"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antimetabolito inhibidor da histamina, empregado no tratamento das alerxias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da extremidade superior ou torácica dos primates, entre eles o home, comprendida entre o cóbado e o pulso. Está constituído por dous ósos, o radio e o cúbito, e vinte músculos. Está irrigado principalmente polas arterias radial e cubital e por veas que desembocan na axilar.
-
-
Que combate a traza.
-
dispositivo ou substancia que combate a traza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade constituída entre os anos 1854 e 1856 polos impresores Xosé A. Antúnez, quen tiña imprenta propia no ano 1846 e que foi editor do Compendio de geografía general de Carlos Somoza, e Núñez Pazos. Imprimiron varios libros e folletos, como a Memoria sobre la industria en Galicia, de González de Zúñiga, en 1854.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De cor parda ou case parda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quedar calmo, con sosego e tranquilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode aprazar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aprazar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deixar un asunto ou unha actividade para un momento posterior ao fixado previamente.
-
PERSOEIRO
Política. Presidenta de Filipinas (1986-1992), foi a primeira elixida democraticamente despois de dúas décadas de ditadura. Educada en EE UU, casou en 1954 con Benigno Aquino, asasinado en 1983 debido á súa oposición ao Presidente Ferdinand Marcos. Cory tomou entón o relevo na loita contra a ditadura de Marcos, e conseguiu o reagrupamento da oposición baixo a coalición UNIDO. Despois das eleccións presidenciais (25 de febreiro de 1986), nas que se proclamou vencedor no medio de fundadas denuncias de fraude, Marcos tivo que deixar o poder e o país diante da reacción popular. Cory Aquino foi proclamada Presidenta do país co apoio de toda a oposición democrática e dun amplo sector do exército. Xa na Presidencia, abordou fondas reformas: ditou a amnistía dos presos políticos, disolveu o Parlamento, aboliu a constitución de 1973,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario do concello de Oñati, no territorio de Gipuzkoa, Euskadi. Segundo a lenda, en 1469 a Virxe aparecéuselle ao pastor Rodrigo de Balzategi. O santuario foi construído polos franciscanos en 1514 e incendiouse en 1834. O actual, construído entre 1950 e 1955, é obra dos arquitectos F. Sáinz de Oiza e L. Laorga; no seu interior destaca o gran mural de madeira da ábsida, obra de L. Muñoz. Hai un gran friso esculpido por J. Oteiza baixo o cal se abren as portas, executadas por Eduardo Chillida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aranza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe nacida en Montevideo en xullo de 1929 e subtitulada “Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega”. Participaron na súa edición os seguintes colaboradores: Constantino Sánchez Mosquera, Anxo Aller, Xulio Sigüenza, Roberto Blanco Torres, Miguel Barros Castro e Augusto Mª Casas, entre outros. A publicación colaborou, xunto con outras institucións, na obtención de recursos económicos para soster o Seminario de Estudos Galegos e a Real Academia Galega.
-
-
Arca grande empregada nas casas para gardar as roupas da cama, e nas sancristías para gardar as vestiduras e os obxectos empregados na liturxia.
-
Caixón de madeira onde se gardan as redes de pescar que logo van ser tinxidas e encascadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Euskadi coñecida polas súas mostras de arte paleolítica. Presenta diversas figuras de cervos e bóvidos, tanto gravados como pintados, que poden atribuírse ao estilo III de Leroi-Gourham.
-
PERSOEIRO
Sacerdote e teólogo. Investigador especializado en etimoloxía histórica, toponimia, epigrafía e arqueoloxía galega. Os seus traballos están centrados no ámbito galaico, onde son salientables as súas contribucións á toponimia de Lugo na revista Lucensia. En 1937 ingresou no Seminario Diocesano, onde cursou estudos de Humanidades e Filosofía; logo trasladouse á Universidade Pontificia de Comillas (Santander) e obtivo a licenciatura en Filosofía e Teoloxía. Ordenouse crego en 1951 e durante dous anos rexeu a parroquia de San Cristovo da Cervela (O Incio). Dende o 1955 ata a súa xubilación en 1997, exerceu o seu maxisterio de Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano. Membro da Xunta do Museo Provincial e director do Museo Diocesano, colaborou habitualmente en diferentes publicacións: El Progreso (Lugo), Archivo Español de Arqueología,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de algas que aparecen nas praias ao seren expulsadas polo mar e que se utilizan como esterco.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Algazo.
-
GALICIA
Empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza e Condesa de Fenosa. Entre os seus ilustres antepasados cómpre citar o seu bisavó Pedro de Agar y Bustillo, rexente de España. En 1966 contraeu matrimonio con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, fundador da institución que leva o seu nome. Tras a súa morte en 1971, Carmela Arias asumiu a presidencia da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. Foi presidenta de Honra de Unión Eléctrica Fenosa e da Junta Rectora del Patronato Juana de Vega, e doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Entre os moitos méritos que acadou polo seu labor profesional están os seguintes: Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro da Deputación da Coruña, Medalla de...
VER O DETALLE DO TERMO