"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xigante da mitoloxía grega que só tiña un ollo no medio da fronte. Os antigos distinguían tres tipos: os fillos de Urano e de Xea, coñecidos como Brontes, Estéropes e Arxes, que pertencen á primeira xeración divina, caracterizados pola súa forza e destreza nos traballos manuais e que forxaron o raio co que Zeus derrotou a Cronos; os sicilianos, entre eles o máis destacado foi Polifemo, que interveñen na Odisea, viven en cavernas, dedícanse á cría de ovellas e, segundo Homero, eran antropófagos; e os construtores, que realizaron os grandes monumentos prehistóricos de Grecia, Sicilia e outros lugares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical derivado do ciclopentadieno por perda dun átomo de hidróxeno do grupo -CH2 -, de carácter aniónico e de grande estabilidade. Participa como ligando en complexos metálicos de tipo sándwich, como o ferroceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cicloalqueno empregado na manufactura de resinas e como intermediario na síntese orgánica de terpenos, alcaloides e alcanfor. Ten propiedades marcadamente ácidas e dá un anión estable.
-
-
Relativo ou pertencente aos cíclopes.
-
Relativo aos muros construídos con grandes bloques de pedra, xeralmente calcaria, sen tallar e sen ningún material ou argamasa que os una. A miúdo teñen unha pedra pequena que calza e reduce os espacios entre eles. Aplicouse en primeiro lugar á arquitectura micénica.
-
Cachotería poligonal de grandes dimensións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do músculo ciliar. Comporta a incapacidade do cristalino para modificar o seu poder de refracción, feito que orixina unha parálise na acomodación do ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a substancia que reduce a capacidade de acomodación do ollo ao paralizar o músculo ciliar, por exemplo a atropina e os seus derivados sintéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gas empregado para anestesia humana desde o ano 1929, segundo a técnica do circuíto pechado e mesturado con osíxeno. O seu uso abandonouse por mor do perigo de explosión que comporta e pola aparición doutros produtos que o substitúen.
-
-
Relativo ou pertencente aos cicloptéridos.
-
Peixe da familia dos cicloptéridos.
-
Familia de peixes mariños á que pertence o roncador.
-
-
-
ista pintada nun cilindro oco cunha plataforma no interior onde se sitúan os espectadores.
-
Peza da decoración teatral consistente nun fondo semicilíndrico de cor neutra ou branca, sobre a que se pode proxectar luz.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ciclorrafos.
-
Insecto da suborde dos ciclorrafos.
-
Suborde de insectos da orde dos dípteros que se caracterizan porque a forma adulta emerxe, logo de completar a metamorfose, dunha fenda que racha plenamente a cuberta pupal. Pertencen aos ciclorrafos as familias dos sírfidos, dos drosofílidos, dos califóridos e dos múscidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos do citoplasma, directamente proporcionais á actividade metabólica da célula e influídos por moitos factores: luz, temperatura, substancias que reducen a viscosidade do citoplasma, osíxeno, variacións do pH, idade da célula, etc. Este conxunto de movementos tamén se coñece co nome de correntes citoplasmáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico producido polo lévedo Streptomyces gariphalus. Emprégase como antimicrobiano, especialmente contra o bacilo de Koch cando este presenta resistencia a outros tuberculostáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de silicatos que comprende aqueles que teñen como unidade estrutural aneis formados por tres, catro ou seis grupos tetraédricos (SiO4)4-. Cada tetraedro enlázase cos adxacentes compartindo un osíxeno e cada anel únese aos outros por medio de catións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contracción espástica do músculo ciliar, acompañada polo trastorno correspondente da acomodación do cristalino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de datación en xeofísica, fundamentada na proporción relativa do isótopo radioactivo 10Be, que ten un período de semidesintegración de 1,5 millóns de anos. O procedemento de análise faise por medio dun ciclotrón, e permite facer datacións sobre escalas de ata 15 millóns de anos.
-
-
Relativo ou pertencente ás ciclospóreas.
-
Alga da subclase das ciclospóreas.
-
Subclase das feofíceas, a máis evolucionada das dúas que comprende. A ela pertencen unha boa parte das feofíceas máis coñecidas, incluídas nunha soa orde, a das fucais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun grupo de metabolitos bioloxicamente activos producidos polo Tolypocladium inflatum e outros fungos imperfectos. Identificáronse nove ciclosporinas diferentes, nomeadas do A ao I; pola súa importancia destacan a ciclosporina C e, sobre todo, a ciclosporina A, dous oligopéptidos cíclicos non-polares con actividade inmunosupresora, antifúnxica e antiinflamatoria. A ciclosporina A é unha droga inmunodepresora específica dos linfocitos T, pero non perturba globalmente a resposta inmunitaria. Descubriuna o inmunólogo francés J. F. Borel en 1972. Desde 1980 estendeuse considerablemente o seu uso, demostrouse a súa eficacia para prever e combater o rexeitamento dos órganos transplantados e abriu grandes perspectivas no tratamento de enfermidades de orixe autoinmunitaria. Empregouse tamén experimentalmente no tratamento da SIDA. En doses altas ou inadecuadas a ciclosporina A ten efectos nefrotóxicos e pode orixinar tumores no tecido linfático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir un texto ou un debuxo por medio dun ciclostilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multicopista que traballa por serigrafía. A tinta graxa de imprenta atravesa un clixé formado por un papel cebola ou tecido fibroso no que se perfora o texto ou debuxo na cara non permeable. A reprodución efectúase ao pasar o papel entre o cilindro tinguidor, portador do clixé (movido a man ou por motor eléctrico), e un rolo de goma que o aperte. Nos modelos máis antigos, o clixé estaba enriba dun tecido esponxoso, suxeitado nun marco, no que se tinxía a man cun rolo.
-
-
Relativo ou pertencente aos ciclóstomos.
-
Vertebrado do grupo dos ciclóstomos.
-
Clase de vertebrados, da superclase dos agnatos, que comprende os seus membros máis antigos. Agrupa animais que conservan o notocordio durante toda a vida, desprovistos de mandíbulas e portadores só de aletas impares. O grupo inclúe numerosas formas fósiles que teñen a súa máxima expansión no Silúrico Superior e no Devónico Inferior. Os ciclóstomos actuais represéntanse por dúas formas parasitas, as lampreas e os mixinos.
-