"Conde" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 167.

  • PERSOEIRO

    Rei de Catalunya e Aragón e condestable de Portugal, fillo do infante Pedro de Portugal, duque de Coimbra, e de Isabel, filla de Xaime de Urgell. Reinou efectivamente só en Catalunya xa que os cataláns, en loita con Xoán II, proclamárono rei en Barcelona en 1463. Á morte do seu pai, foi proclamado conde de Barcelona (1463) e rei de Aragón. Considerado o primeiro autor portugués que emprega o castelán e posuidor dunha importante biblioteca, na súa obra reflíctese a súa sensibilidade para retratar as relacións humanas, o valor do libro como instrumento e referencia cultural, o seu interese pola sabedoría e o estoicismo, a preocupación por darlles aos acontecementos unha dimensión exemplar, a estratexia política e ideolóxica como eixe vertebrador de moitos dos seus textos, a sensibilidade estética do home renacentista e a súa referencia continua aos clásicos como Aristóteles, Boecio, Ovidio, Platón, Séneca e Terencio, entre outros. Esta preocupación pola cultura traduciuse na autoría de varias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción descuberta en 1877, que consiste na condensación dun aldehido aromático co anhídrido dun ácido alifático con dous átomos de hidróxeno na posición á, en presenza do sal sódico do mesmo ácido, e que conducen a sistemas â-arilacrílicos. A relación está favorecida pola presenza de grupos que atraen electróns no anel aromático. Emprégase para a obtención do ácido cinámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Mordaunt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de polimerización que ten lugar mediante a interacción de grupos funcionais pertencentes a monómeros polifuncionais con eliminación repetida dunha molécula pequena, como por exemplo de auga, amoníaco ou cloruro de hidróxeno. As policondensacións transcorren por pasos, e é un exemplo característico delas a esterificación de glicois con ácidos dibásicos para formar poliésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Noalla (Sanxenxo). Ten unha soa planta e tres corpos unidos en escuadra, que forman un patio interior co portal de entrada. No interior do edificio destaca unha gran lareira con campá e a adega, ademais do patio central. Cara ao lado dereito da entrada sitúase un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Edificouna Xosé Vareal Cadaval, conde de Ramiranes, no s XIX, no lugar que ocupara o colexio dos Irlandeses. Realizado en cantaría de granito, ten planta baixa e dous pisos, divididos en tres corpos rematados en frontóns. No frontón central atópase o escudo dos condes rematado por unha coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que ostentou Álvaro Armada Valdés (Oviedo 1817-Gijón1889), deputado polo distrito de Santiago de Compostela durante catro lexislaturas (1846-1854) e gobernador de Madrid (1852), e que pertencía á súa muller, Manuela Fernández de Córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadavia. Consérvanse restos da muralla, que discorre preto da que rodeaba a vila, e dos torreóns, ao lado das portas de acceso. Foi propiedade dos condes de Ribadavia que residiron nela ata que no s XVII se trasladaron ao pazo da Praza Maior co que comunicaba por medio dunha porta. De forma poligonal, o acceso ao recinto faise por unha porta de arco apuntado que comunica co patio de armas e co que queda do castelo. No interior atópase unha necrópole altomedieval, con sepulcros antropoides labrados na rocha, e restos dunha cheminea na que se situaba o escudo dos condes. Conserva tres das cinco portas que tiña: a Porta da Cerca, de entrada ao castelo, a Porta Nova, que levababa ao camiño do río, e a Porta Falsa, que levaba ao camiño do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadavia. Emprazada na Praza Maior, pertenceu aos condes de Ribadavia que se instalaron nela no s XVII. Conserva un patio na parte superior que comunica co castelo por medio dunha porta. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Sarmiento, os Castro e os Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e dramaturgo. Coñecido como Corcón, colaborou en xornais, como El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia; e emisoras radiofónicas, como Radiocadena Española, Radio 4 (RNE) e Radio Galega. Produtor de programas culturais da TVG (1987-1989), foi axudante de produción na longametraxe El bosque animado (1986) e director de produción nas curtametraxes Memorias dun parado (1991), Estela do Río (1991) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Autor e actor da obra teatral Festa Rachada (1985), estreou e dirixiu as obras teatrais Furga garabela! (2001) e Salitre (2003); ademais foi guionista dos programas Nós, os consumidores (1992-1993), Galicia enteira (1994) e Galeguidade (1995-1996), e das series de televisión Mareas Vivas (2000) e Pratos Combinados (1996-1999), onde tamén participou como actor (2001-2003). No apartado literario publicou Igor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antoine Rivaroli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, das súas obras destacan La Transición morfoclimática en la cuenca del Ulla (1982) e La inversión en el sector agropecuario de Galicia: estrutura y objetivos (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvaro de Figueroa y Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benjamin Thompson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Henri de Rouvroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Economía e profesor da Universidade de Vigo, foi director da Sección de Terminoloxías de Irmandades da Fala de Galicia e Portugal e responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Colexio de Economistas de Pontevedra. Membro dos consellos de redación e consultivo de Nós, escribiu O problema galego da fala (1971) e Galicia ante el Mercado Común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Thomas Wentworth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro histórico de Betanzos. Realizado en estilo neoclásico en 1805, destaca a fachada principal onde se atopa, sobre a porta, o escudo dos condes de Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jan T’Serclaes de Tilly.

    VER O DETALLE DO TERMO