiu ao ano seguinte e pasou a ocupar o ministerio da Guerra no novo goberno Aznar (14.2.1931). Proclamada a República (14.4.1931), foi procesado e condenado polos fusilamentos de Jaca; sería novamente amnistiado en 1934. Publicou De la ditadura a la República (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Glucocorticoide sintético dos máis potentes, con poder antiinflamatorio similar ao da dexametasona. Non ten acción mineralocorticoide.
-
RIOS
Río da Península Ibérica, o máis oriental dos que desembocan no Mar Cantábrico (67 km). Nace no Pireneo navarro. Flúe en dirección S-N ata Irún (Gipuzkoa) onde desauga. Dende Endarlaza, punto no que abandona a Comunidad Foral de Navarra e penetra en Euskadi, ata a súa desembocadura, serve de fronteira entre os estados español e francés. É un río de réxime pluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso da serra Kirthar, no Baluchistán, Paquistán occidental (1.770 m); comunica as chairas do Paquistán coas montañas de Afganistán e de Irán.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter obreiro editada en Ferrol entre 1871 e 1872. Serviu de voceiro á cooperativa de base múltiple feita polos militantes republicanos federais na cidade departamental, substituíndo o semanario El Trabajo. Tiña o obxectivo de informar os seus afiliados das actividades da sociedade, e mesmo de fornecer o seu pensamento ideolóxico coa inclusión de diferentes artigos. A partir de xuño de 1872, recolleu informacións e documentos da Federación Regional Española integrada na Asociación Internacional de Trabajadores (AIT).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oceiro mensual do gremio dos tipógrafos composteláns, cun primeiro número que saíu do prelo o 30 de xuño de 1890. O seu director foi o secretario da Asociación, o republicano José C. Otero. Pode considerarse como o decano da prensa obreira de Santiago. Debido a discrepancias entre os afiliados, desapareceu xunto coa Asociación Tipográfica no ano 1891.
-
-
-
Conxunto de adornos que leva un escudo como distintivo dunha liñaxe, dunha persoa, dun lugar, etc. A orixe do brasón está na necesidade de diferenciar os escudos de armas dos cabaleiros medievais. O escudo divídese en campos e cuarteis, normalmente rectangulares. As cores máis usadas son o amarelo ou ouro, o vermello ou goles, o azul, o negro ou sable e o verde ou sinople.
-
Cada figura sinal ou peza que se pon nun escudo de armas.
-
Arte de explicar e describir os escudos de armas de cada liñaxe, cidade ou persoa.
-
-
Motivo de honra ou gloria.
-
Xénero poético que describe unha realidade, animada ou inanimada, louvándoa ou degradándoa. Distínguense dous tipos: o descritivo exclusivamente e o que introduce elementos satíricos. Na literatura galega o libro Trópico de lúas (1992), de Miguel Anxo Fernán-Vello, describe o corpo da muller con elementos propios do brasón.
-
-
-
Dispoñer ou preparar os escudos de armas segundo as regras e terminoloxía propias da arte heráldica ou brasón.
-
Presumir ou alardear dalgunha calidade.
-
Falar con soberbia.
-
-
-
Persoa que se dedica a pintar brasóns.
-
Persoa versada en heráldica.
-
-
CAPITAIS
Capital do judeţ homónimo, en Transilvania, Romanía (317.772 h [1997]). É un núcleo industrial e turístico dos Alpes de Transilvania. Fundada en 1211 polos cabaleiros da orde Teutónica, converteuse nun dos centros de colonización xermánica en Transilvania. Posteriormente se transformou nun centro cultural de grande importancia, sobre todo a partir do s XVI, cando se instalaron as primeiras imprentas. En 1918 pasou a formar parte de Romanía. A cidade recibiu o nome de Stalin entre 1950 e 1960.
VER O DETALLE DO TERMO