"CEI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
-
Afeccionado aos doces.
-
Persoa que se dedica a elaborar doces ou a vendelos.
-
-
PERSOEIRO
Profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de València (1973), ampliou estudios no Instituto de Modificabilidade Cognitiva de Israel. Catedrático de Psicoloxía Xeral e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, centra a súa investigación, sobre todo na educación para a saúde, na mellora da intelixencia, na estrutura do medio ambiente familiar e estilos educativos e na calidade dos centros educativos. Codirixe proxectos de investigación no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e foi o impulsor da creación do Foro Internacional da Familia e fundador do Instituto da Familia. Forma parte de diversos consellos de redacción (Revista Galega de Ensino) e de editoriais (Escuela en Acción, Revista de Educación, FAÍSCA) e é codirector de Psicología General y Aplicada (FEDAP). É director e coautor de varias obras e artigos científicos; entre elas cómpre destacar De la cuna a la Universidad (1999),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos ornitomímidos, de ata 3,5 m de lonxitude. Presentaba as extremidades inferiores moi longas e esveltas, co cerebro e os ollos de gran tamaño. Eran animais veloces e intelixentes, que cazaban na penumbra dos densos bosques da actual Norteamérica, a finais do Cretáceo.
-
-
Relativo ou pertencente aos erinaceidos.
-
Insectívoro da familia dos erinaceidos.
-
Familia de mamíferos, da orde dos insectívoros, á que pertencen os ourizos.
-
-
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola Provincial de Artes e Oficios da Coruña, onde foi profesor de debuxo e modelado (1958-1975). Cara a 1945, recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para continuar os seus estudios na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde permaneceu cinco anos. Cultivou unha escultura realista e obras para decorar espacios públicos. Dende 1960 pertenceu á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización revolucionaria nacionalista que defendía unha Galicia libre da explotación dos seus recursos por parte de monopolios e multinacionais, con especial énfase na defensa dos recursos ecolóxicos (augas, montes) e que utilizou a loita armada para a consecución dos seus fins. Integrada por persoas próximas a organizacións independentistas galegas, como Galiza Ceibe, UPG, PCLN e APU, protagonizou diferentes atentados ata que foi desarticulado pola policía a finais de 1990. O EGPGC, que tivo como precedentes aos grupos Loita Armada Revolucionaria (LAR) e Liga Armada Galega (LAG) e ao que se lle atribuíron conexións con outros grupos extremistas non galegos, iniciou a súa actividade en febreiro de 1986. Dende entón cometeu unha serie de actos violentos, como roubos e atentados contra entidades bancarias, delegacións do goberno central, empresas privadas e bens particulares ao longo de toda a xeografía galega, entre os que cómpre destacar os realizados en Pontevedra (CELULOSAS, ELNOSA),...
-
-
fazula.
-
Parte carnosa situada debaixo do queixo humano, especialmente se ten certa gordura.
-
Parte inferior da queixada do porco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xenios acuáticos femininos, semellantes ás sereas, que viven no río Miño entre Arbo e Melgaço e meten medo ás persoas dunha e outra beira. Cando alguén está a coller peixe nas pesqueiras ou a cruzar o río, se contesta ás preguntas destes seres afoga e fica nas augas profundas para sempre, por teren rachado o silencio ritual requirido nestes casos. Daquela, representan un gran perigo que hai que combater co silencio e nunca se debe contestar ás súas preguntas. Para evitar a tentación, débese cruzar cun obxecto apertado entre os dentes.
-
-
Persoa que practica a feiticería.
-
Curandeiro da tribos primitivas.
-
Que exerce unha atracción irresistible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade que ten por obxecto avanzar os recursos financeiros a outras empresas para o financiamento de novos investimentos, a cambio duns xuros determinados.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás finanzas.
-
economía financeira
Análise das necesidades e dos recursos financeiros dun sistema económico así como das medidas pertinentes para a súa adecuación.
-
sistema financeiro
Conxunto de institucións a través das que se canalizan as dispoñibilidades de fondos cara ao crédito e ao investimento distinto do autofinanciamento. Nos países capitalistas, as operacións destas institucións inflúen directamente sobre o nivel de actividade das súas economías, e o banco central ten a misión de regular e de coordinar as súas operacións.
-
-
Que financia.
-
Persoa que se dedica a operacións financeiras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Po vermello, insoluble en auga e soluble en álcalis, que dá unha solución de cor avermellada que, por dilución, produce unha fluorescencia verde intensa. É un indicador de adsorción obtido por condensación do resorcinol e o anhídrido ftálico. Emprégase para a valoración de cloruros con nitrato de prata, para a obtención de eosina e da eritrosina, para coñecer o curso dos ríos subterráneos e, en medicina, a fluoresceína sódica soluble emprégase para detectar lesións na córnea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter asembleario e autodeterminista de esquerda. A súa orixe está na crise da Unión do Pobo Galego (UPG) a principios de 1977, que se saldou coa expulsión dun cento de militantes da súa á esquerda. Algúns destes, como Cid Cabido, Felipe Marzoa, Leónides de Carlos, Méndez Ferrín ou Manuel Pousada, aos que se sumaron Luís Soto, Xosé González, X. M. García Crego e Mª Xosé Queizán fundaron a UPG-liña proletaria que, no seu Congreso Fundacional, decidiu chamarse Partido Galego do Proletariado (PGP), se declaraba marxista-leninista e optaba pola independencia de Galicia. O PGP acordou un programa de mínimos e creou Galicia Ceibe (Organización de Liberación Nacional) como organización de masas. Na VI Asamblea Nacional, en 1983, dezasete dos seus membros, entre os que se atopaban García Crego e Méndez Ferrín, formularon a disolución de Galicia Ceibe e, ao non ser aceptada a súa proposta, abandonaron a organización, continuando a publicación do xornal independentista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Salas en Lobios. Trátase dunha ponte dos ss XV-XVI cun van de medio punto e rasante horizontal. Pertenceu ao antigo trazado da vía XVIII do Itinerario de Antonino.
-
GALICIA
Político. Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta. Foi profesor na Academia de Ingenieros de Montes de Salamanca. Entre outras obras publicou Los bosques (1886), Los montes y la emigración (1916), Estudio en la invasión de los montes de Salamanca del insecto llamado vulgarmente lagarta y medios más adecuados para evitar sus estragos (1885) e Las ideas filosóficas y políticas de Jovellanos (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
couzoeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cruceiro situado no adro da igrexa parroquial do Hío (Cangas). Obra de Xosé Cerviño García, relata a historia humana desde a Creación ata a Redención. Desde o pedestal da cruz, foi tallado nun só bloque de pedra ao que se engadiron algunhas figuras. Represéntase o descendemento de Cristo da Cruz cando se descrava o corpo e é recollido pola Virxe e san Xoán. No fuste represéntase á Virxe pisando unha serpe, Adán e Eva espidos e os arcanxos. O capitel está sostido por catro querubíns alados, e na base ábrense unhas pequenas capelas ou fornelas onde se representan as ánimas do purgatorio, a visita de Cristo resucitado á Virxe e Adán e Eva consumíndose entre as chamas. Estilisticamente caracterízase polo barroquismo, a teatralidade e o dramatismo, e polo forte movemento das figuras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (3.550 km2; 383.000 h [estim 1994]). A súa capital é Al-Hoceima (55.216 h [1994]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de traballadores, tamén coñecida como Komintern, fundada en Moscova en 1919 coa intención de construír unha unión de partidos comunistas. No Congreso de Moscova (1920), Lenin acolleu a delegacións de 37 países e trazou os 21 puntos que constituían as bases ideais para a adhesión á Internacional, que pasaban pola creación dunha estrutura análoga á do Partido Comunista da Unión Soviética e a loita contra a socialdemocracia. Trala morte de Lenin, o Komintern sufriu as consecuencias dos conflitos internos do grupo dirixente na URSS e, especialmente nos anos de stalinismo coa súa política de socialismo nun único país, o que subordinou os intereses nacionais soviéticos ás demandas do resto dos partidos comunistas. A chegada de Hitler ao poder (1933), xunto coa expansión dos movementos fascistas en toda Europa, levou á Internacional a promover as frontes populares en todos os sectores sociais antifascistas. No transcurso da guerra, Stalin disolveuna (1943).